Flechas por un Tubo

Flechas por un Tubo

Compartir

Somos un club modesto co único obxectivo de practicar e promover a práctica dun deporte mítico. 🏹🎯

24/12/2025

✨🏹️ Dende o Club Deportivo Flechas Por Un Tubo desexámosvos unhas moi boas festas e un próspero Aninovo.

🤝 Un ano máis, grazas a todas as persoas que contribúen na construción e no crecemento do club: deportistas, clubs, federación, voluntariado, familias, directivos, colaboradores e administracións. Sen vós, o funcionamento deste non sería posible.

Que desfrutedes destas datas cos vosos seres queridos. Bo Nadal e feliz Aninovo 2026! 🎉

Photos from Flechas por un Tubo's post 23/12/2025

🎯 Tamén participamos no 3º Torneo de Nadal de Tiro con Arco! 🎄

🏹 O pasado sábado, os nosos rapaces competiron no 3º Torneo de Nadal de Tiro con Arco, celebrado en 📍 Corme.

🏆 Os cativos deixaron o listón ben alto e volveron subir ao podio en varias categorías:

👧👦 Na categoría prebenxamín unificado,
🥇 Lara Méndez Castro proclamouse campioa, seguida de 🥈 Gael González Lema cun meritorio segundo posto.

🧒 Na categoría alevín masculino,
🥇 Adrián González Lema fíxose co título de campión.

🧑 Na categoría infantil masculino,
🥈 Dani Méndez Castro acadou un excelente segundo posto.

👩 Na categoría cadete feminino,
🥈 Laura rematou a competición cun destacado segundo posto.

👏 Esta vez tamén queremos destacar a actuación de Mateo Puente Balsa, que foi o arqueiro capaz de superar o desafío do “Cascanoces”, que consistente en romper unha noz cunha frecha a unha distancia aproximada de 10 metros. Todo un logro!

⏳️ Ademais, Lara e Adrián, nas súas respectivas categorías lograron o premio do “Minuto Tolo”, outorgado ao arqueiro que consegue máis número de deces nun minuto. Bravo!

💪 Noraboa, rapaces! Vémonos nas vindeiras competicións. 😉

Photos from Flechas por un Tubo's post 21/12/2025

🎄 Gran tarde a de onte no 3° Torneo de Nadal de Tiro con Arco! 🎯

🙏 Grazas, un ano máis, a todas as familias e clubs que confían en nós e acuden cos seus cativos a este torneo, cuxo principal obxectivo é trasladar a maxia do Nadal ao tiro con arco.

📸 Deixámosvos aquí algunhas fotografías tomadas ao longo da xornada. 👇

Photos from Flechas por un Tubo's post 16/12/2025

🎯 Intenso fin de semana o vivido en Corme co Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala da tempada 2025-26.

🙏 Grazas a todas e todos por asistir, así como a todo o voluntariado que fixo posible este evento.

📸 Velaquí algúns dos mellores momentos da xornada. 👇

Photos from Flechas por un Tubo's post 12/12/2025

🎯 O noso club volveu a destacar na Laracha!

🏹 O sábado pasado, unha ampla representación do equipo desprazouse para participar no II Torneo Arco Laracha, organizado polo club amigo Arco Laracha, ao que 🤝 agradecemos unha vez máis a fantástica acollida.

🏆 A xornada deixounos resultados excelentes por parte dos nosos arqueiros.

🧒 En recurvo prebenxamín, 🥇 Gael González Gómez proclamouse campión tras unha gran competición.

👦 Na categoría de recurvo alevín masculino vivimos un impresionante triplete, con 🥇 Manuel Souto García no primeiro posto, 🥈 Alan Cores Duarte no segundo e 🥉 Adrián González López completando o podio no terceiro.

🧔 En tradicional +50, 🥉 Jesús Antonio Gómez Allo acadou o terceiro posto.

👏 Noraboa a todos polos resultados!

Vémonos esta fin de semana no Campionato Galego, en Corme! 🤗

Photos from Flechas por un Tubo's post 08/12/2025

🎯 Gran fin de semana no Trofeo Federación de Tiro con Arco en Sala “Luis Vera Moreno”!

🏹 A pasada fin de semana celebrouse unha nova edición do Trofeo Federación en 📍 O Barco de Valdeorras, organizada polo club arcobarco, ao que agradecemos 🤝 o acollemento desta nova xornada.

🏆 O noso equipo non decepcionou, acadando de novo grandes resultados:

🥈 Lara Méndez Castro, a arqueira máis nova do club, acadou un destacado segundo posto na categoría de recurvo prevenxamín.

🥈 Jesús Antonio Allo Gómez, na modalidade de tradicional +50 masculina, logrou tamén un merecido segundo posto.

🏅 Dani Méndez Castro, irmán de Lara, malia os contratempos técnicos co visor, finalizou cun meritorio 4º posto.

💪 O domingo foi o turno de Fidel García López, na categoría recurvo +50 masculino. Aínda que nesta ocasión non conseguiu acceder ao podio, o seu esforzo e dedicación aseguran excelentes resultados no futuro.

😉 Seguimos! Vémonos nas líneas de tiro!

06/12/2025

🎯🎅🏻 O Nadal achégase… e con el regresa o Torneo de Nadal de Tiro con Arco!

🏹 O vindeiro 📅 sábado 20 de decembro acolleremos no 📍 Pavillón Municipal de Corme este campeonato, dedicado aos arqueiros máis cativos.

ℹ️ Toda a información sobre a competición e as inscripcións, na nosa páxina web. 👇
https://flechasporuntubo.com/COMPETICIONES/TORNEO-DE-NADAL/

Ven a vivir a maxia do Nadal con nós! ✨️

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en A Coruña?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Rúa Cubeiro
A Coruña
15114,CORME

Horario de Apertura

Lunes 20:30 - 22:30
Miércoles 20:30 - 22:30
Jueves 18:30 - 22:30
Viernes 20:30 - 22:30