C.D.TrotaLaxe

C.D.TrotaLaxe Club deportivo

O C.D. TROTALAXE, UN DÍA MÁIS, A DAR TODO! Unha nova xornada de alta participación dos nosos atletas na XXIII Carreira P...
10/09/2026

O C.D. TROTALAXE, UN DÍA MÁIS, A DAR TODO!

Unha nova xornada de alta participación dos nosos atletas na XXIII Carreira Pedestre de Corcubión, onde a Marea Azul volveu facerse notar.

E, ademais, con dobre premio incluído:

🥈 Eva Cousillas 2º posto en Master 3 Feminina

🥉 A nosa vicepresidenta, Diana Balboa, 3º posto en Master 1 Feminina

Grazas a todos os atletas que saíron a defender as cores do club. Isto é Trotalaxe.

📢 Lembrámosvos que estamos facendo socios a todos os que mercastes a camiseta. Se aínda non cubrichedes a vosa solicitude, aínda estades a tempo! ✍️

🌙 Noite de trail 🌙O C.D. TrotaLaxe volveu deixar pegada na Carreira Nocturna “Cova do Lobo”, cunha participación que fix...
02/09/2026

🌙 Noite de trail 🌙

O C.D. TrotaLaxe volveu deixar pegada na Carreira Nocturna “Cova do Lobo”, cunha participación que fixo vibrar cada quilómetro do percorrido 🔥
A proba brillou por un ambiente inmellorable e unha organización impecable.
Unha vez máis, a marea azul inundou os camiños, deixando clara a forza e a unión do noso club 🩵

📸 Fotos dalgúns dos nosos participantes

🩵 GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS! 🩵A acollida das camisetas do C.D. Trotalaxe foi simplemente espectacular! 112 camisetas vendi...
13/08/2026

🩵 GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS! 🩵

A acollida das camisetas do C.D. Trotalaxe foi simplemente espectacular!

112 camisetas vendidas e isto non fai máis que comezar. Cada camiseta que sae é unha mostra do apoio, da ilusión e das ganas de facer medrar este proxecto.

A MAREA AZUL SEGUE MEDRANDO!

E o máis importante: moitos proxectos están tomando vida e collendo forma arredor do C.D. Trotalaxe. Pouco a pouco, entre todos, estamos construíndo algo moi bonito para o club!

Grazas a todas e todos os que decidistes formar parte desta familia e levar un anaquiño do clube, e da Costa da Morte por onde vaiades.

E moi pronto… comezaremos a apuntar socios e socias do C.D. Trotalaxe

Isto só acaba de comezar.
Seguimos sumando quilómetros, ilusións e proxectos xuntos! 💙🌊

CorrendoPolaCostaDaMorte

Último día, non quedes sen a túa. Coa compra da camiseta pasas a ser automaticamente socio do
07/08/2026

Último día, non quedes sen a túa. Coa compra da camiseta pasas a ser automaticamente socio do

👕 Consigue a túa camiseta oficial ¡Xa estamos organizando o pedido das nosas camisetas do club! Unha peza pensada para n...
31/07/2026

👕 Consigue a túa camiseta oficial

¡Xa estamos organizando o pedido das nosas camisetas do club!

Unha peza pensada para nós, para levar con orgullo en cada adestramento, carreira e quilómetro que sumamos xuntos. Porque cando corremos en equipo, nótase… ¡e agora tamén se lucirá!

✅ Deseño exclusivo do club
✅ Tea transpirable, ideal para adestrar
✅ Unha forma de sentirnos máis Trotalaxe ca nunca

¡Máis de 60 persoas xa teñen a súa! Non te quedes atrás.

Se queres a túa, apúntate xa e asegura a túa talla antes de que pechemos o pedido.

💬 Apúntate por aquí ou escribe a Sindy Orons Pereira ou a Ivan Pereira

📢 Ademais, moi pronto abriremos o prazo para apuntarse como socios do club. ¡Estade atentos!
¡Imos encher as rúas de camisetas Trotalaxe!

🩵Nova marea azul do C.D. Trotalaxe🩵 De novo fixémonos notar con unha alta participación dos atletas na XI Carreira Pedes...
19/07/2026

🩵Nova marea azul do C.D. Trotalaxe🩵

De novo fixémonos notar con unha alta participación dos atletas na XI Carreira Pedestre de Cee. A unión, o compañeirismo e o bo rollo foron, un día máis, a mellor bandeira do noso club onte sábado. Valores que nos identifican.

Grazas a todos os atletas que saíron a correr e defender as cores do noso club, e tamén a quen estivo animando dende a beira do percorrido.
Cada carreira é unha nova oportunidade para seguir medrando xuntos e demostrar que en Trotalaxe somos moito máis ca un equipo.

Se queres formar parte do noso clube, en breve abriremos as inscricións para socios.
Non te quedes fóra desta marea azul!

🥉 TERCEIRO SUB 16 🥉E como non, Leo repite podio para o C.D.Trotalaxe! Conseguiu a 11ª posición na clasificación xeral ma...
08/07/2026

🥉 TERCEIRO SUB 16 🥉

E como non, Leo repite podio para o C.D.Trotalaxe! Conseguiu a 11ª posición na clasificación xeral masculina e a 3ª posición na categoría Sub 16, cun tempo de 08:50.

Un exemplo a seguir, dentro e fóra da pista. Parabéns, Leo!

🥉 TERCEIRA MÁSTER 1 🥉Gran actuación este domingo na proba de Laxe, Sandra Macías, conseguiu a 8ª posición na clasificaci...
08/07/2026

🥉 TERCEIRA MÁSTER 1 🥉

Gran actuación este domingo na proba de Laxe, Sandra Macías, conseguiu a 8ª posición na clasificación xeral feminina e a 3ª posición na categoría Máster 1, na proba dos 10k, cun tempo oficial de 54:16.

Cada carreira suma, cada quilómetro conta

Dirección

Laxe
15117

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando C.D.TrotaLaxe publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría