C.B. Paiosaco

C.B. Paiosaco Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de C.B. Paiosaco, Deportes, Laracha.

Este domingo temos liorta en Coruña. Xogaremos contra os primeiros clasificados da liga.
20/12/2025

Este domingo temos liorta en Coruña.
Xogaremos contra os primeiros clasificados da liga.

Mañá tes unha cita co baloncesto de taberna. Dous equipos da máis alta calidade enfrontaranse no Alfredo Brañas Palace o...
27/11/2025

Mañá tes unha cita co baloncesto de taberna.
Dous equipos da máis alta calidade enfrontaranse no Alfredo Brañas Palace o venres ás 20:30h. Na táboa de clasificación estamos un posto por riba dos arteixáns.

Agardámoste!

Mañá temos un importante partido contra Santo Domingo de Betanzos. Temos unha oportunidade para sumar outra vitoria na t...
22/11/2025

Mañá temos un importante partido contra Santo Domingo de Betanzos.
Temos unha oportunidade para sumar outra vitoria na táboa.
Agardamos o teu apoio en Betanzos, no complexo deportivo O Carregal. Domingo ás sete da tarde.

Xa sabes qué facer esta tarde, non? 😏😏Agardámoste no Alfredo Brañas Palace ás 6 da tarde. non te perdas este partidazo.
15/11/2025

Xa sabes qué facer esta tarde, non? 😏😏
Agardámoste no Alfredo Brañas Palace ás 6 da tarde. non te perdas este partidazo.

VOLVE O BALONCESTO AO ALFREDO BRAÑAS PALACE!!🔥🔥🔥Tras un par de semanas sen poder deleitar aos nosos siareiros co noso xa...
31/10/2025

VOLVE O BALONCESTO AO ALFREDO BRAÑAS PALACE!!🔥🔥🔥

Tras un par de semanas sen poder deleitar aos nosos siareiros co noso xa clásico , voltamos a xogar no noso feudo. E con moitas novidades! A máis importante é recuperar a metade da plantilla que se lesionou, e que nos fixo xogar moi lastrados os primeiros partidos da tempada, contra varios dos equipos máis duros da liga...e ahora tócanos contra outro, la casualidá...😅😅

Partido moi importante no que tentaremos asentar o noso , sacar un bo resultado que nos permita escalar posicións na clasificación e o mais importante de todo...QUE NON SE NOS LESIONE NINGUÉN MÁIS! Que din que a idade é só un número...pero os nosos xogadores son cada vez máis pupas...🤣🤣🤣

Asique xa sabedes!! Se o voso plan é pasar o domingo na casa rascando a barriga...ven ao BRAÑAS PALACE! Ides a poder rascar a barriga tamén, pero seguro que ademáis vos rides un pouco!! DOMINGO AS 17:00!! AGARDAMOSTE!!!💚💚💚

Posi nada, se non chegou co partido de hoxe, mañá temos outro, pero esta vez en Lugo, Rábade. Agradécese que algunha alm...
24/10/2025

Posi nada, se non chegou co partido de hoxe, mañá temos outro, pero esta vez en Lugo, Rábade.

Agradécese que algunha alma caritativa traia chocolate quente nun termo para que os nosos xogadores, ou o que queda deles, poidan tomar un groliño desa pócema máxica, disque vai facer algo de frío. Ahh! Trae mantiñas.

Veña, sorte.

Dixeronme que neste post non fora tan pesimista. Disque a culpa dos lesionados é do comuniti manaller. Manda carallo. Al...
23/10/2025

Dixeronme que neste post non fora tan pesimista.

Disque a culpa dos lesionados é do comuniti manaller. Manda carallo.

Aló vamos...vente a ver ao C.B. Paiosaco xogar contra o... espera que miro.
Ahh si, contra estes da Coru neno. Os de ADFRO, que eu pensei que terían todos o pelo afro pero non, son todos baixiños e brancos coma a neve.

O dito.... se queres vir, estamos por alí, no pavillon de cocheiras...

Venres, ás oito menos dez. Vente, xa verás vaia risas. Eles non sei cantos son, pero nós creo que levamos a catro xogadores, o resto, estamos todos lesionados.

Vamos verdes 🤣🤣

Xa estamos de volta, este ano somos menos, pero en peso total somos máis masa, xa sabedes, é coma mellor se pasa. Non es...
09/10/2025

Xa estamos de volta, este ano somos menos, pero en peso total somos máis masa, xa sabedes, é coma mellor se pasa.

Non esperaredes gran cousa da nosa performance este ano. Se vides aos nosos partidos, traédevos un sudoku, vai estar máis interesante.

Comezamos a liga xa con dous lisiaos a pesares das boas prácticas do noso míster de facernos quecer ben.

Quen dixo pesimismo? Arriba o equipo do pobo 🤪🤪

Ahh por certo, tedes unha cita co Paiosaco team basketball no Alfredo Brañas Palace, poñeremos algo de Bad Bunny e Maluma.

Esta tarde, partidazo en Paiosaco ás 19:00h no Alfredo Brañas Palace.Necesitamos a túa presencia e apoio para gañarlle a...
30/03/2025

Esta tarde, partidazo en Paiosaco ás 19:00h no Alfredo Brañas Palace.

Necesitamos a túa presencia e apoio para gañarlle a un dos gallos da liga.
Agardámoste!

Este domingo temos un encontro decisivo e necesitamos máis que nunca que nos veñas a apoiar. Estaremos no Alfredo Brañas...
15/03/2025

Este domingo temos un encontro decisivo e necesitamos máis que nunca que nos veñas a apoiar. Estaremos no Alfredo Brañas Palace no que intentaremos remontar o encontro de ida, que tivo un resultado desfavorable para o equipo do pobo.

Agardámoste en Paiosaco ás 19:15 para un partido realmente interesante.

Dirección

Laracha
15145

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando C.B. Paiosaco publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a C.B. Paiosaco:

Atajos

Compartir

Categoría