15/09/2026
🛶 PIRAGÜISMO | Clara Mancebo, do Club Piragüismo Dumbría, participou como voluntaria na Final da Copa do Mundo de Slálom
A proba celobrouse este fin de semana na Seu d’Urgell, no Parc Olímpic del Segre.
Clara formou parte do equipo encargado do control das embarcacións ao remate das probas, pesando e medindo os barcos dos competidores para comprobar que cumpren cos requisitos establecidos no regulamento.
Unha experiencia especial, que puido vivir a competición desde dentro e tivo a oportunidade de coñecer e compartir espazo cos mellores piragüistas de slálom do mundo, nun dos grandes escenarios internacionais desta modalidade.
·