03/11/2026
📢Neste 3 de novembro, con motivo da celebración do Día Internacional das Reservas da Biosfera da
UNESCO, dende o Club de Billar Adai compracenos anunciar o inicio do proxecto “Intervención para a accesibilidade universal no local social Antiga Escola de Adai: adaptación de aseo accesible.”♿️
Un proxecto dinamizador que pretende eliminar as barreiras arquitectónicas e promover a igualdade, tanto no ámbito social como deportivo, na nosa privilexiada ubicación compartida coa Asociación de Veciños de Adai, a cal se encontra enmarcada dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño🌳
Esta iniciativa non sería posible sen a axuda da área de medio ambiente da Deputación de Lugo, mais o apoio do Concello do Corgo🤝
Unha vez executada a obra terá lugar unha xornada inclusiva de portas abertas nas nosas instalacións. Un evento que pretende ofrecer ao público unha toma de contacto co deporte do billar, a posibilidade de socializar coa veciñanza, pero sobre todo lograr favorecer a inclusión real, a participación activa e a visibilización da importancia da accesibilidade universal nos espazos comunitarios🎱🧑🦽
Próximamente anunciaremos a data!⏳
Moitas grazas de novo Deputación de Lugo por axudarnos a achegar o rural un pouco máis ás persoas 💚