15/03/2021
Pensábades que o gaélico acabara?? 🤔
Nada máis lonxe!! Estivemos cumprindo as normas e collendo forzas para volver competir neste fermoso deporte! 🏐
A fin de semana que ven comezamos a competición atípica deste ano pero de momento, unhas fotiños do amistoso desta finde en Ourense. 📷
💪🏼
02/05/2020
Bueno xentiña, parece que a volta á normalidade está máis preto 🥳🥳 agora podemos desperezarnos e ir movernos un pouco respectando sempre as franxas horarias e a distancia.
Pero non toleedes! Facédeo !! Aquí deixamos unhas indicacións que poden ser de axuda para a volta ao deporte na rúa.
Moito ánimo e forza!! 💪🏼💪🏼
11/03/2020
🚨AVISO IMPORTANTE🚨
🚨COMUNICADO URXENTE🚨
¡¡Suspendida a competición en toda Galicia de fútbol, fútbol sala e gaélico durante dúas semanas!!
👉https://bit.ly/2Q6vm9f
18/02/2020
PARABÉNS ás compañeiras do Estrela Vermelha F.G. que son as actuais CAMPIOAS de Liga a falta de 3 xornadas!! 🏆
Tempada incrible rapazas!! NORABOA!! 👏👏👏👏
🔴🏐PARABÉNS🏐🔴
Dende A Coruña Fillos de Breogán gustaríanos parabenizar ás compañeiras de Estrela Vermelha F.G. despois de acadar matemáticamente o seu primeiro título de Liga Feminino.
Título máis que merecido despois dunha tempada polo dagora perfecta. A disfrutalo rapazas...
Asociación Galega de Fútbol Gaélico
Gaelic Games Europe
03/02/2020
Esta fin de semana, as FILLAS veñen de gañar ás sempre competitivas mulleres do Turonia GFG 👏👏
Quizáis que parte do equipo fose a relaxarse o venres ao Spa ten algo que ver 🤔 Haberá que falar seriamemte ou, Termaria Casa del Agua? 🤗
17/01/2020
Este domingo as FILLAS desprázanse a Santiago para xogar contras as rapazas do Estrela Vermelha.
Unha vez máis, coma todos os encontros que tiveron de visitantes, non poderán ter o apoio do equipo masculino que teñen que xogar en Gondomar (sorte!), así que vai ti animar ás FILLAS!! 💪🏼 Achégate ao campo de Chaián ás 17:15 do domingo!!
23/12/2019
Disfrutade moito 🥳🥳... e con sentidiño!🤗🥰
🔴🔴GAÉLICAS FESTAS🔴🔴
A modiño, con cabeciña e a pasalo ben. As Fillas e Fillos de Breogán desexámosvos a todos unhas felices e gaélicas festas!
06/12/2019
🔷𝐈𝐌𝐎𝐒 𝐀 𝐙𝐀𝐑𝐀𝐆𝐎𝐙𝐀🔷
Esta fin de semana non hai Liga Galega pero non por iso o gaélico para. Esta fin de semana ás Fillas e aos Fillos de Breogán tócanos facer as maletas de novo e viaxar para participar no 𝗜𝗜 𝗧𝗢𝗥𝗡𝗘𝗢 𝗗𝗘 𝗡𝗔𝗗𝗔𝗟 que organiza Zaragoza GAA.
Alí nos veremos coas amigas e amigos de Gaélicos do Gran Sol, Valencia GAA, Barcelona Gaels Gaa Club e os anfitrións, Zaragoza GAA e así xogar por por primeira vez na nosa historia en Zaragoza.
Que o saibades, que o gaélico non para!.
alhambrabeer
A Cova Céltica
Óptica Mirabén
Leite Rio
Temple Bar - A Coruña
FLINQ
Asociación Galega de Fútbol Gaélico
25/11/2019
Non é hoxe, é sempre. O serve para recordalo pero a loita continua día a día.
Nᴏɴ é ɴᴏɴ!
O 100% das mulleres sufriron, sufren ou sufrirán polo feito de ser muller. Ata cando? Depende de todas as persoas acabar con isto, de todos os gremios, de toda a sociedade.
O 016 non deixa rastro, chama, pide axuda, por ti e pola compañeira.
𝓑𝓪𝓼𝓽𝓪 𝔁𝓪!
⚫️⚫️⚫️【NON】⚫️⚫️⚫️
Contra as violencias machista un berro unánime. Todas xuntas, con carraxe, para que non teñamos que lamentar nunca máis.
Por iso decimos 𝐍𝐎𝐍.
Fillos de Breogán en Negro. Nin unha menos.