28/09/2026
Renova Diego Seijo (2007), base.
Un dos vellos do clube. 12 anos defendendo as cores de Rosales e aínda vai por un décimo terceiro. Sen dúbida, a fidelidade e o esforzo son dúas características que o definen.
Un rapaz polifacético canto menos: árbitro, xogador, piloto de avión e percusionista. É como a Barbie: pode ser o que queira.
Este ano “pilotará” o Sénior Masculino CD Los Rosales Vermello.
Grazas por confiares en nós máis un ano, Diego!
1, 2, 3… RO-SA-LEEEEES!🏀