10/08/2026
🍽️ Menús da fin de semana no Club del Mar
Esta fin de semana, a cafetería do Club del Mar de San Amaro ofrece dous menús para desfrutar no club:
📅 Sábado 15 de agosto
🥗 Ensalada completa
🍖 Chuletas á rioxana con puré
📅 Domingo 16 de agosto
🍜 Fideos con ameixas
🍖 Codillo braseado
💶 Prezo: 18 €
Inclúe bebida e café.
📝 Lembramos que os menús da fin de semana deben realizar o pago no momemto da reservar.
⏰ Prazo límite de reserva: venres ás 12:00 h no seguinte enlace https://bit.ly/4wimw9i
Unha boa opción para quedar a comer e seguir desfrutando da vida de club 💙
10/08/2026
🎣 Club del Mar A, campión do # # Cidade da Coruña de Pesca Fondeada
O Club del Mar de San Amaro celebrou este sábado unha nova edición do Campionato Cidade da Coruña de Pesca Fondeada, unha das citas con maior tradición da nosa sección.
Unha intensa mañá de competición no mar que reuniu a diferentes equipos e que rematou no club co pesaxe das capturas, a comida e a entrega de trofeos.
🏆 Clasificación final
🥇 Club del Mar A
🥈 PDP
🥉 C.P.D. O Capote B
Un gran resultado para o noso equipo nunha xornada marcada pola competición, o compañeirismo e o bo ambiente entre todos os participantes.
Grazas a todos os equipos, á sección de Pesca Fondeada e a todas as persoas que colaboraron na organización desta # # edición.
Parabéns aos gañadores e a todos os participantes! 🎣💙
Seguimos facendo historia xunto ao mar.
10/08/2026
🎣 # # Trofeo Infantil de Pesca “Panchito”
O Club del Mar de San Amaro celebrou este domingo unha nova edición do Trofeo Infantil de Pesca “Panchito”, unha das citas máis especiais da nosa sección de Pesca Fondeada.
Unha tarde na que os máis novos puideron achegarse á pesca desde embarcación, aprender, compartir experiencias e desfrutar do mar nun ambiente de convivencia e compañeirismo.
🚤 Tras as indicacións previas, os participantes embarcaron desde o club para vivir unha xornada diferente sobre a auga.
🏅 De volta en San Amaro, a actividade rematou coa entrega de premios e recoñecementos.
🥇 1º posto: Valentina Santamaria Mazorra
🥈 2º posto: Enzo Fernandez Barbosa
🥉 3º posto: Hector Amaya Prado
Grazas a todos os nenos e mozos participantes, ás familias, aos patróns, auxiliares e á sección de Pesca Fondeada por facer posible unha nova edición desta cita tan especial.
Seguimos transmitindo ás novas xeracións a paixón polo mar e pola vida de club 💙
10/08/2026
🌊 Unha nova mañá de kayak na Ensenada de San Amaro
O pasado venres 7 de agosto volvemos desfrutar do mar cunha nova saída de kayak organizada polo Club del Mar de San Amaro.
🚣 Unha mañá para remar, facer deporte e descubrir a nosa contorna desde a auga, cunhas condicións estupendas e A Coruña como escenario.
📸 As imaxes déixannos algúns momentos dunha actividade na que o mar, a convivencia e o bo ambiente volveron ser protagonistas.
As saídas continuarán durante o mes de agosto, ofrecendo novas oportunidades para vivir o verán desde outra perspectiva.
Seguimos desfrutando do noso entorno e facendo club, tamén desde o mar 💙
06/08/2026
⛵ Novo curso de titulacións náuticas PNB / PER
O Club del Mar de San Amaro, en colaboración con Náutica Golfiño, pon en marcha unha nova proposta formativa para todas as persoas interesadas en obter unha titulación náutica de recreo.
📅 Martes 1 de setembro
🕗 20:00 horas
O curso poderá seguirse en diferentes formatos:
🔹 Presencial
🔹 Online en directo
🔹 Vídeos online
Unha oportunidade para ampliar coñecementos, prepararse para as probas oficiais e seguir desfrutando do mar con maior formación e seguridade.
🔗 Consulta toda a información na web do club:
https://clubdelmarsanamaro.com/curso-pnb-per-club-del-mar-septiembre-2026/
📞 629 36 85 65
📧 [email protected]
31/07/2026
🌊 Unha nova mañá de kayak e paddle surf en San Amaro
Esta mañá volvemos desfrutar da Ensenada de San Amaro cunha nova saída de kayak e paddle surf organizada polo Club del Mar de San Amaro 🚣🏄
Deporte, mar e moi bo ambiente nunha actividade que nos permite descubrir a nosa contorna desde outra perspectiva e compartir unha experiencia diferente sobre a auga.
📸 Deixámosvos algúns momentos desta saída, que forma parte da programación de verán do club.
As actividades continuarán durante o mes de agosto, todos os venres de 10:00 a 12:00 h.
📝 As inscricións para cada xornada abren os mércores ás 09:30 h, na web do club e nas oficinas.
Seguimos desfrutando do verán e facendo club, tamén desde o mar 💙
31/07/2026
🏸⚽🏊🏓 Mañá comezan as renovacións das Escolas Deportivas
Este sábado 1 de agosto ábrese o prazo de renovación para socios e non socios xa inscritos nas Escolas Deportivas do Club del Mar de San Amaro:
🏸 Bádminton
⚽ Fútbol Sala
🏊 Natación
🏓 Tenis de Mesa
📅 Prazo de renovacións: do 1 ao 14 de agosto.
As novas inscricións de socios abrirán do 15 ao 31 de agosto e, no caso de non socios, a partir do 1 de setembro, sempre que queden prazas dispoñibles.
Consulta na web do club os horarios, grupos, prezos e toda a información necesaria para realizar os trámites.
🔗 Máis información:
[🏸⚽🏊🏓 Mañá comezan as renovacións das Escolas Deportivas
Este sábado 1 de agosto ábrese o prazo de renovación para socios e non socios xa inscritos nas Escolas Deportivas do Club del Mar de San Amaro:
🏸 Bádminton
⚽ Fútbol Sala
🏊 Natación
🏓 Tenis de Mesa
📅 Prazo de renovacións: do 1 ao 14 de agosto.
As novas inscricións de socios abrirán do 15 ao 31 de agosto e, no caso de non socios, a partir do 1 de setembro, sempre que queden prazas dispoñibles.
Consulta na web do club os horarios, grupos, prezos e toda a información necesaria para realizar os trámites.
🔗 Máis información:
https://clubdelmarsanamaro.com/renovaciones-e-inscripciones-escuelas-deportivas-del-club-del-mar-2026-2027/
Comezamos a preparar unha nova tempada de deporte, aprendizaxe e vida de equipo 💙
29/07/2026
O Club del Mar informa sobre a sentenza favorable no procedemento xudicial fronte ao Concello da Coruña.
Estimadas persoas socias:
A Xunta Directiva desexa informarvos de que o órgano xudicial competente ditou sentenza no procedemento mantido entre o noso Club e o Concello da Coruña, resolvendo de forma favorable aos intereses da nosa entidade.
A resolución xudicial estima as pretensións formuladas polo Club e declara a actuación do Concello contraria a Dereito, impoñendo as consecuencias previstas na propia sentenza.
Esta decisión supón un importante respaldo á actuación do Club ao longo de todo o procedemento, que sempre estivo guiada pola defensa dos dereitos da nosa entidade, das súas persoas socias e do interese xeral que representa a nosa institución.
Desde o primeiro momento, as distintas Xuntas Directivas actuaron con responsabilidade, transparencia e pleno respecto á legalidade, confiando na independencia dos tribunais e evitando calquera tipo de confrontación innecesaria. A sentenza confirma agora a solidez da posición defendida polo Club.
Somos conscientes de que a resolución pode ser obxecto dos recursos legalmente previstos, polo que continuaremos actuando coa mesma prudencia e respecto institucional que caracterizaron a nosa actuación ata o de agora.
Queremos agradecer a todas as persoas socias a confianza, o apoio e a serenidade demostrados durante este proceso. Seguiremos traballando co mesmo compromiso para protexer os intereses do Club del Mar e continuar desenvolvendo o noso proxecto deportivo, cultural e social.
Recibide un cordial saúdo.
A Xunta Directiva
24/07/2026
🌊 Mañá de kayak na Enseada de San Amaro
Hoxe vivimos unha nova xornada de actividade no mar coas saídas de kayak do Club del Mar de San Amaro.
Unha proposta para g***r do noso entorno, compartir deporte ao aire libre e seguir aproveitando o verán desde un lugar privilexiado.
Deporte, natureza e vida de club 💙
Grazas a todas as persoas participantes!
24/07/2026
🏊 L # # Travesía a Nado á Enseada de San Amaro
O próximo domingo 30 de agosto, A Coruña volverá vivir unha das súas probas deportivas con máis historia.
A Travesía a Nado á Enseada de San Amaro celebrará a súa 85ª edición, cun percorrido triangular de aproximadamente 1.200 metros pola enseada e chegada baixo un arco de meta flotante.
📅 Domingo 30 de agosto
🕛 12:00 h
📍 Enseada de San Amaro
🌊 Distancia aproximada: 1.200 metros
🔹 Participación aberta e gratuíta
🔹 Para nadadores federados e non federados
📝 Inscricións
Abrirán o 1 de agosto a través da plataforma CCNorte e permanecerán dispoñibles ata o 21 de agosto ás 23:59 h.
A proba contará con diferentes categorías masculinas e femininas, trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e premios para a clasificación absoluta.
Consulta na web do club as categorías, o percorrido, a normativa completa e toda a información para participar.
https://clubdelmarsanamaro.com/travesia-a-nado-san-amaro-2026/
Unha nova edición para seguir facendo historia e desfrutando da natación en augas abertas nun escenario único 💙
Forza San Amaro!
Coruña Deportes Concello da Coruña Gadis