01/06/2025
🛍️ ¿Quedaches sen algo o sábado pasado?
Hoxe na previa e post partido podes mercar o Libro, bandeira, camisola, sudadoiro… e tamén reservar a bufanda conmemorativa 🔵⚪️
📍 Podes atopalos no Local Old Faces (R/ Julio Rodríguez Yordi, 3)
E tamén conseguir o libro nestes puntos:
📚 A.D. O Chicho
🍕 Damedé
🍻 Bar Chiquitín
🎸 Creedence Rockbar
💙 Leva contigo un anaco da nosa historia.
30/05/2025
ETERNAMENTE, GRAZAS DEPORTIVISTAS. 💙🤍
26/05/2025
"Hai mensaxes que chegan directo ao corazón."
💙 Aos que formamos parte de O Mellor Que Me Pasou Na Vida énchenos de orgullo recibir a mensaxe dunha figura clave na conquista da Liga: Augusto.
Cando o traballo se fai desde o deportivismo puro e de corazón, a maior recompensa é sempre o agarimo e a felicidade dos nosos.
🔵 De deportivistas para deportivistas. Sempre.
22/05/2025
🔵⚪️ Mañá imos tinguir o Ágora de branquiazul!
O 23 de maio temos unha cita coa historia… e imos vivila xuntos como cómpre: coa camiseta do Dépor posta e o corazón batendo forte.
💙 Trae a túa camiseta branquiazul e fagamos de novo.
🎉 Se vés con ela, a túa primeira caña será gratis. Porque celebrar tamén é brindar xuntos!
🗓️ Venres 23 | 🕖 19:00 h | 📍 Centro Ágora
🎟️ Últimas invitacións dispoñibles na taquilla da Praza de Ourense, non quedes sen ela!
Fagámolo coma en Riazor… pero no Ágora!
22/05/2025
👕💙 Leva posta a historia
A camiseta oficial do 25 aniversario da Liga xa é unha realidade. Un deseño exclusivo para celebrar, con orgullo no peito, O Mellor Que Me Pasou Na Vida.
📍 Poderás atopala o sábado 24 de maio na explanada de Riazor, durante a Xornada Deportivista.
Unha prenda para sentirte parte da lenda, para vestir a memoria… e para berrar ben forte que fomos, somos e seremos un de nove.
22/05/2025
🏁💙 A nosa historia merece ondear
Xa está aquí, a nosa bandeira do 25 aniversario da Liga, deseñada para celebrar O Mellor Que Me Pasou Na Vida con orgullo e memoria.
📍 Estará dispoñible o sábado 24 de maio na explanada de Riazor, durante a Xornada Deportivista.
Un símbolo para levar con honra, colgar no balcón ou gardar como recordo eterno dunha data que quedou gravada no corazón de todo o deportivismo.
22/05/2025
🧣💙 "Gloria Eterna" para levar ao pescozo
Xa está aquí a bufanda do 25 aniversario da nosa Liga.
Unha peza única para lembrar que O Mellor Que Nos Pasou Na Vida merece ser levado con orgullo.
🎁 Un recordo, unha pedazo de historia entre as mans.
Non quedes sen ela!