04/08/2026
Ampliamos o prazo de inscripción ata mércores ás 14:00. BULE!!
Este venres toca sufrir e disfrutar 🤪
A cronoescalada Sanrockeira arrinca ás 17:30 dende o campo da festa de Naraío ata Quintiá.
E para que a subida se leve con mellor haberá avituallamento líquido 🍻🍺 a medio camiño (sí, liches ben).
Ademáis teremos algunha que outra sorpresa máis.
Non lle deas máis voltas: APÚNTATE! Trae ganas de dar zapatilla ou pedalear e pasar unha boa tarde.
Agardámoste💪🚲🏃♀️🏃🏼♂️
Inscripcións en https://eventos.emesports.es/inscripcion/cronoescalada-sanrockeira-2026/informacion/ ou ligazón fixada na nosa bio
Foto de César Galdo
Organiza Concello de San Sadurniño e a comisión de festas coa colaboración de Biela e Chaveta Mtb Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal e Deputación da Coruña
31/07/2026
Ollo ao dato! Se te queres apuntar á 4ª Sanrockeira SÓ TES ATA O 4 de agosto ás 14:00!
Bule que voan e son por orde de inscripción!!
E este ano hai tamén subida a pé, por se o teu non é o pedal.
Inscripcións na web https://eventos.emesports.es/inscripcion/cronoescalada-sanrockeira-2026/inscripcion_datos/
Organiza coa colabora do e
19/07/2026
Hoxe non queremos falar de nin dos 81 quilómetros percorridos, nin dos 1.600 metros de desnivel positivo, nin sequera da beleza dos castelos, das corredoiras e das paisaxes que uniron aos concellor colaboradores de , .concello e
Hoxe queremos falar das persoas.
Daquelas que madrugaron cando aínda non saíra o sol para que todo estivese preparado e acompañar a ruta. Das que pasaron horas marcando o percorrido. Das que estiveron nos cruces velando pola seguridade. Aos membros do e do por botar unha man. Do persoal sanitario da ambulancia, sempre preparados por se facían falla. Da organización que leva meses convertendo unha idea nunha realidade. Do noso presi aka “Capi”, do técnico de Cultura do Concello de San Sadurniño polo seu apoio e implicación. Do que andivo a facer uns fotóns chulos que vos compartiremos para que vos moledes, e por suposto, dos concellos de San Sadurniño, Moeche e As Somozas, que apostaron desde o primeiro momento por este proxecto.
Sen todas vós… esta ruta simplemente non existiría.
E logo estades vós, os participantes que decidistes confiar nunha primeira edición. Grazas por encher as estradas de sorrisos, de compañeirismo e de respecto. Porque esta nunca quixo ser unha carreira. Quixo ser unha festa do ciclismo, unha ruta cicloturista de estrada neutralizada onde o importante non era chegar antes ca ninguén, senón g***r co camiño e do camiño.
E polo “feedback” que nos chega parece que o conseguimos.
As mensaxes que nos chegaron durante toda a tarde emocionáronnos:
“Mi más sincera enhorabuena a toda la organización.”
“Solo gente como vosotros se liaría a organizar algo así.”
“Se nota que hay ganas y esfuerzo de tener esa ruta en el calendario.”
“Ruta de 10.”
Claro que tamén haberá cousas que mellorar. É normal. Escoitaremos todas as críticas construtivas porque queremos seguir aprendendo. Pero se algo nos levamos desta primeira edición é a sensación de que conseguimos crear algo especial.
Unha ruta pensada para todos. Para compartir estrada, conversacións, paisaxes e esa paixón que nos une enriba dunha bicicleta.
15/07/2026
Aberto o prazo para anotarse na Sanrockeira e últimas horas para facelo na I Ruta dos Castelos
O programa Sansa en Rodas promovido polo Concello e o club ciclista Biela e Chaveta tráenos dúas novas citas relacionadas co mundo da bici. A máis inmediata será a I Ruta dos Castelos, organizada polo club, que percorrerá este domingo 19 de xullo un total de 81 quilómetros polos concellos de S...
25/06/2026
San Sadurniño reunió a 300 deportistas en una jornada sin incidentes entre trails, BTT y senderismo geológico
El Concello y el club Biela e Chaveta consolidan la cita "Entre corredoiras, toxos e xestas", que combinó exigencia física y patrimonio natural con...
23/06/2026
Pasada a resaca da nosa 5ª BTT, traémosvos para o 19 de xullo unha proposta das que non abundan na comarca!
A 1ª Ruta dos Castelos, unha nova proposta cicloturista de estrada, impulsada polo , que percorre algúns dos enclaves máis representativos da comarca a través das estradas de , .concello e
Con 81 km de percorrido, a ruta combina ciclismo, territorio e patrimonio a partes iguais.
Abertas inscricións en https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/33698-1a%EF%BF%BDRUTA-DOS-CASTELOS