Club de Regatas Salgado-Perillo

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Club de Regatas Salgado-Perillo 📰 Remando dende o 31 de outubro de 1970
📍 Equipo subvencionado:

O noso club recibiu en maio deste ano unha subvención do Concello de Oleiros  para cubrir todos os gastos da XX Bandeira...
25/10/2026

O noso club recibiu en maio deste ano unha subvención do Concello de Oleiros para cubrir todos os gastos da XX Bandeira Masculina e XI Bandeira Feminina Concello de Oleiros.

Moitísimas grazas ao Concello de Oleiros por estar presentes nos nosos proxectos 🙌🏻🚀

AÚPA PERILLO! 🔥💙

Un mesmo rumbo, unha mesma tripulación: igualdade e inclusión no remo 🙌🏼🌊💙O pasado xoves 22 de outubro, o Club de Regata...
24/10/2026

Un mesmo rumbo, unha mesma tripulación: igualdade e inclusión no remo 🙌🏼🌊💙

O pasado xoves 22 de outubro, o Club de Regatas Salgado-Perillo, en Santa Cristina, celebrou unha charla sobre igualdade e inclusión dirixida á súa categoría base co obxectivo de promover o desenvolvemento persoal e os valores colectivos a través do deporte.

A iniciativa enmárcase no proxecto «Remo tradicional no Golfo Ártabro Sur», cofinanciado polo GALP Golfo Ártabro Sur GALP Golfo Ártabro Sur e o fondo europeo FEMPA, que impulsa a igualdade, a participación das mulleres nas actividades marítimas e o fomento da canteira.

A xornada destacou tres valores fundamentais:

✴️ Igualdade real: mozos e mozas comparten embarcación, material e adestramentos.

✴️ Inclusión e accesibilidade: trabállase para eliminar barreiras e achegar o mundo marítimo a toda a sociedade.

✴️ Traballo en equipo: cada deportista é esencial para avanzar cara a un obxectivo común.

En Oleiros apostamos por un deporte que contribúa a construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e unida.

Orgullosos da nosa canteira e dos valores que defende dentro e fóra da auga! Seguimos remando xunt@s! 🚣🏻💙🌊🌍💪🏼

A nosa canteira domina a técnica! Xornada de aprendizaxe e valores no Club Regatas Salgado Perillo! 💙💪🏼O pasado mércores...
21/10/2026

A nosa canteira domina a técnica! Xornada de aprendizaxe e valores no Club Regatas Salgado Perillo! 💙💪🏼

O pasado mércores 14 de outubro, as instalacións do Club de Regatas Salgado-Perillo, en Santa Cristina, convertéronse nunha aula viva para as categorías de base, que participaron nunha xornada teórico-práctica sobre remo tradicional, empregando as embarcacións do club.

Esta actividade forma parte do proxecto cofinanciado «Remo tradicional no Golfo Ártabro Sur», impulsado polo GALP Golfo Ártabro Sur GALP Golfo Ártabro Sur e o fondo europeo FEMPA, co obxectivo de reforzar a formación e fomentar a nosa canteira.

Durante a sesión, as nosas categorías base traballaron catro aspectos fundamentais:

✅ Tipoloxía e modalidades: coñeceron os diferentes tipos de embarcacións tradicionais e as dispoñibles no club.

✅ Seguridade e manipulación: aprenderon a mover as embarcacións en terra correctamente para evitar accidentes e lesións.

✅ Manobras na auga: practicaron as técnicas de embarque e desembarque, destacando a importancia da coordinación.

✅ Conservación do material: comprenderon a necesidade de coidar e manter as embarcacións en boas condicións para o uso compartido.

Ademais dos coñecementos técnicos, a xornada promoveu valores como o compañeirismo, a disciplina, o respecto e o traballo en equipo, esenciais para practicar o remo tradicional con seguridade.

Parabéns a toda a nosa canteira pola súa atención e ganas de aprender! A tradición e o futuro do noso remo están nas mellores mans! 🙌🏼💙🌊

Misión cumprida en Santa Cristina! 🙌🏼✅A nosa canteira coida da ría co proxecto GALPO pasado venres 16 de outubro, o Club...
19/10/2026

Misión cumprida en Santa Cristina! 🙌🏼✅

A nosa canteira coida da ría co proxecto GALP

O pasado venres 16 de outubro, o Club de Regatas Salgado-Perillo celebrou unha xornada de acción e aprendizaxe na Ría e na Praia de Santa Cristina. Baixo o lema «Limpa a túa ría», as categorías inferiores participaron nunha recollida de residuos e actividades de sensibilización ambiental.

A iniciativa enmárcase no proxecto cofinanciado «Remo tradicional no Golfo Ártabro Sur», en colaboración co GALP Golfo Ártabro Sur GALP Golfo Ártabro Sur e o fondo europeo FEMPA, e contribúe ao fomento da canteira, á educación ambiental e á posta en valor do patrimonio costeiro.

Durante a xornada, os mozos e mozas remeiros e remeiras participaron en actividades prácticas e charlas educativas centradas en tres aspectos fundamentais:

✳️ Conciencia ecolóxica: coñeceron o impacto dos plásticos e dos refugallos no litoral e a importancia de protexer o medio mariño.

✳️ Identidade costeira: descubriron o papel do GALP e dos fondos europeos FEMPA no apoio ao club, en Oleiros e na posta en valor dos recursos pesqueiros locais.

✳️ Sustentabilidade: reflexionaron sobre a recollida de residuos mariños, o uso responsable da enerxía, o respecto polo medio ambiente e a mobilidade sostible.

Con iniciativas como esta, o Club de Regatas Salgado-Perillo demostra que, ademais de promover a excelencia deportiva e a continuidade das categorías inferiores, busca formar cidadáns comprometidos coa súa contorna.

Coidar da nosa ría é asegurar o futuro da nosa tradición. Moitas grazas á nosa canteira pola súa implicación e respecto pola natureza.

O futuro de Oleiros navega cara a unha dirección limpa e sostible! 💙🌍💪🏼🌊

✨Unha etapa que remata e outra que comeza ✨Todo cambio trae consigo novos retos, ilusións e oportunidades.Hoxe queremos ...
13/10/2026

✨Unha etapa que remata e outra que comeza ✨

Todo cambio trae consigo novos retos, ilusións e oportunidades.

Hoxe queremos agradecerlle a .a90 a súa dedicación, esforzo e compromiso co noso club. Grazas por cada adestramento, por todo o aprendido e por formar parte do noso camiño. Desexámosche de corazón moita sorte e o mellor en todo o que veña.

Grazas por todo, Sebas! 💙

Ao mesmo tempo, dámoslle a benvida a David Hermo , remeiro que xa estivo na tempada anterior da man de Sebas Acerbi e quen continúa este proxecto da categoría masculina. Estamos seguros de que o noso equipo queda en boas mans.

Desexámosche moitos éxitos nesta nova etapa. Que veña chea de grandes momentos, aprendizaxes, alegrías e moitos obxectivos por cumprir xuntos. Que desfrutes moito desta nova aventura como adestrador da que xa é a túa familia! 🚣🏻💪🏼

Porque, aínda que cambien as persoas á fronte, hai algo que permanece: a paixón polo remo, o compañeirismo e as ganas de seguir medrando.

Benvido de novo, David! 🌊❤️

AÚPA PERILLO! 🔥💪🏼

Compartindo mar e traiñeira! Un espazo interxeracional de tradición e comunidade en Santa Cristina ⛱️🌊O remo tradicional...
11/10/2026

Compartindo mar e traiñeira! Un espazo interxeracional de tradición e comunidade en Santa Cristina ⛱️🌊

O remo tradicional como nexo de unión entre xeracións, cultura e cidadanía!

O pasado sábado 3 de outubro de 2026, as instalacións do Club de Regatas Salgado-Perillo en Santa Cristina acolleron unha xornada moi especial para abrir as portas do club e achegar o remo á comunidade, compartindo a paixón polo mar como espazo de encontro e aprendizaxe

Esta acción forma parte das actividades sociais, comunitarias e de igualdade do proxecto cofinanciado «Remo tradicional no Golfo Ártabro Sur», co apoio do GALP Golfo Ártabro Sur GALP Golfo Ártabro Sur e do fondo europeo FEMPA, para poñer en valor o noso patrimonio marítimo local.

A xornada estivo estruturada en tres bloques:

➡️ Espazo de encontro interxeracional: socios/as do club e veciños/as participaron nunha visita guiada e demostración da traiñeira, coñecendo a súa evolución técnica, os seus usos deportivo e recreativo e a súa importancia histórica como vínculo co medio mariño.

➡️ Técnica e sincronización no remo fixo: analizáronse os movementos biomecánicos necesarios para practicar o deporte con seguridade e traballouse na coordinación colectiva para conseguir que toda a tripulación reme ao mesmo compás.

➡️ Igualdade e inclusión: impulsáronse actividades mixtas para favorecer a incorporación das mulleres ao remo tradicional e garantir un acceso inclusivo ao mar para persoas de toda condición.

Moi satisfeitos de seguir remando xuntos e de facer do Club de Regatas Salgado-Perillo un espazo aberto, igualitario e comprometido coa cidadanía de Oleiros! 🙌🏻😊💙

02/10/2026
A NOSA CANTEIRA APRENDE A COIDAR DO MAR! ARRANCAN AS CHARLAS DO PROXECTO GALP!O último luns do noso campamento de verán ...
30/09/2026

A NOSA CANTEIRA APRENDE A COIDAR DO MAR! ARRANCAN AS CHARLAS DO PROXECTO GALP!

O último luns do noso campamento de verán vivimos unha xornada moi especial coas categorías base do noso club. Celebramos a primeira dunha serie de charlas educativas e de sensibilización ambiental, unha actividade que encaixa plenamente cos obxectivos comunitarios do noso proxecto “Remo tradicional no Golfo Ártabro Sur”.

Nesta sesión inicial, os nosos mozos e mozas deportistas aprenderon:

• Identidade costeira: o que significa o GALP Golfo Ártabro Sur e o impacto tan positivo que supón este proxecto, cofinanciado polo fondo europeo FEMPA, para o noso club e para Oleiros.

• Conciencia ecolóxica: o impacto real dos residuos no noso litoral e a importancia de protexer o medio mariño.

• Coidado da contorna: como organizaremos as próximas xornadas de recollida simbólica de residuos mariños (“refugallos”) para manter limpa a nosa ría.

Con actividades como a estas, demostramos que o Club de Regatas Salgado-Perillo non só forma deportistas na auga, senón tamén cidadáns comprometidos coa sustentabilidade, a cultura mariñeira e o futuro das nosas costas.

Grazas a todos os pequenos remeiros e remeiras pola súa atención e entusiasmo! 🌊🚣‍♀️🚣‍♂️

Un mes para dar o salto e remar ao máximo nivel 🌊🚣🏻‍♀️💪🏼💙
23/09/2026

Un mes para dar o salto e remar ao máximo nivel 🌊🚣🏻‍♀️💪🏼💙

CHEGAN OS PREMIOS E O FUTURO REMA CO GALP! 🌊🩵Non podemos estar máis orgullosos! 🥹A última fin de semana de agosto en Ria...
21/09/2026

CHEGAN OS PREMIOS E O FUTURO REMA CO GALP! 🌊🩵

Non podemos estar máis orgullosos! 🥹

A última fin de semana de agosto en Rianxo, os nosos remeiros deixaron a pel no esixente Play-Off de ascenso. Ademais, o equipo feminino desprazouse con eles para adestrar e preparar o seu seguinte reto: a Regata da Kontxa, a cita máis prestixiosa do remo de banco fixo do Cantábrico.

Con toda a plantilla reunida, vivimos unha xornada de entrega de premios inolvidable para pechar a tempada oficial da Liga Galega de Traiñeiras:

➡️As nosas remeiras proclámanse CAMPIOAS da Liga Feminina, un éxito rotundo que demostra o gran momento do noso remo feminino

➡️ Os nosos remeiros proclámanse SUB-CAMPIÓNS da Liga B, un logro que foi froito do gran compromiso, esforzo e mellora continua.

➡️Premio ao equipo revelación da tempada, froito do esforzo colectivo de toda a familia do club.

E para facer este fin de semana aínda máis especial, os nosos deportistas estrearon as novas camisetas do GALP Golfo Ártabro Sur

Esto simboliza o arranque do noso proxecto cofinanciado polo fondo Europeo FEMPA e a Consellería do Mar.

"Remo tradicional no Golfo Ártabro Sur"

Co impulso do GALP Golfo Ártabro Sur e estes resultados históricos, demostramos que a canteira, a tradición e o futuro de Oleiros navegan na mellor dirección.

Noraboa remeiros, remeiras, corpo técnico e afición! 🫂💪🏼🚀

AÚPA PERILLO! 💙🔥

Dirección

Avenida Das Américas, 33
Perillo
15172

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Club de Regatas Salgado-Perillo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Club de Regatas Salgado-Perillo:

Atajos

Compartir

Categoría

Gimnasios cercanos