Campo Lameiro C.D. – Datos de interese e historia do club
Ano de Fundación: 1979
Socios: 182 socios
Presidente fundador: Julio Prieto Castro (Q.E.P.D.) Presidente actual: Jesús María García Ameijeiras
Directiva actual: Dolores Torres, Manuel Martínez, José Manuel Senra, Gonzalo Martínez, Enrique Prieto, Lino Valiño, Xavier Orozco, Mateo García e Iván Bernárdez. Instalacións: Campo Municipal de A Chanciña: Campo de herba sintética cunhas medidas de 100 m. x 58 m.,
Equipación:
Primeira Equipación: Camiseta Verde Pantalón Branco Medias Verdes
Segunda Equipación: Camiseta Branca Pantalón Verde Medias Brancas
Palmarés:
Equipo Sénior – Tempadas en Preferente: 1 tempada
Equipo Sénior – Tempadas en 1ª Autonómica: 6 tempadas
Equipo Sénior – Tempadas en 2ª Autonómica: 13 tempadas
Equipo Sénior – Tempadas en 3ª Autonómica: 21 tempadas
1 Subcampionato de 1ª Autonómica na tempada 2016-17
1 vez Campión de 2ª Autonómica na tempada 2013-14
2 veces Campión de 3º Autonómica nas tempadas 1981-82 y 1996-97.
1 Subcampionato de 3º Autonómica na tempada 2006-07.
1 vez Campión Liga Cadete Fútbol Sala na tempada 2014-15.
1 vez Subcampión Copa Local Cadete de Fútbol Sala na tempada 2017-18.
1 vez Subcampión Segunda Local Xuvenil de Fútbol Sala na tempada 2019-20.
3 Veces Campión do Torneo Julio Prieto.
2 Veces Campión do Trofeo Frutos Secos El Nogal. data da campaña 1979-1980, momento no que varios mozos que militaban en equipos federados da zona decidiron xuntarse e formar un equipo propio no seu pobo. O 11/06/1979 inscríbese na Federación Galega de Fútbol e o 21/10/79 debuta en competición oficial enfrontándose ao Atlético César en Terceira Rexional. Por aquel entonces, Julio Prieto era o presidente. A entidade tivo un bo estreno e a liña ascendente que tivo nas súas dúas primeiras tempadas posibilitou que o club alcanzase o seu primeiro ascenso na tempada 1981-82. A Segunda Rexional deu a benvida ao Campo Lameiro na tempada 1982-83. O equipo reforzouse, dentro das súas posibilidades, e puido manterse ata a tempada 1983-1983, na que volveu caer na poza da Terceira Rexional. Durante este largo periodo de tempo, a entidade traballou na creación das categorías inferiores, sufriu ata 5 cambios de presidencia na tempada 1996-1997. Con Julio Prieto de novo ao mando, o Campo Lameiro regresou á Segunda Rexional. Ademais do esforzó realizado polo dirixente, gran parte da culpa do éxito tívoa Javier García Barrio, exfutbolista do Pontevedra, Arousa e preparador do equipo naquela tempada. O conxunto pontevedrés logrou manterse durante 4 anos na Segunda Rexional. Na tempada 2000-2001 consumouse o segundo descenso e tras pasar uns anos moi complicados. Na campaña 2004-2005 produciuse o punto de inflexión no devir da entidade. Ademais da chegada de 4 pelotros de primeiro nivel (Iván, Luis, Fumega e Porteliña), o club apostou por José Alberto Monteagudo, “Berto”, para liderar o novo proxecto deportivo. No seu primeiro ano ao frente do barco, Berto situou ao equipo na terceira posición da táboa clasificatoria e acariciou o salto de categoría, obxectivo que si alcanzaría dous exercicios máis tarde ao derrotar ao Dorrón e ao Figuieirido na louta pola plaza na Segunda Autonómica, categoría na que se foi afianzando cada vez máis ata que na tempda 2013-24 consigue ascender por primeira vez a Primeira Autonómica proclamándose ademáis campión e conseguindo o ascenso varias xornadas antes de que finalizase o campionato. O equipo inicia a súa andadura en Primeira Autonómica na tempada 2014-15 competindo moi ben e conseguindo rematar as súas 2 primerias tempadas clasificado en 10ª posición. A tempada 2015-16 está marcada por una revolución na plantilla que empeza pola marcho por motivos laboráis de Berto “o eterno adestrador do Campola” e un dos máximos culpables do afianzamento do club e de numerosos xogadores. O que en principio se prevía como unha tempada moi complicada, terminou sendo ao final unha das mellores do club en toda a súa historia, xa que os nomes de Romario e Hugo conseguiron o feito histórico de levar ao Campola a Preferente. A tempada 2016-27 será sen dúbida, inolvidable para o noso club. Lamentablemente no dimos conseguido manter a categoría pese quedar nuna dignísima 16ª posición, pero debido aos arrastre de equipos de superior categoría, o equipo descende de novo a Primeira Autonómica. Pese ao descenso, a estancia en Prefetente quedará para sempre marcada na historia do noso Club por posibilitar que xogadores lendas do clube como Arias, Fontán, Bruno, Sergio, Bertiño e Toto tivesen a oportunidade de defender as cores do Campo Lameiro contra equipos como o Porriño Industrial, UD Ourense, ou o Estradense ou o ter o privilexio de xogar nun campo histótico como “O Couto” en Ourense. As dúas últimas tempadas, a 2018-19 y 2019-20, o equipo volveu a competir en Primeira Autonómica loitando en ambas temporadas polos postos altos da táboa clasificatoria. Polo que respecta ás categorías inferiores, o Clube loita, tempada tras tempada, coa difícil misión de intentar competir en varias categorías co gran hándicap que supón a pouca población da que dispón o noso concello. O primeiro equipo base do Campo Lameiro data da tempada 1983-84 na que o clube federou por primeira vez un equipo na categoría xuvenil, desde esa época ata a tempada 2010-11 na que o club consigue salir a competición con 2 equipos base (alevíns e benxamíns), vanse alternando tempadas con 1 equipo base (en categoría cadete ou xuvenil) ou ningún. O arranque do fútbol base ten un motivo principal: o campo de herba sintética inaugurado en decembro do 2009 que posibilitou que o club puidese competir en fútbol 8, categorías nas que, non sin esforzó, é capaz de xuntar equipos de 1,2 ou ata 3 categorías, eso si, coa particularidade de que ao chegar á categoría infantil, os nosos nenos teñen que deixar o Fútbol 8 para pasarse ao Fútbol Sala (categoría na que o nosos Club alcanzou os seus maiores éxitos dentro do Fútbol base e que son: un título de campión na Liga Local Cadete de Fútbol Sala na tempada 2014-15, un subcampionato da Copa Local Cadete de Fútbol Sala na tempada 2017-18 e o subcampionato na Segunda Local de Xuveniles de Fútbol Sala da tempada 2019-20).