Trail dos Indios

Trail dos Indios TRAIL DOS INDIOS 20/09/2026
🏰 X Edición
🏆 Copa Galega e Campionato de Clubes

📢 PRONTO, TODA A INFORMACIÓN IMPORTANTE!Unha vez pechemos as inscricións, comezaremos a publicar toda a información que ...
15/09/2026

📢 PRONTO, TODA A INFORMACIÓN IMPORTANTE!

Unha vez pechemos as inscricións, comezaremos a publicar toda a información que precisades para o día da carreira: horarios, recollida de dorsais, aparcamento, servizo de duchas, xantar, hora dos podios… 🏃‍♀️🏃‍♂️

Non vos preocupedes, iremos poñendo toda a información pouco a pouco. Agardaremos a achegarnos á data do evento por se hai algún cambio ou novidade, e así poder darvos sempre a información máis actualizada posible.

Estade atentos ás nosas redes, que xa queda moi pouquiño!

12/09/2026

👧🧒 Os máis pequenos tamén teñen o seu momento!

Anxo cóntanos como serán as carreiras dos máis pequenos, que se disputarán no propio Pazo de Goiáns o domingo 20 de Setembro.

Teremos dúas probas: Trail dos Cherokees e Trail dos Apaches, pensadas para que os máis pequenos da casa poidan vivir a súa propia experiencia de trail nunha contorna moi especial. 🏃‍♀️🏃‍♂️

As carreiras serán gratuítas e con saída e chegada no Pazo de Goiáns.

Dálle ao play ▶️ e escoita a Anxo contarvos todos os detalles.

Porque no Trail dos Indios hai sitio para todos!

🛍️ Un ano máis… VOLVE A TRIBUTENDA!O día da carreira volveremos ter a nosa tenda no Pazo de Goiáns, con produtos de Trib...
12/09/2026

🛍️ Un ano máis… VOLVE A TRIBUTENDA!

O día da carreira volveremos ter a nosa tenda no Pazo de Goiáns, con produtos de Tribu Trail.

Pasade a botarlle unha ollada, que seguro que atopades algunha xoia das que xa forman parte da nosa historia.

📍 Tributenda. Pazo de Goiáns
📅 20 de setembro

Hoxe tivemos o pracer de presentar oficialmente a proba no Concello de Boiro, xunto ao concelleiro de Deportes, Marcos F...
11/09/2026

Hoxe tivemos o pracer de presentar oficialmente a proba no Concello de Boiro, xunto ao concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e aos membros da organización, Xosé María Rodríguez e Víctor López.

Esta é unha edición moi especial para nós. Chegamos á décima edición, aínda que polo camiño houbo tres anos nos que non puidemos celebrar a carreira. Por iso, poder volver estar aquí, dez edicións despois, ten un significado aínda máis especial para toda a tribu.

O vindeiro domingo 20 de Setembro, volveremos ao monte, ao Castelo de Vitres e ao Pazo de Goiáns para compartir unha nova xornada de trail, deporte e festa.

Grazas ao Concello de Boiro polo apoio e por acompañarnos outro ano máis.

Xa queda moi pouco. Vémonos no Trail dos Indios!

Dirección

Boiro

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Trail dos Indios publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Trail dos Indios:

Atajos

Compartir