09/09/2026
🔥 XA ESTÁ AQUÍ O CALENDARIO DA TEMPADA 2026/2027! 🔥
A espera rematou. Xa temos a folla de ruta para unha nova batalla na Segunda Futgal. Meses de entrega, esforzo e paixón defendendo a nosa camiseta campo a campo. ⚽️🖤💛
O vindeiro 13 de setembro volve rodar o balón no noso campo contra o Rodeiro C.F. Queremos ver as bancadas cheas, empuxando dende o primeiro minuto ata o último segundo. Porque este calendario non son só datas e rivais: é a historia que imos escribir xuntos esta tempada.
Cando xogamos na casa, xogamos con doce. Cando nos toca viaxar fóra, levamos o nome de Agolada con orgullo a calquera cantón. Caia quen caia, este grupo vai deixar a alma en cada balón divido.
💥 UN EQUIPO, UN POBO, UN ESCUDO. 💥
Garda esta imaxe, marca as datas na túa axenda e prepárate para vibrar connosco.
Menciona nos comentarios a quen vas levar contigo ao primeiro partido e deixa a túa mensaxe de apoio ao equipo! 👇💪