05/07/2026
🏆5 TORNEO CONCELLO DE CANGAS.
Memorial Claudio González.
⚽️ UN TORNEO PARA O RECORDO 🩵
Desde a gran familia do fútbol a pé queremos dar as grazas de todo corazón a todas as persoas que fixeron posible a emocionante xornada de onte. O deporte, a convivencia e a memoria volveron ser os grandes protagonistas en Cangas.
🏛️ Queremos agradecer enormemente a presenza e o respaldo dos membros da corporación municipal: Araceli Xestido , Eugenio González
, Loli Hermelo e Sergio Iglesias (a quen, ademais, lle agradecemos que se calzara as botas para xogar un ano máis!). Foi un auténtico pracer ver unidos a membros do goberno e da oposición para apoiar e dar visibilidade á nosa actividade.
🙏 Ao Alondras CF por dalo todo e polo seu apoio desde os nosos inicios.
🤝 Moitas grazas tamén a Fernando Iglesias, vicepresidente da , por acompañarnos e amosar sempre o seu apoio incondicional.
✨ Pero, sen dúbida, o momento máis especial e emocionante da xornada debémosllo ás familias das nosas dúas estrelas que hoxe nos coidan desde arriba: Claudio González e Suso Soliño. Que non faltedes ano tras ano a esta cita tan cargada de sentimentos é o motor que nos impulsa a seguir adiante.
O premio aa equipo de árbitros tamén nos recordou ao noso Miguel.
Eles seguen xogando con nós en cada partido. 🌟🕊️
A todos os equipos, patrocinadores, afección e a cantos sumastes o voso gran de area... GRAZAS DE TODO CORAZÓN! ¡Seguimos camiñando e medrando xuntos! 👣⚽️💙
DeporteParaTodos RFGF DeporteGalego Morrazo