CVZalaeta

Cómo llegar Página web

CVZalaeta Club Voleibol Zalaeta Club Instituto Zalaeta.
Actualmente contamos con un equipo en todas las categorías femeninas, desde benjamín hasta senior. ¿Te animas?

A Coruña
Twitter:
Instagram: CVZalaeta
Web: https://voleibolzalaeta.gal

  (0-3) 👋 𝗧𝗿𝗲𝘀 𝘀𝗲𝘁𝘀, 𝘁𝗿𝗲𝘀 𝗽𝘂𝗻𝘁𝗼𝘀Primeira vitoria en tres sets a cero para as de Jorge Barrero, que selaron unha remontad...
10/11/2026

(0-3) 👋 𝗧𝗿𝗲𝘀 𝘀𝗲𝘁𝘀, 𝘁𝗿𝗲𝘀 𝗽𝘂𝗻𝘁𝗼𝘀

Primeira vitoria en tres sets a cero para as de Jorge Barrero, que selaron unha remontada contundente no primeiro parcial para levarse o partido o máis rápido posible na cancha do Estadio Vallehermoso.

Se ben o encontro arrincou de claro dominio local, coas xogadoras de Arthur Cohen acomodadas cunha ampla vantaxa no marcador (16-10 no segundo tempo morto), as nosas non baixaron os brazos e seguiron traballando para recortar distancias. No ecuador final do set, as herculinas empurraron e con pundonor pecharon o primeiro xogo (23-25).

No segundo, aupadas pola vitoria in extremis, mantiveron o ritmo e se fixeron co set sen miramentos (16-25). Xa no terceiro e último, as de Chamberí tentaron forzar o partido, e apuraron as súas opcións até final, pero un saque de punto directo de Claudia pechóulles esa porta, e o encontro por un axustado (22-25).

Seguimos sumando, e xa estamos en cuarta posición da táboa do Grupo C!

📊 Máximas anotadoras do encontro as opostas de ambas escuadras, a nosa Alba e a do equipo local, Álvarez, empatadas a (13) puntos. Inés .i.v.a.ss (11, 4 bloqueos), sígueas en anotación por enriba dos 10 puntos.

🔜 Próxima xornada, primeiro derbi galego da tempada: 🏐

| |

  🤝  Estamos moi felices de anunciarvos un novo convenio de colaboración 🤩 Dende esta tempada iniciamos un acordo de apo...
06/11/2026

🤝

Estamos moi felices de anunciarvos un novo convenio de colaboración 🤩 Dende esta tempada iniciamos un acordo de apoio mutuo entre o 𝗖𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗲𝘀𝘁é𝘁𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹 𝗲 𝗿𝗲𝗵𝗮𝗯𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗼𝗿𝗮𝗹 𝘿𝙀𝙉𝙏𝘼𝙇 𝙈𝘼𝙍𝙏𝙄𝙉 🦷 𝗔𝗟𝗘𝗫𝗔𝗡𝗗𝗥𝗔 𝗡𝗢𝗚𝗨𝗘𝗜𝗥𝗔 e o noso Clube.

🎯 Os beneficios asistenciais desta primeira fase de colaboración divídense en varias partes: asistencia e atención clínica (para o equipo de , o corpo técnico, as xogadoras do Clube a os familiares directos); charlas e accións relacionadas coa saúde bucodental e o deporte; ser a relación referente do Clube dentro do ámbito dental (clínica de referencia), e presencia e comunicación nas redes sociais.

Para máis información,
📲 seguide á súa conta de instagram en
☎️ contactade directamente a través do número de teléfono 981 25 82 02
📍achegádevos a Avenida Rubine núm. 8, 1º piso (A Coruña)

Estade atent@s, que isto acaba de comezar 💙🦷

  🏐 𝙎𝙪𝙥𝙚𝙧𝙡𝙞𝙜𝙖 (2) 𝙁𝙚𝙢𝙚𝙣𝙞𝙣𝙖Este sábado nos reciben no Estadio de Vallehermoso as madrileñas do Chamberí, novenas clasific...
06/11/2026

🏐 𝙎𝙪𝙥𝙚𝙧𝙡𝙞𝙜𝙖 (2) 𝙁𝙚𝙢𝙚𝙣𝙞𝙣𝙖

Este sábado nos reciben no Estadio de Vallehermoso as madrileñas do Chamberí, novenas clasificadas a 3 puntos de distancia, nun duelo chave para as aspiracións das do Instituto de seguir crecendo:

🗓️ Xornada 6
🆚
⌚️19h00
📍Estadio Vallehermoso (Chamberí, Madrid)

Toda a sorte do mundo 💙

📸:

| |

  🌟 𝗠𝗩𝗣 Na súa designación semanal das xogadoras máis valiosas da xornada, a EsVóley escolleu para esta 5ª ocasión á nos...
04/11/2026

🌟 𝗠𝗩𝗣

Na súa designación semanal das xogadoras máis valiosas da xornada, a EsVóley escolleu para esta 5ª ocasión á nosa capi como a premiada do Grupo C.

Os números falan por si sós:
📊 27 puntos
💥 21 de ataque cun 43% de efectividade
💣 4 ACE’s
🧱 2 bloqueos

Pero máis aló dos números, isto é un recoñecemento á constancia e á recuperación. Un dos nomes propios da liga dende fai moitas tempadas xa, que até esta xornada non puido ter unha participación completa a causa dunha lesión no tríceps, da que xa está plenamente recuperada. Que bonito terte de novo no campo, Alba 💙

E por si fora pouco, a MVP estivo onte de cumple e cambio de década, parabéns Alba Quirós Valle 🎂🤍

📸: Alba Torres 🌈

💙 𝗙𝗢𝗧𝗢𝗦 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗜𝗦 Clube Instituto Zalaeta 26/27Por orden de aparición, categoría e idade, presentámosvos a cada equipo, e...
04/11/2026

💙 𝗙𝗢𝗧𝗢𝗦 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗜𝗦 Clube Instituto Zalaeta 26/27

Por orden de aparición, categoría e idade, presentámosvos a cada equipo, entrenador/a e á súa madriña de Superliga-2 🥁 🥁 🥁

▫️Benxamín grupo B 🐣 con Inés e Aitana
▫️Benxamín grupo A 🐣 con Lucía e Andrea
▫️Alevíns grupo C, con Inés e Claudia
▫️Alevíns grupo B, con Giselle e Clara
▫️Alevín grupo A (1ª Div Galega), con Pablo e Lara
▫️Infantil Escolar, con Rebeca e Claudia
▫️Infantil B (3ª Div. Galega), con Pablo e Noa
▫️Infantil A (1ª Div. Galega), con David [e Alba]
▫️Cadete C + D (4ª Div. Galega), con Pablo e Rebeca [e Susana]
▫️Cadete B (2ª Div. Galega), con Luis e Tania
▫️Cadete A (1ª Div. Galega), con Tania e Carla
▫️Xuvenil B (3ª Div. Galega), con Isa e Carla
▫️Xuvenil A (1ª Div. Galega), con Andrea e Jimena
▫️Veteráns, con Andrea
▫️
▫️Corpazo técnico 🛠️🔩🪜 [arriba] Fer, Giselle, Jorge, Tania, Luis, Andrea, Lucía, Emilio, Isa e [abaixo] Claudia, Pablo, Rebe, David e Inés

Grazas a todas e todos por vir e participar, e sobre todo, facer historia xuntxs 💙

1, 2, 3,…

Dende 1975 co voleibol 🏐

📸: Pedro Rivas

  (3-2) 💙 𝗩𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗻𝗼 𝘁𝗲𝗿𝗰𝗲𝗶𝗿𝗼 𝘁𝗶𝗲-𝗯𝗿𝗲𝗮𝗸 𝗱𝗼 𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼Xa o dixéramos e o repetimos: esta liga non é apta para cardíacos! A xor...
02/11/2026

(3-2) 💙 𝗩𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗻𝗼 𝘁𝗲𝗿𝗰𝗲𝗶𝗿𝗼 𝘁𝗶𝗲-𝗯𝗿𝗲𝗮𝗸 𝗱𝗼 𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼

Xa o dixéramos e o repetimos: esta liga non é apta para cardíacos! A xornada 5 rematou esta fin de semana para o Grupo C con tres tie-breaks máis, e as nosas foron as protagonistas do primeiro en resolverse: Zalaeta 3, Sestao 2.

O partido tivo dúas caras, ou dúas versións: unha de igualdade entre ambas escuadras, e outra de claro dominio coruñés do xogo e do marcador. O primeiro e o terceiro set correspóndesense con esa cara A: caeron os parciais do lado visitante e pola mínima (24-26, 23-25), cun gran traballo defensivo por parte das xogadoras de P**i Blanco, que souberon frear o ataque das nosas e apretarnos co saque.

A cara B do partido vímola nun segundo set excepcional (25-11) no que as do Instituto levaron a batuta do xogo cunha gran labor de K2 entre o saque e o bloqueo. No cuarto, que repetía a mesma dinámica do segundo (con parciais 16-10, 21-13) as visitantes lograron maquillar o resultado grazas a un maior acerto nos compases finais da man de erros non forzados por parte das nosas (25-19).

E así nos marchamos ao terceiro desempate do que levamos de tempada, no que unha inspirada e arrolladora Alba sentenciou o partido dende o pitido de inicio: 6 puntos e un 63% de ataque servíronlle no quinto set para aupar ao seu equipo á vitoria (15-7).

Dous puntos e unha vitoria máis!

📊 Máxima anotadora do encontro a capitana: (27) puntos para Alba (43% ef. at., 2 bloqueos, 4 ACE's), ben secundada polas súas compañeiras, superando en anotación os 10 puntos cada unha delas: (15) puntos para Carla e Inés .i.v.a.ss (3 bloqueos, 3 ACE's), (14) para (cun 54-50% en recepción) e (12) para Andrea (6 bloqueos). Por parte das visitantes, (18) puntos e segunda máxima anotadora, a receptora Uxue Mateos.

🔜 Próxima xornada, volvemos subirnos ao bus destino Madrid (19h00): 🏐

| |

  🩵 Axenda da fin de semana!Pleno de partidos na casa esta fin de semana de 🧙‍♀️ 𝓢𝓪𝓶𝓪í𝓷 🎃 contra o Arenal Arenal Emevé e...
30/10/2026

🩵 Axenda da fin de semana!

Pleno de partidos na casa esta fin de semana de 🧙‍♀️ 𝓢𝓪𝓶𝓪í𝓷 🎃 contra o Arenal Arenal Emevé e o A.D. Xiria Voleibol

📊 Resultados da xornada pasada en Narón e Vigo tamén dispoñibles!

🪩 Lembrade que a tarde do sábado queda reservada para a 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗗𝗢 𝗖𝗟𝗨𝗕𝗘 ás 17h00 no Barrio das 💐

Moita sorte a todas 💙

| Xunta de Galicia Deporte Galego ABANCA corunadeportes Concello da Coruña Federación Galega de Voleibol EsVóley iQuality Alexandra Nogueira • Dental Martín |

  🏐 𝙎𝙪𝙥𝙚𝙧𝙡𝙞𝙜𝙖 (2) 𝙁𝙚𝙢𝙚𝙣𝙞𝙣𝙖Volvemos a casa, volvemos ao Barrio das 💐  nunha xornada coa axenda cargada:[17h00] ➡️ 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧...
29/10/2026

🏐 𝙎𝙪𝙥𝙚𝙧𝙡𝙞𝙜𝙖 (2) 𝙁𝙚𝙢𝙚𝙣𝙞𝙣𝙖

Volvemos a casa, volvemos ao Barrio das 💐 nunha xornada coa axenda cargada:

[17h00] ➡️ 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 (2026/2027) 𝘾𝙡𝙪𝙗𝙚 𝙄𝙣𝙨𝙩𝙞𝙩𝙪𝙩𝙤 𝙕𝙖𝙡𝙖𝙚𝙩𝙖
[19h00] ➡️ 𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗼 correspondente á 5ª xornada de Superliga-2 🆚
[Post-partido] ➡️ Celebración do 🧙𝓢𝓪𝓶𝓪í𝓷🎃

Esperámosvos 💙

| |

  (3-1) ❌ Primeira derrota sen puntuarA volta de Sevilla das do Instituto foi de mans baleiras, aínda que a piques estiv...
26/10/2026

(3-1) ❌ Primeira derrota sen puntuar

A volta de Sevilla das do Instituto foi de mans baleiras, aínda que a piques estiveron, unha vez máis, de verse xogando un tie-break.

Nunha cancha que xa predecíamos difícil, o Mairena púxoo aínda máis difícil para poder regalarlle ás súas bancadas unha vitoria no seu estreo como locais este curso. E conseguíronno.

A chave do partido estivo, quizais, nun saque local á par efectivo que arriscado. Os 21 erros das andaluzas no servicio non paliaron a súa eficiencia, conseguindo poñer en serios apuros ás de Jorge Barrero na liña de recepción. As porcentaxes de eficiencia no primeiro toque (que non se reflicten correctamente nas estatísticas do ) non permitiron ás nosas colocadoras xogar cómodas en ningún momento dende a rede, dificultando a entrada das centrais en xogo e o ataque en condicións dende as bandas nos dous primeiros sets (25-16, 25-17).

No terceiro, máis acomodadas xa na pista, o Zalaeta conseguiu apurar as súas opcións e facerse co parcial (22-25) para intentar no cuarto a fazaña de forzar o desempate. Neste último set, a pesar de ir a remolque, na fase final tivemos un espellismo de case-quinto. Maila todo, erros non forzados das nosas acompañaron un maior acerto rival para que a vitoria e os tres puntos ficasen en Mairena de Aljarfe.

📊 Máximas anotadoras as puntas locais, Gutiérrez e Sembene (21 puntos), seguidas por parte das nosas cos (9) de Alba que volveu á pista despois da súa lesión. A mellor noticia da fin de semana: benvida de novo, capi 💙

📸: .snap

🔜 Próxima xornada, volvemos a casa, volvemos ao 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗶𝗼 (19h00): 🏐 a continuación da 𝙋𝙧𝙚𝙨𝙚𝙣𝙩𝙖𝙘𝙞ó𝙣 𝙊𝙛𝙞𝙘𝙞𝙖𝙡 𝙙𝙤 𝘾𝙡𝙪𝙗𝙚 (17h00) e antesala da noite de 🧙‍♀️𝓢𝓪𝓶𝓪í𝓷🎃

| |

  🩵 Axenda da fin de semana!Esta vez si: estreo de todos os equipos das tres primeiras divisións do   🏐 esta fin de sema...
23/10/2026

🩵 Axenda da fin de semana!

Esta vez si: estreo de todos os equipos das tres primeiras divisións do 🏐 esta fin de semana entre Narón e Vigo.

Despois dunha primeira xornada de bos resultados, coas vitorias do cadete A, xuvenil B, júnior e alevín, este sábado arrinca a competición tamén para os equipos infantil B (Terceira División) e cadete B (Segunda División).

🚍 Os autobuses destino Narón (sábado) e domingo (Vigo) farán a súa saída, coma sempre, dende a Rúa Hospital/Zalaeta.

Moita sorte a todas 💙

| |

Dirección

La Coruña

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CVZalaeta publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría