25/03/2026
🌾 En conmemoración ao Día Internacional da Muller Traballadora, este pasado luns organizamos un coloquio para tratarmos a cuestión das mulleres no movemento labrego.
Maite e Irea fixeron un percorrido histórico da loita da muller no mundo agrario, tratando cuestións como a central nuclear de Xove e as cotas lácteas, ilustráronnos coa súa experiencia persoal e abordaron o que significa sindicarse no mundo labrego. Tamén houbo tempo para debater os retos aos que nos enfrontamos de aquí en diante.
Obrigado a todas as que acudistes!
20/03/2026
❗️O próximo luns estaremos na Despensa do Saa falando sobre mulleres no movemento labrego!
♀️🚜🐮🌾
Contaremos coa presenza de Maite Ferreiro (actual concelleira de cultura de Lugo) e Irea Blanco (do Sindicato Labrego Galego).
Con elas poderemos contrastar as diferentes visións como participantes do movemento no pasado e na actualidade.
Vémonos o luns ás 20:00!
17/01/2026
🚩Onte aprendemos, debatemos e reafirmamos a nosa posición antiimperialista e internacionalista.
Sudán e América Latina, dous territorios que padecen as consecuencias do colonialismo norteamericán.
Obrigado a .correa.pinheiro por iluminarmos e levarmos á reflexión unha vez máis.
11/01/2026
🚩𝐀𝐜𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐢𝐦𝐩𝐞𝐫𝐢𝐚𝐥𝐢𝐬𝐭𝐚𝐬: 𝐒𝐮𝐝𝐚́𝐧 𝐞 𝐀𝐦𝐞́𝐫𝐢𝐜𝐚 𝐋𝐚𝐭𝐢𝐧𝐚
Ante a grave situación internacional, cuns EUA desatados no seu afán colonialista, vémonos na obriga de formarmos e artellar un dique de resistencia ante o seu imperialismo xenocida.
Para isto, non podemos senón formarmos e construír un discurso sólido, antiimperialista e antifascista. O próximo venres 16 de xaneiro contaremos con .correa.pinheiro para tratarmos dous casos concretos de inxerencia norteamericana: Sudán e América Latina.
⏰ 19:30h
📍 A Despensa do Saa, Lugo
Agradámosvos!
09/01/2026
Onte celebramos as primeiras Asambleas Comarcal e Local do ano.
Tratamos información nacional, renovamos responsabilidades, avaliamos o traballo feito e sentamos as bases do labor a abordar a curto e medio prazo.
Avante!
06/12/2025
Onte tivemos a honra de contar con Fayez Badawi, da Fronte Popular para a Liberación de Palestina.
Fixemos un percorrido histórico polas principais dificultades ás que tivo que facer fronte o pobo palestino dende a creación do sionismo.
Tamén abordamos a situación actual de Gaza e Cisxordania tras o falso “acordo de paz”, analizando a terríbel crise humanitaria á que os EEUU e Europa seguen condenando aos palestinos.
Por último, puxemos en valor o gran labor levado a cabo pola resistencia palestina, que segue en pé loitando pola súa soberanía e contra o colonialismo xenocida israelí.
Dende o río ata o mar Palestina vencerá ✊🏾🇵🇸
04/12/2025
Este venres 5 de decembro organizamos unha palestra con Fayez Badawi, da FPLP (Fronte Popular para a Liberación da Palestina).
📍 Centro Social Uxío Novoneyra
⏰ 20:00h
Seguimos así a reafirmar o noso compromiso coa soberanía das nacións fronte ás forzas imperialistas, así coma co internacionalismo dos pobos.
Palestina libre e Galiza ceibe!
08/11/2025
Hoxe tivemos Asamblea Comarcal, na que debatemos as teses de cara á próxima Asamblea Nacional do día 29 de novembro en Compostela.
Así mesmo, elaboramos novas propostas de traballo e valoramos o labor feito nos últimos meses.
Seguimos traballando arreo cara á emancipación nacional ✊🏼
26/10/2025
𝐀𝐒𝐀𝐌𝐁𝐋𝐄𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐀𝐑𝐂𝐀𝐋 𝟎𝟖/𝟏𝟏
O próximo sábado 8 de novembro teremos unha asamblea de vital importancia, na que debateremos as teses de cara a 𝗫𝗩𝗜𝗜𝗜 𝗔𝘀𝗲𝗺𝗯𝗹𝗲𝗮 𝗡𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹, que terá lugar o día 29 de novembro no salón de actos da ETSE da USC (Santiago de Compostela).
Tamén haberá espazo para a análise do labor realizado nestes meses, así coma a realización de novas propostas de traballo.
✊🏼Organizar mocidade, emanzipar Galiza.