Castelo Deporte

Castelo Deporte

Compartir

Coidamos e dinamizamos o Xalo a través do deporte, e participamos na organización do Castelo Conta.

29/07/2026

🌿 A contorna do Monte Xalo volverá encherse de cultura entre o 24 e o 30 de agosto coa undécima edición do Castelo Conta.

Música, humor, gastronomía, memoria, actividades familiares e propostas en plena natureza conforman un festival único, posible grazas ao traballo da veciñanza e ao apoio do tecido asociativo de Castelo 🫱🏼‍🫲🏽

castelodeporte.gal

Photos from Monte Xalo's post 10/07/2026
Castelo, contra a planta de biogás na Laracha - Castelo Deporte 10/05/2026

❎🏭 As asociacións Castelo Conta e Castelo Deporte, e a Comunidade de Montes Veciñais de Castelo, amosamos toda a nosa solidariedade coas veciñas e veciños da Laracha e o total rexeitamento á instalación en Soandres dunha macroplanta de produción de fertilizante orgánico para a produción de biogás.

Castelo, contra a planta de biogás na Laracha - Castelo Deporte As asociacións Castelo Conta e Castelo Deporte, e a Comunidade de Montes Veciñais de Castelo, amosamos toda a nosa solidariedade coas veciñas e veciños da Laracha e o total rexeitamento á instalación en Soandres dunha macroplanta de produción de fertilizante orgánico para a produción de bio...

A aplicación que percorre os camiños do Xalo: todo o monte no teu móbil - Castelo Deporte 06/05/2026

Os camiños do Xalo, agora no teu móbil 🌿

📲 Xa está dispoñible a nova aplicación ‘Monte Xalo’, unha ferramenta para iOS e Android que permite descubrir o monte desde dentro: rutas, puntos de interese, patrimonio e servizos turísticos nun só espazo dixital.

A aplicación que percorre os camiños do Xalo: todo o monte no teu móbil - Castelo Deporte Xa está dispoñible ‘Monte Xalo’, a nova app que reúne rutas, patrimonio e servizos deste espazo natural de Galicia.

27/04/2026

⛰️ Así se viviu a XV Travesía do Xalo

Hai días que quedan na memoria, e este foi un deles.

O monte, a xente, o esforzo, as conversas, as risas e a festa. Castelo volveu demostrar que a Travesía é moito máis ca unha proba deportiva.

Son 15 anos de historia, pero sobre todo, son as persoas que a fan posible en cada edición: quen corre, quen camiña, quen anima, quen coida o percorrido e quen fai que todo encaixe. Grazas a todas elas, por manter viva esta forma de entender o monte e a comunidade 💛

🫱🏼‍🫲🏽 Coa colaboración do Concello de Culleredo, Deputación da Coruña, Comunidade de Montes veciñais de Castelo, Emesports Events, Cume Norte e Marathon Running Shop.

🎥 Einibó

A XV Travesía do Xalo, unha edición histórica marcada polo deporte, a emoción e a celebración - Castelo Deporte 26/04/2026

A XV Travesía do Xalo, unha edición histórica marcada polo deporte, a emoción e a celebración ⛰️🏃🏽‍♀️

🌿 Castelo viviu onte unha xornada especialmente significativa coa celebración da décimo quinta edición da Travesía do Xalo, unha cita que, quince anos despois do seu nacemento, confirma o seu carácter como moito máis ca unha proba deportiva.

A XV Travesía do Xalo, unha edición histórica marcada polo deporte, a emoción e a celebración - Castelo Deporte Hoxe tivo lugar a edición máis especial da Travesía do Xalo, combinando deporte, homenaxes, e programación festiva aberta.

Todo o que precisas saber antes da XV Travesía do Xalo - Castelo Deporte 24/04/2026

⛰️ A Travesía do Xalo celebra este sábado a súa edición máis especial.

Aquí tes toda a información práctica para desfrutar da fin de semana en Castelo, prepararte para a proba ou percorrer o monte con tranquilidade 👉🏼

Todo o que precisas saber antes da XV Travesía do Xalo - Castelo Deporte A Travesía do Xalo celebra este sábado a súa edición máis especial. Aquí tes toda a información práctica para desfrutar da fin de semana.

‘Quince anos no monte’: unha viaxe pola historia da Travesía do Xalo - Castelo Deporte 23/04/2026

A exposición ‘Quince anos no monte’, inaugurada o pasado 11 de abril durante a exposición da XV Travesía do Xalo, percorre a historia da proba a través de imaxes e textos que van desde aquela primeira edición de 2010 ata hoxe 💭

‘Quince anos no monte’: unha viaxe pola historia da Travesía do Xalo - Castelo Deporte A exposición ‘Quince anos no monte’ percorre a historia da Travesía do Xalo poñendo en valor quince anos de evolución e memoria en Castelo.

A XV Travesía do Xalo pecha inscricións con case 900 participantes - Castelo Deporte 22/04/2026

Pechan as inscricións da XV Travesía do Xalo con case 900 persoas participantes 🌿

A menos dunha semana da proba, Castelo prepárase para unha edición moi especial, na que se celebran quince anos de historia arredor do deporte, o monte e a comunidade.

A XV Travesía do Xalo pecha inscricións con case 900 participantes - Castelo Deporte A XV Travesía do Xalo pecha inscricións con case 900 participantes e prepárase para unha edición especial que se celebrará o 25 de abril.

'La Travesía do Xalo es una fiesta': quince años de deporte, comunidad y monte en Culleredo 19/04/2026

🗞️ O xornal Acoruñaxa publica esta reportaxe sobre os quince anos da Travesía do Xalo, que celebramos a próxima fin de semana

'La Travesía do Xalo es una fiesta': quince años de deporte, comunidad y monte en Culleredo Álvaro Pérez Becerra, miembro de la directiva de la Asociación Castelo Deporte y vinculado a la organización de la Travesía do Xalo desde su primera edición, repasa la historia, la evolución y el espíritu de una cita ya emblemática en Galicia

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Culleredo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Lg. Castelo/Folgueira
Culleredo
15139