23/07/2026
🎱🎱CAMPIONATO GALEGO DE BILLAR 25/26🎱🎱
Tras uns meses nos que publicamos pouco (non por non querer, se non por estar centrados en entrenar o máximo e en todas as novidades que vos presentaremos pronto...), hoxe facémolo cos resultados do Campionato Galego de Billar da tempada 25/26!!
Tras unha intensísima tempada, onde houbo coma sempre moitísima igualdade, grandes avances, e grandes pelexas polos postos de cabeza... Entre o 4 e o 13 de xullo, celebrouse novamente en Lalín o colofón final do ano. O gran torneo de Galicia, onde máis de 300 xogadores se dan cita nas diferentes categorías (senior, absoluto, individual, parexas, equipos, feminino, xuvenil e junior) para disputarse os ansiados trofeos de campións galegos.
Este ano non puidemos manter o nivel dos anteriores, onde regresamos con varios podios, pero estamos moi contentos cos resultados logrados por todos os nosos xogadores, onde chegaron a diferentes posicións, destacando as seguintes:
o subcampionato acadado por Sergio Suárez na segunda categoría de sénior!!!
Carolina Zavala lograba un meritorio 9º posto no campionato feminino, seguida no 17º posto por Antía Becerra, e no 25º por Montserrat Rivas! As nosas deixando grandes sensacións!
No apartado junior, Xian Becerra quedaba en 5ª posición, moi preto de alcanzar o podio que xa lograra en duas ocasións; mentres que Adrián Becerra acadaba a 13ª posición no apartado xuvenil.
Na cuarta categoría individual, acadaronse grandes resultados, con unha medalla de bronce conseguida por Rubén Varela!! A mostra de que en pouco tempo de competición, se pode mellorar moito, e cun gran final de ano para él ao lograr esta medalla. Ademáis, nunha meritoria 9ª posición remataron Douglas Chirinhos e Borja Vizoso, a quenes tamén queremos felicitar polo gran ano que realizaron.
Na terceira categoría individual foi Hector Rodríguez o mellor dos nosos, pese a non lograr meterse nos 16 mellores, e firmar un 17º posto, tras unha temporada onde o seu xogo o levou a incrementar a súa consistencia, e que seguro nos vai regalar novos trofeos moi prontiño.
Na segunda individual lográronse dúas boas posicións, o 17º posto de José Manuel Ferreiro, e o 5º posto de Sergio Suárez! Unha categoría que este ano demostrou un nivel altísimo, sen nada que envidiar á primeira, e que cada ano está a incrementar a súa esixencia, pero queda claro que os nosos non baixan o nivel!
En equipos de 4ª categoría, o Ordes GASH Pool formado por José Garrote, Antía Becerra, Sergio Garrote e Héctor Rodríguez, quedábase nun 9º posto. E o Ordes Da Cunha (Ramón Chirinos, Maury Materano e Douglas Chirinos), lograban un meritorio 17º posto tamén.
En equipos de 3ª categoría o Ordes A Barrica (Juan Becerra, Antonio Iglesias, Sergio Garrote, Héctor Rodríguez e David Caamaño) tamén lograba un 9º posto, e o Ordes Pool Stars (Iván Martínez, Miguel Boedo, Montserrat Rivas, Carolina Zavala e Fernando Rial), quedaba en 17ª posición.
En parexas de 2ª categoría, Carolina Zavala e Antonio Iglesias acadaron a 5ª posición, Denyeer De Jesús e Maikel Silveira o 9º posto, e Héctor Rodríguez e Sergio Garrote o 17º posto.
Nas parexas de 1ª categoría, soamente logramos ver a José Manuel Paradela e Sergio Suárez na 17ª posición, nun dos cuadrantes con máis nivel dos últimos anos, polo que moi meritorio para esta consolidada parexa manter o altísimo ritmo de xogo e concentración que foi necesario este ano.
E para rematar... OS PODIOS!!!! Non foron todos os que nos gustaría, pois encantaríanos que todos os nosos xogadores estivesen no podio, pero regresamos con 2 podios!!! Na 3ª categoría sénior, Carolina Zavala poñía así o peche ao ano cunha medalla de bronce!! E para acompañar este peche... Sergio Suárez lograba o subcampionato de sénior na 2ª categoría!!
Dende logo, despois dun duro ano, estamos orgullosísimos de poder ver os nomes de varios dos nosos xogadores entre os 32 mellores de cada categoría, xa que este ano logramos ter unha gran representación do noso clube, con máis de 30 xogadores clasificados para as finais. Aproveitamos para felicitalos tanto a eles, como a todos aqueles que non conseguiron clasificarse, por todo o esforzo posto durante o ano, e por axudarnos a seguir disfrutando dun club familiar como o noso e mantendo máis vivo que nunca o billar na comarca de Ordes!
Moi pronto agardámosvos con grandes novidades para a tempada 26/27... polo de agora, podedes ir reservando os días 7, 8 e 9 de agosto 😉😉
B. D. Cues
A Barrica Adega.
Nunca Jamás Statues
Xestoria Muiño
Grupo CercedaSol
Supermercado Silveira
Carnicería Prego
Café - Bar 1909
Cervecería Zentrum
Asador A Campana
A Bolera Ordes
Talleres Fosado
Mástil Rotulación
AGP Comunicación
De Zero - Periódico da Comarca de Ordes
Concello de Ordes