Cd Espadana

Cd Espadana Equipo de fútbol do Concello de Xunqueira de Espadanedo que este ano competirá na 2ª autonómica,

ASAMBLEA XERAL INFORMATIVA SITUACIÓN CD ESPADANAConvócase a todos os socios e socias do clube a unha reunión para, funda...
27/07/2023

ASAMBLEA XERAL INFORMATIVA SITUACIÓN CD ESPADANA

Convócase a todos os socios e socias do clube a unha reunión para, fundamentalmente, tratar a situación na que nos atopamos que pon en perigo a continuidade do clube, cando menos, este ano.

Chega xullo, chega o calor...chegan as festas patronais!! E as mais esperadas, as primeiras da contorna, as de Xunqueira...
06/07/2023

Chega xullo, chega o calor...chegan as festas patronais!! E as mais esperadas, as primeiras da contorna, as de Xunqueira!!
Música, diversión, xuntanzas, comidas, bebidas e tamen...deporte!
Fútbol sala feminino o sábado, o tradicional solteiros-casados do luns e por suposto o domingo xoga o Espadana!
Virán acompañarnos os amigos e veciños do CD Maceda en edición verán
Un partido sempre especial, e este ano, se cadra, un chisco mais...
Ven a Festa, ven ao fútbol, ven a Xunqueira!!

Rematou a temporada na segunda autonómica e primeiro de todo, felicitar a Ribadavia, Cented e especialmente aos dous do ...
06/06/2023

Rematou a temporada na segunda autonómica e primeiro de todo, felicitar a Ribadavia, Cented e especialmente aos dous do noso grupo, Rúa e Maceda polo seu ascenso a primeira.
E a nosa temporada? Pois realmente unha gran temporada, a mellor da nosa historia na segunda rexional.
A mellor por posto, sétimos, os primeiros tras ese big six que desde o principio se supuña que eran os que ian loitar polo ascenso.
E a mellor por puntuación, con 43 puntos, froito das 13 vitorias e 4 empates colleitados nos 27 partidos xogados, con 86 goles a favor.
E para estar ben contentos!
Como sempre, o noso agradecemento infinito a todos os aficionados que se acercaron nalgún momento polos Cagallás para animarnos e especialmente a todos os colaboradores, patrocinadores e socios, sen os cales nada sería posible, MOITAS GRACIAS!!!
PD: e para o ano que? Pois para o ano volveremos a intentar que este pequeno, e cada vez mais difícil, milagro de poder sacar cada temporada o equipo con xente, mais ou menos da zona, se repita e seguir dando guerra polos campos da provincia... dezasete anos despois e aquí seguimos, loitando por seguir!!

Derrota contundente en   ante un  gran rival, que conta por goleadas os seus últimos partidos e que foi superior a nos n...
12/05/2023

Derrota contundente en ante un gran rival, que conta por goleadas os seus últimos partidos e que foi superior a nos neste penúltimo partido da temporada, unha temporada que xa se nos está facendo algo longa.
Os erros propios e a calidade do rival levaronnos a unha desventaxa de dous goles no descanso e na segunda parte chegarian outros tres goles, un resultado que non desmerece a gran temporada que estamos realizando, a mellor da nosa historia en segunda autonómica e cosa obxectivos mais que cumpridos
Desexarlle moita sorte ao CD Maceda na promoción de ascenso!

Dúas últimas xornadas da liga e toca, nin mais nin menos, que  .Para despedir a temporada como visitantes desprazamonos ...
06/05/2023

Dúas últimas xornadas da liga e toca, nin mais nin menos, que .
Para despedir a temporada como visitantes desprazamonos a Maceda para visitar o Cardenal Quiroga e a un equipo que leva unha segunda volta verdaderamente impresionante e que apura as opcións para o ascenso directo ou cando menos a mellor posición posible na promoción de ascenso.
Nos, como sempre, coa tranquilidade de extraordinaria campaña realizada iremos a competir o mellor que podamos e intentar dar unha penúltima gran alegría aos nosos seareiros!
Como en todos estes partidos recordar que durante, inimigos e rivais deportivos, e antes e despois, veciños e amigos!
Sorte, deportividade e non mancarse!

Nova xornada de liga e toca visitar aos veciños e amigos  de Parada de Sil para intentar darlle continuidade ao traballo...
25/03/2023

Nova xornada de liga e toca visitar aos veciños e amigos de Parada de Sil para intentar darlle continuidade ao traballo do último encontro e facer un bo partido para traer os tres puntos para a casa.
Sorte deportividade e non mancarse!

Tiñan os nosos ganas de desquitarse da mala actuación precedente e, a pesar dun susto inicial do equipo rival, sairon os...
22/03/2023

Tiñan os nosos ganas de desquitarse da mala actuación precedente e, a pesar dun susto inicial do equipo rival, sairon os nosos a por todas, deste xeito foron chegando os goles ata ese chamativo resultado final.
Desexarlle sorte ao CD Bubal nesta etapa final de temporada e nos a seguir!

Logo da decepción da pasada fin de semana, volve o noso equipo aos Cagallás coa intención de regresar o camiño das vitor...
17/03/2023

Logo da decepción da pasada fin de semana, volve o noso equipo aos Cagallás coa intención de regresar o camiño das vitorias.
O noso rival desta vez, e seguro que non no lo pon nada, pero nada fácil, sera o CD Bubal.
E atención! Porque o partido xogarase maña sábado a partir das 16:30, así que xa sabedes maña aos Cagallás e o domingo a disfrutar do San José e do día do pai e do clásico!.
Sorte, deportividade e non mancarse!

Dirección

Junquera De Espadañedo
32730

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cd Espadana publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría