23/09/2025
https://youtu.be/b5qm_ELL3zg?si=fuZbxBtE6OKO0ywR
20250920 Resumo do partido Manuel Vieites-Wilson Javier García
Partido disputado o 20/09/2025 correspondente á 1º xornada da Copa Galicia de billar a tres bandas de Clubes entre os xogadores Manuel Vieites do Club Círcul...
03/11/2024
O enfrontamento do pasado sábado contra o Sporting Casino de A Coruña rematou cun empate. Ainda que tivemos unha discreta actuación, estivemos a unha soa carambola de acadar o triunfo.
Este resultado sitúanos no terceiro posto con dous empates.
A próxima cita billarística dos nosos xogadores será o Open autonómico de Chapela que comezará a finais deste mes e rematará o 7 de decembro.
01/11/2024
Mañá xogarase a 3ª xornada da Copa Galicia por equipos, na que visitaremos ao outro equipo coruñés da competición, o Sporting Club Casino de A Coruña.
Para este derbi o noso equipo estreará nova equipación e estará composto por: Manuel Suárez, Antón L. Alsina, Manuel Vieites e Juan Somoza.
Os partidos disputaránse as 16:30 e as 18:30, e tentaremos facer algún directo polo noso canal de youtube.
https://www.youtube.com/
Imos pola victoria!! Lume Artesanos!!
18/10/2024
Imaxes do XXV Trofeo San Froilán de billar a tres bandas, primeiro da tempada, no que participamos con sete xogadores: Saury Osorio, Enrique Gisbert, Miguel Iglesias, Manuel Vieites, Xosé Antón Lago, Juan Somoza e Manuel Suárez.
O resultado acadado polos nosos foi moi satisfactorio, con catro xogadores entre os nove primeiros clasificados (4º, 5º, 7º e 9º), recollendo 3 dos 8 trofeos do campionato.
O campión do torneo, foi unha vez máis, José Manuel Manteiga, xogador do Sporting Casino de A Coruña, que con unha sólida actuación, non permitiu sorpresas.
Esperamos continuar nesta boa liña nos vindeiros compromisos.
Lume Artesanos!!!
Enlace aos resultados:
https://docs.google.com/spreadsheets/d/e/2PACX-1vSSSP2c94eRFRJnm4g8BrjmuMOINi2RKF-F3gmcwe2b3ZZCe3VsaWbXxTiWM_qOrw/pubhtml?gid=743126499&single=false&fbclid=IwY2xjawF_tl5leHRuA2FlbQIxMAABHacKU_O3z8D56PdsF26p7aMVT4S0FDpEoezPMmu_9dRIioh0XlFP0AxBZg_aem_nP0aMjpT0h5inwv3C_eeNQ
18/10/2024
Centro Artesanos
Share your videos with friends, family, and the world
18/10/2024
Damos a benvida a todos os simpatizantes e amigos do noso clube. Inaguramos esta páxina para compartir con vós todo o relacionado coa nosa actividade deportiva, e convidámosvos a que vos subscribades ao noso canal de youtube para poder facer directos dos nosos partidos.
https://www.youtube.com/
Graciñas e a disfrutar do billar. Saudiños!!