Escuela de Artes Marciales Garrapucho

Escuela de Artes Marciales Garrapucho

Compartir

🥋Taekwondo | Hapkido | Boxeo | Defensa personal
Muay Thai | Capoeira infantil | Crossfitness 🏋️‍♂️

Photos from Escuela de Artes Marciales Garrapucho's post 30/06/2026

Xa temos dispoñibles os horarios de verán 2026 para xullo e agosto. Organiza os teus adestramentos e non perdas o ritmo este verán en Garrapucho 🥋

Photos from Escuela de Artes Marciales Garrapucho's post 27/06/2026

O pechou a tempada cunha gran demostración no Día do Deporte na Rúa, compartindo con todos os asistentes parte do traballo, da técnica e da enerxía que adestran cada día sobre o tapiz.

Unha forma moi especial de poñerlle o broche a unha tempada chea de esforzo, aprendizaxe e bos momentos. Agora toca seguir adestrando, seguir medrando e preparar con ganas todo o que vén na próxima. 🥋

Photos from Escuela de Artes Marciales Garrapucho's post 22/06/2026

40 anos ensinando taekwondo non se cumpren todos os días. Esta semana, no colexio onde o noso sabonim José Luis Garrapucho imparte clases, fixéronlle unha homenaxe moi especial por toda unha vida dedicada a transmitir esta arte marcial con paixón, disciplina e valores.

Algúns deses nenos e nenas que un día comezaron no colexio descubrindo o taekwondo, hoxe forman ou formaron parte do como competidores. Un orgullo enorme ver como aquilo que empezou no tapiz do cole segue medrando tantos anos despois 🥋

Photos from Escuela de Artes Marciales Garrapucho's post 18/06/2026

Hoxe queremos dar os parabéns a todos os nosos alumnos polos seus novos cintos 🥋

Detrás de cada un hai moitos adestramentos, esforzo, constancia e ganas de seguir aprendendo. Estamos moi orgullosos de todo o que traballastes durante o curso e de ver os vosos avances no tapiz.

Parabéns a todos e a por moitos máis retos!

Photos from Escuela de Artes Marciales Garrapucho's post 11/06/2026

Este domingo 14 vémonos no Día do Deporte na Rúa, de 11:00 a 12:00, no tatami número 2, para g***r dunha mañá chea de enerxía, movemento e taekwondo.

Vinde probar, participar e descubrir todo o que esta arte marcial pode aportar: disciplina, confianza, técnica e moitas ganas de superarse. Invitamos ao noso alumnado, familias e a todas as persoas ás que lles apeteza achegarse a coñecernos. Agardámosvos! 🥋

Photos from Escuela de Artes Marciales Garrapucho's post 07/06/2026

Onte o estivo no Open do Lérez, en Pontevedra, vivindo unha xornada chea de combates, aprendizaxe e grandes resultados. Elisa Fernández e Andrea Rodríguez conseguiron o ouro, Iria Álvarez e Hugo Fernández a prata, Martina Álvarez o bronce e Paula Montero o ouro en Liga B.

Tamén queremos destacar o traballo de Lucía Santos e Cristian Fernández, que gañaron o seu primeiro combate e caeron no segundo, así como a participación de Leire Carballo e o debut de Kyara Amboage. Moi orgullosos de todo o equipo pola actitude, o esforzo e as ganas de seguir medrando dentro e fóra do tatami 💪

04/06/2026

Vale, agora que xa rimos, isto vai moi en serio: quentar ben antes de adestrar é unha das mellores formas de coidar o corpo e evitar lesións.

Un bo quecemento activa, prepara e fai que adestres mellor desde o primeiro minuto. En Garrapucho gústanos rir, pero saltarnos o quecemento… iso si que non 😉

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en A Coruña?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Página web

Dirección


Paseo De Ronda, 56
A Coruña
15011

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 23:00
Martes 09:30 - 23:00
Miércoles 09:30 - 23:00
Jueves 09:30 - 23:00
Viernes 09:30 - 23:00
Sábado 10:00 - 14:00