13/06/2024
🏁🏁Por primeira vez nesta temporada o MI Rallye Team vai estar o completo na salida dunha proba! 🏁🏁
Ainda que Ser IR 📝 xa leva varias carreiras este ano acompañando a diferentes pilotos, esta vez toca cerca da casa no 3 Rallymix da Sidra da Estrada a dereita de Miguel no Fiesta R2.
Pero o plato forte é Marcos Maceiras que xa lle tiña ganas a probar un kartcross e desta vez tocoulle.
Da man de Victor Manuel Fernandez
(Autocasion Leiro) vaise sentar nun .es para sobre todo disfrutar e ver as sensacións que transmiten estes pequenos cohetes!! 🏎️💨💥
Estaremos atentos e informando dos resultados dos dous equipos durante o finde!!!
25/12/2023
Que a terra che sea leve compañeiro 😢😢😭
Non pode ser... Hoxe a nosa familia quedou tocada para sempre 😞😞😞
19/11/2023
Dous tramos para finalizar o Rallye Ribeira - Ria de Arousa 💪
Tras a neutralización da primeira pasada por Porto do Son, xa estamos listos para comezar a última sección desta derradeira cita do Campionato Galego de Rallyes.
Mantémonos segundos da Top Ten B e Gara N5 e quintos da xeral scratch.
18/11/2023
Mellores sensacións nas segundas e terceiras pasadas de hoxe sábado ✌️
Na repetición dos treitos de Boiro e Rianxo sentímonos moito máis cómodos cos reglaxes escollidos para o Micra, e poidemos realizar bos cronos, como o cuarto posto na terceira pasada por Boiro.
Actualmente encontrámonos segundos tanto da Top Ten Pirelli B, como da Gara N5 e sextos da xeral 😃
A xornada de domingo marcará a fin do Rallye Ribeira - Ría de Arousa cun total de 4 tramos.
Esperamos vervos a tod@s animando 💪
18/11/2023
Segunda sección en marcha!!
Recuperamos sensacións co Nissan Micra N5, sen complicacións e marchamos 4º da Top Ten B.
Seguimos coa mente posta de estar no parque pechado final e poder terminar a tempada da mellor forma posible!!
21/10/2023
Abandonamos o Rallye San Froilán ❌
Unha vez máis, as cousas non sairon como esperábamos. Cando éramos cuartos da Top Ten B, a menos de catro segundos da segunda plaza, tivemos unha saída de pista no tramo de Láncara.
Afortunadamente, os dous estamos ben, que é o máis importante!
Golpe duro para todo o equipo MI Rallye Team, que trataremos de reverter na última proba do ano, o Rallye Ribeira Ría de Arousa.
21/10/2023
Terminamos os tramos da mañá!!
Como era de esperar encontrámonos uns tramos moi sucios e rotos. Baixamos ata a cuarta plaza da Top Ten B despois dun trompo no tramo do Corgo, pero intentaremos pelexar polo podio nos treitos da tarde.
Seguimos 💪
20/10/2023
Primeira xornada terminada ✅
Dous tramos moi difíciles, nos que o barro foi un invitado especial. Tocounos sufrir pero imos descansar terceiros na Top Ten B, con ganas de mañá loitar pola victoria 🤘🤘
Tempos online 👉 https://www.atodomotor.com/online/2023/sanfroilan
20/10/2023
Co coche listo xa no parque pechado!🏁
Preparados para afrontar a primeira sección deste 45 Rali San Froilán, dúas especiales húmedas e sucias que seguro darán moito que facer! 🌧️🌧️
En 1h arrancamos! 💪