28/08/2025
🏎🔥Comeza a conta atrás!
Este sábado 30 de agosto, o RallyShow Deputación da Coruña converterá o circuíto municipal do Concello de As Pontesna capital galega do automobilismo 🚗💨
🔹 Pilotos galegos e estatais de primeiro nivel
🔹 Drift, carcross e exhibicións espectaculares
🔹 Entrada de balde
🔹 Gradas, foodtrucks, música e sorteos
🔹 Viaxes en globo cautivo da Deputación da Coruña 🎈 (con vistas únicas desde o aire!)
🔹 A emoción de vivir un rally desde dentro cos codrives como copiloto
🔹 Actividades para os máis pequenos: animación infantil, xogos, e un circuito de seguridade viaria con karts de pedais
📅 Sábado 30 de agosto
📍 Circuíto municipal das Pontes
🕐 Desde as 11:00 h | Gran final ás 17:00 h
👉Coñece toda a programación en: https://f.mtr.cool/gtdtauitsg
25/08/2025
🏃♂️ A Deputación da Coruña impulsa o III Circuíto de Atletismo en Pista
A competición, que se desenvolverá en tres xornadas, reunirá a atletas de ata 14 anos en probas de velocidade, fondo, saltos e lanzamento de peso.
✅ Inscrición gratuíta a través do correo: [email protected]
🏆 Trofeos para os tres primeiros de cada categoría e para os mellores clubs
📌 Aberto ás categorías sub-10, sub-12 e sub-14
O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou que "o apoio ao deporte de base é un dos piares fundamentais da nosa acción de goberno e un instrumento clave para construír unha sociedade máis activa, igualitaria e saudable"
ℹ️Lee a noticia completa: https://f.mtr.cool/dgwuxxuymd
Federación Galega Atletismo
21/08/2025
🏁🚗 O Rallye de Ferrol xa está aquí!
A súa 56ª edición celebrarase esta fin de semana, 22 e 23 de agosto, cunha cifra récord de 125 pilotos.
A Deputación da Coruña apoia de novo este evento que, ademais de deporte, é motor económico e social para Ferrol e a súa comarca.
📍 Venres 22 → cerimonia de saída e tramo de probas (shakedown)
📍 Sábado 23 → máis de 97 km cronometrados polas estradas de Ferrolterra.
🔧💙 Grazas ao traballo da Escuderia A. Ferrol e ao esforzo de clubs, escudarías e voluntariado, o rallye segue facendo historia un ano máis
20/08/2025
🏃♂️ O XI Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña continúa a súa andaina con dúas novas citas!
👉 XXVII Carreira Pedestre Popular Noia Medieval Concello de Noia
▪️Sábado 30 de agosto ás 20:30 h
👉 XVI Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal Concello da Pobra do Caramiñal
▪️ Domingo 31 de agosto a partir das 10:45 h
🔥 Dúas paradas consecutivas para seguir gozando do mellor atletismo popular!
EME Sports Federación Galega Atletismo
18/08/2025
✨🏟️ A Malata estrea luz!
Dende a Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol completamos a renovación integral do alumeado do estadio municipal cun investimento de 1,5 millóns de euros.
Un moderno sistema LED que:
✔️ Cumpre cos requisitos de LaLiga
✔️ Mellora a eficiencia enerxética
✔️ Ofrece visibilidade óptima en todo o terreo de xogo
👉 O Racing Club Ferrol estreará esta nova iluminación na tempada 2025-2026 da Primeira Federación.
16/08/2025
✨ O deporte de Concello de Vimianzo dá un salto de calidade
Dende a Deputación da Coruña investimos 350.000 € na renovación do campo de fútbol municipal, unha actuación histórica que xa está en marcha
🔹Novo céspede artificial de última xeración
🔹 Mellora do drenaxe e sistema de rego
🔹 Reforma da cantina e aseos
🔹 Instalacións máis seguras e dignas para clubs e veciñanza
Tal e como destacou o presidente Valentín González Formoso, este investimento "servirá para que os e as deportistas desenvolvan esta actividade en condicións seguras e dignas"”.
08/08/2025
🚣♂️ O IV Circuíto Deputación da Coruña de Piragüismo en Augas Tranquilas vai chegando á súa fin, pero aínda nos quedan dúas citas por diante
📍 A próxima será mañá, sábado 9 de agosto, en Concello de Ames, onde se celebrará a cuarta regata do circuíto
Unha nova oportunidade para g***r do mellor piragüismo en augas tranquilas nun entorno natural e coa participación de clubs de toda a provincia
💦 Vémonos mañá!
Federación Galega de Piragüismo
06/08/2025
🏅 A Deputación da Coruña a concede 59 bolsas a deportistas da provincia, dotadas con 3.500 € cada unha
📌 En total, repártense 206.500 € para apoiar o deporte de alto rendemento en disciplinas individuais olímpicas
💬 O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou “o notable incremento destas axudas nos últimos anos. Cada ano intentamos chegar a máis deportistas e ofrecerlle unha axuda que lle permita seguir avanzando cara a súa mellor versión”
Tamén lembrou que “esta iniciativa serviu de trampolín para moitos dos grandes nomes do deporte coruñés, como Ana Peleteiro Brión , Emmanuel Reyes, Carlos Arévalo ou Belén Toimil
ℹ️Lee a noticia completa: https://f.mtr.cool/gijteiizcq
04/08/2025
🏉O Beach Rugby Vila das Pontes celebrou a súa 5ª edición esta fin de semana con máis de 400 xogadores e xogadoras de todo o Estado
🔥 37 equipos competiron en categorías M15, M17, sénior e inclusiva, nun torneo cheo de emoción, igualdade!
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, participou na entrega de premios, apoiando un evento que medra ano tras ano 🤝
Concello de As Pontes Deputación da Coruña
01/08/2025
🏇 Equiocio 2025 arrinca con forza en Concello de Ferrol!
💬 O deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, destacou Equiocio como un “espazo de encontro que combina deportes con valores, que aposta pola diversidade, que xera oportunidades e que pensa no mañá”
Actividades para toda a familia, natureza, participación social, sensibilización ambiental… e, por suposto, a mellor hípica 🐴
🤝 “Seguiremos apoiando con firmeza iniciativas como esta, que xeran cohesión social e que colocan á cultura e ao deporte como motores de transformación”, sinalou Leira.
📍Ata o domingo, Ferrol é sinónimo de Equiocio. Anímaste?
ℹ️Lee a noticia completa: https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=25958
30/07/2025
🌊 O Concello de Miño acolleu o pasado sábado 26 de xullo a terceira proba do IV Circuíto Deputación da Coruña de Piragüismo en Augas Tranquilas.
📍A regata reuniu clubs de toda a provincia nunha xornada marcada polo bo ambiente e o nivel competitivo.
🥇 Club Ría de Betanzos - Piragüismo fíxose co primeiro posto, seguido do CDN MIÑO e do Club Náutico Firrete
📆 A próxima parada será en Concello de Ames o sábado 9 de agosto, onde continuará esta cita deportiva que percorre ríos e concellos da provincia levando o piragüismo a cada recuncho.