Club Aromon Pontevedra

Club Aromon Pontevedra Club sen ánimo de lucro que traballa no eido dos deportes de montaña, escalada e orientación depo https://aromon.es/contacto/

Outro ano máis os montes de Forgoselo acolleron o Campionato Galego de Longa distancia de carreiras de orientación, orga...
14/09/2026

Outro ano máis os montes de Forgoselo acolleron o Campionato Galego de Longa distancia de carreiras de orientación, organizado polo club Club de Montaña Ártabros.

Foi a primeira xornada de competición na Federación Galega de Orientación tras o parón do verán, nun mapa no que todos os orientadores desfrutan de percorrer.

Os nosos deportistas acadaron as seguintes posicions:

🥉3ros Clasificados:
F-18 Sira Rodríguez
M-45 Javier Alvelo
F-55 M Luisa Sánchez

🥈Subcampións Galegos
F-21 Sainza Barroso
F-35 Carla Veiga

🥇Campións Galegos
M-21 Daniel Garcia Carod
M-35 Ángel Álvarez Serto

🏆 Na categoría absoluta senior masculina e feminina , os campions galegos foron os nosos corredores Mateo Rodríguez e Teresa Bellón.

Mañá continuamos a competición ca proba organizada polo club Liceo de A Coruña.

Un ano máis, poñemos broche final ao verán coa actividade familiar de montaña no Xurés. Un finde de sendeirismo, río, ca...
31/08/2026

Un ano máis, poñemos broche final ao verán coa actividade familiar de montaña no Xurés. Un finde de sendeirismo, río, cartas, paseos, camping e moi boa compañía para aproveitar estes últimos días de vacacións. 🏘️🏞️🥾

Coasteering – Aventura na costa 💦Saída ás 9:00h dende Pontevedra. Punto de encontro e inicio na praia de Canelas.🗺️ Acti...
23/08/2026

Coasteering – Aventura na costa 💦

Saída ás 9:00h dende Pontevedra. Punto de encontro e inicio na praia de Canelas.

🗺️ Actividade de dificultade moderada. Duración aproximada: 4 horas. As viaxes de ida e volta farán que a actividade se alongue mais aló do mediodía. Os horarios e a actividade están suxeitos ao nivel da marea e ao estado da mar. A previsión de comezo é ás 10:30 horas aproximadamente (recoméndase vir ben almorzado).

🎒 MATERIAL: Casco (obrigado) e neopreno (obrigado), calzado con bo agarre (botas ou zapatillas). O Club pode proporcionar casco a aquel que non posúa, existen a disposición un número limitado de neoprenos curtos e longos (recoméndase longo).

⚠️OBRIGATORIO: Saber nadar. Os menores de idade (16 e 17 anos) terán que vir acompañados de titor/a responsable.

💲O CUSTO INCLÚE: Guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios

As dúbidas resolveranse con Angel por correo-e [email protected] ou por whatsapp no teléfono 609 454 110.

Inscricións na nosa web 📝

Seguimos aproveitando o verán como máis nos gusta! Desta volta trasladámonos ata O Rosal para desfrutar dunha actividade...
20/08/2026

Seguimos aproveitando o verán como máis nos gusta! Desta volta trasladámonos ata O Rosal para desfrutar dunha actividade de barranquismo no Rego do Sal. 💦

MONTAÑISMO FAMILIAR - Xurés e Río Caldo ☀️📍Lugar: O Xurés (Lobios-Entrimo)👥Organiza: Carmen Iglesias e Manuel Beloso🗓️Sa...
12/08/2026

MONTAÑISMO FAMILIAR - Xurés e Río Caldo ☀️

📍Lugar: O Xurés (Lobios-Entrimo)
👥Organiza: Carmen Iglesias e Manuel Beloso
🗓️Saída.- Sábado 29 dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra ás 9:30 h

Desenvolvemento.- Faremos viaxe o mesmo sábado 2 (2 ½ horas aprox.) ata as inmediacións do río Caldo. Baño e xantar á beira do río. Marcharemos arredor das 19:00 h ao Camping Viña Grande, cear e durmir. 🏕️
O domingo 30 pola mañá tralo almorzo faremos unha pequena camiñada ata as pozas da Corga da Frecha (ou algún roteiro similar), onde nos bañaremos e xantaremos, baixada de volta e retorno arredor das 18:00 h para chegar a Pontevedra contra ás 21:00 h. 🥾💦

Inclúe organización, cea do sábado, pernocta do sábado en bungalow camping Viña Grande, almorzo do domingo e seguro para Non Federado. DESPRAZAMENTO e resto de comidas por conta do participante. 🚘🥪

Material necesario.- Gorra, crema solar, roupa de baño, calzado para auga (chanclas pechadas na taloneira para bañarse no río cheo de cons), chuvasqueiro se o tempo o precisa, calzado e roupa para camiñar, algo de roupa de abrigo e moitas gañas de desfrutar.

Máis información e inscripcións na web. 📜

Os nosos rapaces e rapazas da escola de escalada de verán desfrutando das vías exteriores e o bo tempo 🧗☀️
05/08/2026

Os nosos rapaces e rapazas da escola de escalada de verán desfrutando das vías exteriores e o bo tempo 🧗☀️

Barranquismo: O Rosal – O Rego do Cal 🏞️Actividade de dificultade moderada, con duración aproximada de 4 horas. As viaxe...
04/08/2026

Barranquismo: O Rosal – O Rego do Cal 🏞️

Actividade de dificultade moderada, con duración aproximada de 4 horas. As viaxes de ida e volta poden facer que a actividade se alongue mais alo do mediodía. A previsión de comezo é ás 10:30 horas aproximadamente (aconséllase vir ben almorzado). O barranco da actividade pode variar polas condicións do río. 💦

Prazas limitadas.- Idade mínima de 16 anos (acompañado), os menores de idade terán que vir acompañados de titor/ora maior de idade. 👥

Material individual necesario.– Casco (obrigado), neopreno (obrigado), calzado con bo agarre (botas ou zapatillas), arnés, mosquetón e descensor. 🎒

IMPORTANTE ‼️
O Club porá a disposición dos participantes o material colectivo necesario, material individual até fin de existencias. Aconséllase traer todo o material individual posible.
É obrigatorio saber nadar.

Mais INFO contactar con Angel no correo-e [email protected] ou no teléfono 609 454 110 (whasapp).ℹ️

Inscripcións na web. 📜

Sendeirimo en Pontemaceira. Unha agradable xornada en boa compañía con praia fluvial incluída, q mellor plan para estes ...
03/08/2026

Sendeirimo en Pontemaceira. Unha agradable xornada en boa compañía con praia fluvial incluída, q mellor plan para estes días de verán? 😉🥾💦

Fantásticas fotos que nos chegan dende a Costa da Vela 🪸🌊Activiade de coastering - Domingo 26 de Xullo
28/07/2026

Fantásticas fotos que nos chegan dende a Costa da Vela 🪸🌊

Activiade de coastering - Domingo 26 de Xullo

SENDEIRISMO - Ponte Maceiras e Río Tambre 🥾Monitores: Segundo Querejeta e Ramona Abellas.🚘Saída: Ás 09:00 h dende o Pavi...
27/07/2026

SENDEIRISMO - Ponte Maceiras e Río Tambre 🥾

Monitores: Segundo Querejeta e Ramona Abellas.

🚘Saída: Ás 09:00 h dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra.
🚶‍♀️‍➡️Inicio do Roteiro: Ponte Maceira (Ames) a 63 Km de Pontevedra

ℹ️ Ponte Maceira, un dos pobos máis bonitos de España, une os municipios de Negreira e Ames separados polo Río Tambre.
Iniciamos o roteiro en Ponte Maceira, atravesando a ponte (datado do século XIII) e o Pazo de Baladrón penetrámonos no “bosque máxico”, cheo de castiñeiros, carballos, piñeiros e outras especies autóctonas. Tras finalizar este primeiro tramo o roteiro condúcenos a marxe do río Tambre. O carreiro acompaña ao río, ancho, caudaloso e silencioso. O río escóndese tras unha beira con abundante vexetación que nos permite desfrutar de forma moi intermitente das vistas do río Á altura de Portochán a ponte permítenos cambiar de marxe e iniciar o regreso. Na área recreativa de Tapia aproveitaremos para comer e se o tempo acompaña darnos un baño.
A volta acompañando o descenso do río realízase por carreiros, algún tramo estreito e sinuoso, e outros veces ancho e doado de camiñar.

🔶DIFICULTADE: Baixa, aproximadamente 22 km.🔶

Máis información e inscripcións na web. 📜

Dirección

Municipios De Entrimo, Lobios, Lobeira Y Muiños Hasta La Frontera Con Portugal
Lovios

Horario de Apertura

Jueves 20:30 - 21:30
Viernes 20:30 - 21:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club Aromon Pontevedra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría