Club Natación Boiro

Club Natación Boiro Fundado en 2007 con el objetivo de impulsar y fomentar la natación y el triatlón en Boiro y en la comarca del Barbanza.

🌊🏊‍♂️ DESAFÍO FEGAN 2.5k! 🌊💙Hoxe o noso club volveu demostrar a súa paixón polas augas abertas na Etapa Final do Desafío...
13/09/2026

🌊🏊‍♂️ DESAFÍO FEGAN 2.5k! 🌊💙

Hoxe o noso club volveu demostrar a súa paixón polas augas abertas na Etapa Final do Desafío FEGAN 2.5K, celebrado na Praia de Coroso (Ribeira). Os nosos nadadores deron o cento por cento no mar logrando uns resultados fantásticos! 🦈✨

📊 Resultados dos nosos deportistas:

🥇 Adrián Salgado: 1º posto na categoría Benxamín (500m)
🥈 José Gregorio De Andrade: 2º posto na categoría Benxamín (500m)
🏊‍♂️ Jesús de Andrade: 5º posto na categoría Alevín (1.250m)
🏊‍♂️ Jorge Salgado: 7º posto no grupo Júnior Masculino 1 na categoría Élite (2.500m)

🚣‍♀️ Orgullo de equipo dentro e fóra da auga:

Queremos facer un recoñecemento moi especial a Breixo Cao, Enma Nine e Noelia Vilarnovo, que estiveron presentes como voluntarios a bordo dos kaiaks, escoltando, coidando e guiando a todos os nadadores durante o percorrido. Ese compromiso e espírito de club é o que nos fai realmente grandes! 💙👏

Noraboa a todos por este gran día de deporte e convivencia! ¡A seguir sumando brazadas, equipo! 🚀

13/09/2026
💙🏊‍♂️ ONTE RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL 🏊‍♂️💙Onte tivemos a sorte de recibir na nosa piscina a visita de “o noso” ...
12/09/2026

💙🏊‍♂️ ONTE RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL 🏊‍♂️💙

Onte tivemos a sorte de recibir na nosa piscina a visita de “o noso” Carlos Brión, quen segue sendo parte da familia do Club Natación Boiro e que actualmente desenvolve o seu labor como adestrador no Centro de Alto Rendemento de Málaga.

Porque hai persoas que, estean onde estean, sempre pertencen á súa casa. E Carlos é unha delas. 💙

Sempre é un pracer verte por aquí, pola túa piscina, polo teu club e pola túa casa.🫶🏼🏊‍♂️

O club que che viu medrar sempre terá as portas abertas para ti. 💙

💦 ABERTO O PRAZO NA ESCOLA DE NATACIÓN! 🏊‍♂️✨Listo/a para que os máis pequenos dean o seu primeiro mergullo? Abrimos as ...
04/09/2026

💦 ABERTO O PRAZO NA ESCOLA DE NATACIÓN! 🏊‍♂️✨

Listo/a para que os máis pequenos dean o seu primeiro mergullo? Abrimos as inscricións para a nosa Escola de Natación no Club Natación Boiro. Unha oportunidade perfecta para aprender a moverse con seguridade na auga, gañar confianza e desfrutar en equipo!

📌 Resumo da información clave:

👦👧 Para quen? Nenos e nenas nados entre 2018 e 2021.

👥 Atención personalizada: Grupos reducidos de máximo 8 alumnos/as por clase.

🗓️ Duración: De setembro de 2026 a xuño de 2027.

📅 Frecuencia: 2 días á semana (Luns e Mércores OU Martes e Xoves).
⏰ Horarios dispoñibles (a elixir suxeito a disponibilidade):
🔹16:00 – 16:45
🔹16:45 – 17:30
🔹18:30 – 19:15
🔹19:15 – 20:00

📝 Inscricións en:
https://clubnatacionboiro.es/matricula-escuela-de-natacion-boiro/

Se tes calquera dúbida, escríbenos por mensaxe directa ou ao correo 📧 [email protected].

Agardámoste na piscina para vivir unha tempada inesquecíbel! 🌊💙

Preparadx para dar o salto nesta nova tempada? A auga agárdate! 🏊‍♂️💥Na tempada 26/27 no Club Natación Boiro volvemos co...
02/09/2026

Preparadx para dar o salto nesta nova tempada? A auga agárdate! 🏊‍♂️💥

Na tempada 26/27 no Club Natación Boiro volvemos coas pilas ao 100%: novas ilusións, novos retos e un equipo co que vas compartir momentos inesquecíbeis. Dá igual a túa idade ou se estás empezando ou buscas competir ao máximo nivel: aquí hai un sitio para ti! 💙💦

👇 Todas as categorías abertas:
🔹 Pre Benxamín (2018 – 2021)
🔹 Benxamín (2016 – 2017)
🔹 Alevín (2014 – 2015)
🔹 Infantil (2012 – 2013)
🔹 Junior (2009 – 2011)
🔹 Sub 20 (2007 – 2008)
🔹 Absolutos (2006 ou maiores)
🔹 Grupo Máster

💶 Cuota: 35 €/mes (*descontos especiais para familias).
‼️Licencia Federativa no incluida

📝 Reserva a túa praza xa: https://clubnatacionboiro.es/matricula-club-natacion-boiro/

Tes algunha dúbida? Escríbenos a 📧 [email protected] e botámosche unha man!

Súmate á nosa familia de auga e prepárate para un ano brutal! 🚀🔥

01/09/2026

Tirámonos de novo á auga 💦! Volve a emoción, o esforzo e esa enerxía única de arrincar unha nova tempada chea de retos. 🏊‍♂️✨

Espérannos meses de traballo duro nas rúas, bancadas cheas de ánimos, viaxes compartidas e, sobre todo, moitas ganas de superar os nosos propios límites en cada brazada. Nadadores, nadadoras e familias: sodes o corazón deste club e a ilusión deste inicio non pode ser maior 💙!

Neste comezo tan especial, queremos facer unha mención moi especial a JEALSA, o noso máximo patrocinador e un compañeiro de viaxe fundamental. Grazas por confiar no noso proxecto, por apoiar o deporte de base da nosa vila e por estar sempre ao carón do noso equipo e das nosas familias. O voso apoio constante permite que a nosa canteira siga medrando, mantendo a nosa identidade e soñando en grande dentro e fóra da auga. 🌊💙

Axustade as gafas 🥽... que esta tempada imos a por todas! 🚀

Deixa un 💙 nos comentarios para apoiar ao equipo nesta nova etapa! Imos! 🔥

25/08/2026

Manuel Pérez y Jesús Alejandro de Andrade, del Club Natación Boiro, se subieron al podio en sus respectivas categorías

A piques de dixerir un sábado inesquecible na praia de Carragueiros, só nos queda dicir unha palabra en alto: GRAZAS! 🌊💙...
24/08/2026

A piques de dixerir un sábado inesquecible na praia de Carragueiros, só nos queda dicir unha palabra en alto: GRAZAS! 🌊💙

A IX Travesía a Nado Illa da Bensa foi un éxito rotundo e nada disto tería sido posíbel sen o traballo e apoio de moitísimas persoas.

Grazas ás empresas colaboradoras por confiar no Club Natación Boiro e apoiar o noso deporte:
🔷 Jealsa – We Sea
🔷 Extramar Galicia
🔷 Gadis
🔷 Eroski Oficial
🔷 Clínica Dental Rebeca Ozores
🔷 Clic Publicidade
🔷 Rotogal
🔷 Nova Alimentación de Quin Riveiro
🔷 Enxeñaría Trazos e OS Balcons Ria Arousa
🔷 D.O.P. Arzúa-Ulloa

Grazas ás institucións e equipos de seguridade polo seu respaldo e coordinación:
🔷Concello de Boiro, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.
🔷Federación Galega de Natación.
🔷Clubs de Club Piragüismo Rías Baixas, CR Cabo da Cruz, Club Ciclista Barbanza xunto á Protección Civil ea Policía Local, garantindo a seguridade na auga e en terra.

O agradecemento máis especial: Voluntarios e voluntarias 👏
Sodes os verdadeiros motores desta xornada. Horas de traballo previo, axuda, sinalización e acompañamento constante aos nadadores para que todo saíse á perfección. Sen vós, esta travesía simplemente non sería posíbel.

Aos nadadores e nadadoras 🏊‍♂️
Grazas por tirarvos á auga, g***r, apertar os dentes e facer que este evento teña todo o sentido do mundo. Grazas por compartir connosco esta gran festa!

📸⏱️ Queres o enlace coas fotos e clasificacións da travesía?

Podeis ver las fotos aquí: https://photos.app.goo.gl/Zc9u8RL9byfzuAfT6

Facades que todo o esforzo pague a pena. Vémonos na vindeira edición! 🏊‍♀️🌊

14/08/2026

La prueba, organizada por el Club Natación Boiro, forma parte del Circuíto Galego de Augas Abertas

Dirección

Boiro

Horario de Apertura

Lunes 06:15 - 08:00
16:00 - 20:00
Martes 16:00 - 20:00
20:30 - 22:00
Miércoles 16:00 - 20:00
Jueves 06:15 - 08:00
16:00 - 22:00
Viernes 16:00 - 20:00
Sábado 10:00 - 12:00
17:00 - 19:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club Natación Boiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría