30/08/2026
🏆 VI EDICIÓN TRIÁNGULAR SD OZA 🏆
Co triángular rematado facemos un repaso do que foi esta VI edición!
Os campións desta edición son a SD San Lorenzo en categoría xuvenil e a SD Tordoia “B” en Senior. Merecidos campións e grazas por compartir esta xornada con nós.
Grazas tamén a SD Soneira e o CD Nantón por aceptar a nosa invitación e formar parte desta festa do fútbol. Foi un pracer contar con vós. 🍍👏
Tamén queremos agradecer de corazón aos nosos rapaces tanto xuveniles como senior. Grazas polo esforzo, polo traballo e por defender esta camiseta dentro do campo, o resultado é o de menos cando se ve o compromiso e as ganas de competir que demostrastes. 🖤💙
E como non podía ser doutra maneira, rematamos a tarde todos xuntos, compartindo anécdotas e risas porque se algo representa ao Oza é precisamente iso: fútbol, compañeirismo e familia. 🍍❤️
Grazas a todos os que fixestes posible esta xornada e grazas a todos sempre por vir, cada ano superades máis que de sobra as nosas espectativas, un millón de grazas! 💙🖤