Fútbol Calo S.R.

Fútbol Calo S.R. Páxina na que publicaremos as novas dos distintos equipos do Club.

SENIOR FEMININO‼️Viaxan ata o Municipal de Loxo as nosas rapazas, que queren ir atopando pouco a pouco as boas sensación...
25/09/2026

SENIOR FEMININO‼️

Viaxan ata o Municipal de Loxo as nosas rapazas, que queren ir atopando pouco a pouco as boas sensacións, a espera tamén de recuperar efectivos. Imos Calo!

SENIOR A‼️

Logo de sumar de 3 na casa a finde pasada, visitamos ao San Lorenzo en Santa Isabel.

Un rival que está buscar a súa primeira victoria e que seguro vai salir a morder dende o primeiro minuto!

SENIOR B‼️

Comeza a tempada do senior B e que mellor maneira de facelo que en Rebordelo. 

Un plantel moi renovado e xoven que busca dar un paso máis que a tempada pasada e competir dende o comezo!

HORARIOS 26-27 SETEMBRO‼️Última finde de setembro chea de partidos!   💙
23/09/2026

HORARIOS 26-27 SETEMBRO‼️

Última finde de setembro chea de partidos!

💙

HORARIOS 26-27 SETEMBRO‼️Última finde de setembro chea de partidos!    💙
23/09/2026

HORARIOS 26-27 SETEMBRO‼️

Última finde de setembro chea de partidos!

💙

🆕 INFANTIL FEMENINO 🤍💙O pasado sábado, 19 de setembro, volvimos a ter en Rebordelo un dia para o recordo. O infantil fem...
22/09/2026

🆕 INFANTIL FEMENINO 🤍💙

O pasado sábado, 19 de setembro, volvimos a ter en Rebordelo un dia para o recordo. O infantil femenino, equipo de nova creación este ano, tivo o seu primeiro partido amigable, o cal ademais gañou por 2-0.

Un orgullo para o clube ver como a nosa base segue a crecer na parte femenina, cada ano con máis equipos e xogadoras. A seguir traballando e divertíndose semana a semana como ata agora!

💙

RESULTADOS 19-20 SETEMBRO‼️Con moitos dos nosos equipos xa en competición, destaca a primeira victoria ligueira do Sénio...
22/09/2026

RESULTADOS 19-20 SETEMBRO‼️

Con moitos dos nosos equipos xa en competición, destaca a primeira victoria ligueira do Sénior A no derbi en Rebordelo, nun partido no que aproveitamos para agradecer a colaboración da SD Cacheiras e da SD Recesende no tempo de obras do noso campo.

💙

SENIOR A.Chega o derbi de Teo a Rebordelo nesta terceira xornada da Primeira. Como sempre, viviremos un partido disputad...
17/09/2026

SENIOR A.

Chega o derbi de Teo a Rebordelo nesta terceira xornada da Primeira.

Como sempre, viviremos un partido disputado, onde, cada un coas súas ferramentas, tratará de sumar a primeira victoria en liga.

Aproveitamos dende aquí para agradecerlle á SD Cacheiras o bo trato e a súa colaboración con nós nesta pretempada, cedendo espazo do seu campo para poder adestrar o senior A. Grazas veciños 💙

SENIOR B.

Último amistoso antes do comezo da competición oficial.

Recibimos ao Recesende en outro derbi, partido para afinar detalles e encarar a última semana de pretempada.

O SDC Recesende foi outro dos equipos veciños que nos cedeu as súas instalacións para poder dar comezo a pretempada de varios dos nosos equipos, dende infantís ata senior B e feminino.
Grazas pola vosa colaboración ♥️

FEMININO.

As nosas rapazas saben que teñen moito traballo por diante esta tempada, nunha competición dura como é a Primeira Arzúa Ulloa.

Recibimos o Ponte Caldelas na xornada 2 coa cabeza posta en seguir medrando, mellorando e competindo cada vez máis.

🕐HORARIOS FINDE 19-20 SETEMEBRO‼️Xa con varios en equipos en competición, e con outros ultimando a posta a punto, estos ...
17/09/2026

🕐HORARIOS FINDE 19-20 SETEMEBRO‼️

Xa con varios en equipos en competición, e con outros ultimando a posta a punto, estos son os horarios desta finde!

Un Domingo cheo de fútbol en Rebordelo que dende as 10:00h ata as 20:00h acollerá partidos de F11.

SENIOR A‼️Unha vez rematadas as altas, baixas e renovacións, aqui vos deixamos os dorsais dos 26 xogadores que esta temp...
14/09/2026

SENIOR A‼️

Unha vez rematadas as altas, baixas e renovacións, aqui vos deixamos os dorsais dos 26 xogadores que esta tempada defenderán as nosas cores na Primeira Futgal 💙🤍

💙 17 xogadores do noso Concello, algo que nos enorgullece moito!
⬇️ 4 baixas por motivos laborais ou por colgar ás botas.
⬆️ 4 altas para suplir baixas e seguir contando cun plantel amplo para afrontar con garantías a tempada.
➡️ 22 renovacións!

Grazas a todos eles, os que levan máis de 7 ou 8 tempadas con nós, os últimos en chegar, ou os que logo de unha tempada, decidiron renovar por sentirse na casa 💙

Seguimos cun proxecto continuista, sen grandes cambios e coa confianza de que o traballo feito deu, da e dará os seus froitos!

SENIOR A‼️Últimas caras novas no senior A para esta tempada! 2️⃣6️⃣ Manu: xa moi coñecido por todos, esta tempada pasa a...
14/09/2026

SENIOR A‼️

Últimas caras novas no senior A para esta tempada!

2️⃣6️⃣ Manu: xa moi coñecido por todos, esta tempada pasa a formar parte do Senior A. Logo de varias tempadas no noso B e dunha boa pretempada co A será un dos referentes en ataque dos nosos. Un máis de Teo no noso plantel.

2️⃣8️⃣Juan: chegou a finales da pretempada para volver engancharse ao fútbol. Unha zurda de moita calidade que se gañou a nosa confianza para ser un máis da S.R. Benvido a túa casa!

SENIOR A‼️ Centro FalgueraDesprazamento ao compricado de San Pedro para medirnos ao Castriz, Domingo ás 19:00h agardamos...
10/09/2026

SENIOR A‼️ Centro Falguera

Desprazamento ao compricado de San Pedro para medirnos ao Castriz, Domingo ás 19:00h agardamos o voso alento!

SENIOR FEMININO‼️ eleKá estilismo e beleza

Nova tempada, e xa van 3, na Primeira Galicia. As nosas comezan visitando ao C.D. Valladares.

Aínda sin todo o plantel dispoñible, con varias baixas, e con varias rapazas que promocionaron dende o cadete e que necesitan adaptarse á competición senior, pero seguro que no campo competindo como elas saben!

Dirección

Calo
Calo
15866

Teléfono

981548558

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fútbol Calo S.R. publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Fútbol Calo S.R.:

Atajos

Compartir