25/06/2026
🏊♂️ ÚLTIMAS 2 PRAZAS!
Dende a Asociación de Clubs Deportivos de Compostela (ACDC) temos unha oportunidade moi especial.
Esta tarde viviremos unha sesión teórico-práctica exclusiva xunto a Iván Raña, campión do mundo e unha das grandes referencias do deporte de resistencia.
Non será un adestramento multitudinario. Será un clinic en formato reducido, cun máximo de 10 participantes, para poder aprender de preto, resolver dúbidas, compartir experiencias e perfeccionar aspectos fundamentais da natación, ademais dun pequeno traballo de carreira.
Unha ocasión única para escoitar, aprender e adestrar ao lado dunha persoa que chegou ao máis alto do deporte mundial.
📍 Santiago de Compostela
🕖 Hoxe ás 19:00 h
Só quedan 2 prazas.
Se queres unha delas, escríbenos por mensaxe privada agora mesmo e enviarémosche toda a información sobre o punto de encontro e os últimos detalles.
26/05/2026
12 anos despois e a vida segue igual........
No 2014, José Rioseco xa denunciaba a falta de espazo nas piscinas de Santiago 🏊♂️
Máis dunha década despois, o deporte compostelán segue sufrindo os mesmos problemas de instalacións.
Santiago medrou, os clubs medraron e os deportistas tamén… pero as infraestruturas quedaron atrás. É momento de apostar de verdade polo deporte da cidade. 💪🏼
24/05/2026
Alfonso publicaba hai xa 11 anos este artigo. Máis dunha década despois, moitas daquelas cuestións seguen enriba da mesa. Volven aparecer en cada período preelectoral, cada vez que alguén lembra, insiste ou volve apertar; e tamén cada vez que as necesidades medran.
E medran, por sorte, porque cada vez somos máis. Pero por esa falta de medios tamén corremos o risco de non poder ser mellores.
Desde ACDC queremos colaborar, informar e axudar a quen ten a responsabilidade de actuar. Pero tamén estamos aquí para que estas necesidades non queden no esquecemento, para esixir solucións reais e para lembrar que as promesas non poden seguir quedando en s**o roto.
Once anos despois, a demanda segue sendo xusta e necesaria.