S.D. Sofán

S.D. Sofán Páxina Oficial da S.D. Sofán
Club fundado en 1979
🏟️ O Carral

12/09/2026
⚪️🔴 SENIOR B - SEGUNDA FUTGAL A COSTA🔴⚪️Comeza a Liga para o noso Senior B! Este domingo chega o momento de estrearse na...
11/09/2026

⚪️🔴 SENIOR B - SEGUNDA FUTGAL A COSTA🔴⚪️

Comeza a Liga para o noso Senior B! Este domingo chega o momento de estrearse na competición e facelo, ademais, diante da nosa xente.

Ás 17:00 h, no Carral, recibimos ao Corme CF na primeira xornada da Liga da Costa. Unha nova tempada que comeza e un primeiro partido no que queremos sentirvos preto.

Agardámosvos no Carral para animar aos nosos neste inicio de camiño. 🤍❤️

🤍❤️ IMOS SOFÁN💪🏽💪🏽

📸 Katia Cruz



⚪️🔴 SENIOR A - PREFERENTE FUTGAL G1 🔴 ⚪️Primeiro desprazamento da tempada para o noso Senior A. Despois de estrearse con...
11/09/2026

⚪️🔴 SENIOR A - PREFERENTE FUTGAL G1 🔴 ⚪️

Primeiro desprazamento da tempada para o noso Senior A. Despois de estrearse con vitoria na casa, toca saír de O Carral para afrontar a segunda xornada da competición.

Este domingo, 13 de setembro, ás 18:00 h, visitamos o campo Julio Mato para enfrontarnos ao CF Noia, nun desprazamento longo a un campo que xa coñecemos e no que nos agarda un novo reto.

Seguimos camiñando nesta tempada e facémolo xuntos.❤️🤍

🤍❤️ IMOS SOFÁN💪🏽💪🏽

📸 Katia Cruz



📅 O calendario do noso Senior B xa está aquí!Comeza a liga para o noso filial e xa coñecemos o camiño que nos agarda. ⚽️...
10/09/2026

📅 O calendario do noso Senior B xa está aquí!

Comeza a liga para o noso filial e xa coñecemos o camiño que nos agarda. ⚽️

🏟️ Xornada a xornada, competindo por cada punto.

Este é o calendario do noso Senior B na Liga da Costa. Agora toca traballar, competir e desfrutar de cada xornada.

Comeza a liga da costa. Comeza o fútbol. ❤️🤌🏽

❤️🤍 SISISISI VOLVEN OS DOMINGOS DA LIGA QUE MÁIS NOS GUSTA, VOLVE A LIGA DA COSTA 🤍❤️
09/09/2026

❤️🤍 SISISISI VOLVEN OS DOMINGOS DA LIGA QUE MÁIS NOS GUSTA, VOLVE A LIGA DA COSTA 🤍❤️

⚽️📸 DETRÁS DOS 3 PUNTOSUnha pequena selección de imaxes do que foi o noso primeiro partido de liga no Carral. Un encontr...
09/09/2026

⚽️📸 DETRÁS DOS 3 PUNTOS

Unha pequena selección de imaxes do que foi o noso primeiro partido de liga no Carral. Un encontro intenso e complicado, que rematou cunha importante vitoria por 2-1 fronte ao Miño.

Aquí quedan algúns dos momentos que nos deixou esta primeira xornada. ⚽🔴⚪

📸 Katia Cruz



🔴⚪ FIN DE PRETEMPADA | SENIOR BO pasado domingo, o noso Senior B desprazouse ata Larín para enfrontarse ao equipo local ...
09/09/2026

🔴⚪ FIN DE PRETEMPADA | SENIOR B

O pasado domingo, o noso Senior B desprazouse ata Larín para enfrontarse ao equipo local no último amigable desta pretempada. Un partido algo espeso e tranquilo, que rematou cun 0-1 a favor dos nosos.

Poñemos así o punto final a unha gran pretempada, na que o equipo foi collendo ritmo, gañando confianza e preparando todo para o que está por vir.

Agora si, xa temos ganas de que comece o importante. ⚽🔥 A Liga da Costa está á volta da esquina!

📲 Seguide moi atentos ás nosas redes sociais, porque esta semana… volta o noso filial! 💪🔴⚪

⚪️🔴 SENIOR A - PREFERENTE FUTGAL G1 🔴 ⚪️Crónica | SD Sofan 2 - 1 AD MiñoBo comezo de liga para o noso Senior A, que suma...
07/09/2026

⚪️🔴 SENIOR A - PREFERENTE FUTGAL G1 🔴 ⚪️

Crónica | SD Sofan 2 - 1 AD Miño

Bo comezo de liga para o noso Senior A, que suma os tres puntos na primeira xornada tras impoñerse por 2-1 ao Miño no Carral. Un encontro igualado no que o conxunto visitante conseguiu adiantarse cun golpeo desde o medio do campo aproveitando unha defensa adiantada.

Tras o descanso, os nosos saíron moi enchufados e buscaron con insistencia o empate. Becerra e Alexandre tiveron boas ocasións para conseguilo, ata que un penalti provocado por Martín permitiu poñer o 1-1. A partir de aí, Mario, a balón parado, tamén xerou perigo en varias accións, mantendo aos nosos na procura do segundo.

E este acabou chegando nos minutos finais. Unha boa bola caeu nos pés de Javichu, que non dubidou e puxo o 2-1 definitivo, facendo vibrar o Carral nun final intenso no que os nosos souberon defender a vantaxe. Tres puntos na casa para comezar a liga e primeira alegría da temporada. 💪🏽🔴⚪️

🤍❤️ IMOS SOFÁN💪🏽💪🏽



⚪️🔴 CONVOCATORIA XORNADA 1 - PREFERENTE FUTGAL G1 🔴⚪️Mañá comeza a liga no Carral! ⚽️A SD Sofán afronta a primeira xorna...
05/09/2026

⚪️🔴 CONVOCATORIA XORNADA 1 - PREFERENTE FUTGAL G1 🔴⚪️

Mañá comeza a liga no Carral! ⚽️

A SD Sofán afronta a primeira xornada da competición diante do Miño CF, nun encontro que se disputará na casa a partir das 18:30 horas.

Xa temos a lista de convocados para este primeiro partido da tempada. Todo preparado para volver á competición e comezar este novo camiño xuntos. 🔴⚪️

E para comezar como se merece, precisamos de vós! Animámosvos a achegarvos ao Carral, apoiar ao equipo e facer sentir o voso apoio desde o primeiro minuto. Xuntos somos máis fortes! 💪🔴⚪️



⚽️ Último amigable da pretempada!O noso Senior B desprázase mañá ata Larín para visitar o campo de San Roque, onde se en...
05/09/2026

⚽️ Último amigable da pretempada!

O noso Senior B desprázase mañá ata Larín para visitar o campo de San Roque, onde se enfrontará ao CD Larín ás 18:45 horas.

Última proba antes do comezo da competición, nun novo encontro para seguir collendo ritmo e preparar o que está por vir.

⏳ Queda pouco. Seguimos traballando!❤️🤍

Dirección

O Carral, Sofán
Carballo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando S.D. Sofán publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a S.D. Sofán:

Atajos

Compartir

Categoría