21/07/2026
🫂🎉☺️
🍀O ECO camp rematou, e agora soamente nos queda pensar en todos os bos recordos que fixemos estes días! Comezamos co grupo de adolescentes, e rematamos co de adultos, e só temos palabras de agradecemento!
🌞Grazas a todas as persoas participantes e asistentes, sen vos, nada desto podería se posible! As risas, os bos momentos en equipo, os xogos, as actividades en grupo... que máis se pode pedir!
💙Tamén un especial agradecemento a Amigos/as de Alvarella , que fixeron que a nosa estancia fora do máis agradable posible! Un entorno tan natural e privilexiado como este non se olvida rápido!
🌅De cara ao futuro, esperamos poder seguir realizando actividades como estas para que todas as persoas poidan desfrutar de momentos únicos, inclusivos e moi divertidos!
Actividade financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2025
05/06/2026
Queremos compartir convosco algo persoal.
Nos últimos dous meses despedímonos de tres das nosas mascotas, cada unha por motivos diferentes, (casualidades da vida, as tres marcharon un venres) polo que foron semanas especialmente emotivas para a familia Alvarella.
Moitos dos que nos visitades coñecíadelas, e a menudo preguntades por elas durante a vosa estancia, polo que queremos facervos chegar esta información de maneira xeral.
Ademais, todo isto coincide coa época de maior actividade no noso aloxamento, o que fai estes meses aínda máis intensos, tanto no persoal como no profesional.
Agradecemos de corazón o cariño que sempre lles demostrastes. Seguirán formando parte dos recordos e da historia deste lugar que compartimos convosco.
E segue connosco Greta, a Michi, que superou a perda de Bobi e Cuca no 2016 e na que confiamos para que tamén supere estas chegando ao 2036. 😉
Area 🐶
Pedro 😺
Camilo 😸
14/05/2026
Desde hai unhas semanas, o corazón do Bosque de Alvarella latexa baixo a atenta mirada dun vello trasno. No seu trono de cortiza, no alto dun carballo, este pequeno gardián entretece feitizos de protección para que o monte e as súas criaturas durman sempre tranquilas.
🌳🧙🏻♂️👀🐦⬛🍃🦌🐾🦗🦋🌱✨
Vixía dende o alto mentres os seus amigos de catro patas patrullan o camiño ;) 🐕
Aínda que son centos de persoas as que pasaron por aquí nos últimos días, cantos de vós descubríchedes o seu sorriso entre o musgo? 🧐⁉️
05/02/2026
Estas últimas semanas estivemos facendo licor de mazá, coñecido como ‘sidra de hielo’ ou ‘sidra de glace’. 🧃❄️
Despois de varias fases de conxelación e desconxelación, mesturando a sidra e medindo a graduación para que o zume collese forza e fermentase de maneira controlada; por fin chegou o día de embotellalo!🍾🍎
O sabor, o aroma e a posible maridaxe deixámolo para que o comentedes as persoas que vos decidades a probalo. 😋
24/12/2025
Este ano celebramos o XXV aniversario de Alvarella. 🎉
Durante este tempo, pasamos por moitos momentos. A maioría alegres, aínda que tamén algún triste. E é que 25 anos dan para moito. 🎢
Gracias de corazón por acompañarnos nesta traxectoria e por non deixar de loitar, ben sexa por unha educación de calidade ou pola conservación da natureza e da nosa lingua. 🏫🧑🏽🏫📚🍃👅🌼
Gracias por ser parte de Alvarella.
Felices Festas! ✨
17/12/2025
A finais de outubro tivemos o acto institucional do XXV aniversario de Alvarella. Foi un día memorable, no que nos xuntamos con representantes de diversas institucións e organismos que nos axudaron ao longo destes anos a seguir adiante, pero no que tamén estaban os veciños e veciñas que tan ben nos acollen cada día; iso si, botando en falta a moitos/as dos/as profes que veñen cada ano co seu alumnado, pero que por motivos laboráis non poideron acudir.
Ese día tamén foi a presentación do novo logo da empresa, creado pola deseñadora gráfica .capeans que con moita paciencia e arte elaborou a que xa é a nosa nova imaxe corporativa. 🤩GRAZAS!
📸 Os novos deseños de camisetas e suadoiros, deseñados por .capeans ✏️ e impresos por 🖨️
Que vos parecen? 🤔