Club Orientación Compás

Club Orientación Compás

Compartir

Club Orientación Lugo
🏃‍♂️🏃🚴‍♂️🚴‍♀️🧭🗺

Photos from Club Orientación Compás's post 04/06/2026

III Troféu ORI BTT “Duarte Lourenço” – Loulé 2026 🇵🇹

A pasada fin de semana celebrouse en Loulé o III Troféu ORI BTT “Duarte Lourenço”, unha cita internacional que reuniu a orientadores de España e Portugal en tres esixentes etapas: Sprint, Distancia Media e Distancia Longa, formando parte ademais do Campionato Ibérico.

O noso club estivo representado por varios corredores que volveron demostrar un gran nivel competitivo, acadando excelentes resultados ao longo da fin de semana.

🏅 Distancia Media
🥉 José Manuel Fernández – 3º en H-50
🥇 Sonia Gómez – 1ª en F-50
🥈 Francisco Varela – 2º en H-60

🏅 Sprint
5️⃣ José Manuel Fernández – 5º en H-50
🥇 Sonia Gómez – 1ª en F-50
🥇 Francisco Varela – 1º en H-60

🏅 Distancia Longa
7️⃣ José Manuel Fernández – 7º en H-50
🥇 Sonia Gómez – 1ª en F-50
9️⃣ Francisco Varela – 9º en H-60

Noraboa tamén ao resto de deportistas presentes na proba e grazas á organización por sacar adiante un evento de gran nivel nun escenario espectacular.

Photos from Club Orientación Compás's post 04/06/2026

Liga Galega Sprint e Liga Trail-O – Oleiros 2026

Esta fin de semana disputouse en Oleiros a 2ª e 3ª Proba da Liga Galega Sprint e a 2ª Proba da Liga Trail-O, nunha xornada de orientación marcada pola competitividade, o bo ambiente e un gran nivel de participación.

Dende o club queremos felicitar a todos os nosos deportistas polo seu esforzo e compromiso, así como agradecer á organización e ás entidades colaboradoras o traballo realizado para sacar adiante a proba.

👏 Parabéns especialmente aos nosos corredores que acadaron posto de podio:

🥇 Estrella Lamela – 2ª clasificada en F-18
🥇 Concepción González – 1ª clasificada en F-45
🥉 Diana Ferrer – 3ª clasificada en F-45
🥉 Alberto Lamela – 3º clasificado en M-45

Noraboa tamén ao resto de integrantes do club polos seus resultados e por seguir representando os nosos colores con tanto esforzo e ilusión. Seguimos sumando experiencias, aprendizaxe e bos momentos no monte.

Photos from Club Orientación Compás's post 24/05/2026

🚵‍♀️🇪🇸 Os nosos corredores xa están en Almeida para disputar o Campionato de Europa de MTBO 2026 representando á selección española.

Moi orgullosos de contar con tres representantes do noso club nesta gran cita internacional ❤️💪 .rodrigueez

Moitas grazas ao apoio das administracións e entidades que fan posible seguir medrando no deporte:


Agora toca desfrutar da experiencia e dalo todo en carreira 🔥🚴‍♀️

📍Almeida 🇵🇹

17/05/2026

Parabens a todos!! Moitas grazas polo apoio das administracións que fan que tres dos participantes sexan do noso club.

10/05/2026

Este fin de semana tamén tivemos representación do club no VII Trofeo Quijotes MTBO, celebrado en Villa de Ves (Albacete), dentro do Campionato de España Ultra Score MTBO 2026 💪

Queremos felicitar á nosa corredora Fernanda polo magnífico 🥈 segundo posto conseguido na competición, representando ao club nunha proba de gran nivel 👏🔥

Parabéns tamén ao resto de corredores do club pola súa participación e esforzo durante toda a xornada 🙌

E grazas á organización polo traballo realizado e por sacar adiante unha proba deste nivel 🚴‍♀️🧭

Photos from Club Orientación Compás's post 10/05/2026

Este sábado o club estivo presente na 4ª Proba da Liga Galega de O-PÉ Distancia Media, celebrada en Liáns (Oleiros), desfrutando dunha gran xornada de orientación nun entorno espectacular entre bosque e costa 🏃‍♂️🏃‍♀️🗺️

Os nosos corredores volveron demostrar o gran traballo e esforzo que hai detrás de cada adestramento, conseguindo moi bos resultados e varios postos de podio 👏🔥

🏆 Resultados destacados na proba:
🥇 Antón Martínez — 1º en M-18
🥈 Andrea García — 2ª en F-18
🥉 Estrella Lamela — 3ª en F-18
🥈 Sonia Gómez — 2ª en F-45
🥉 Diana Ferrer — 3ª en F-45
👏 María Josefa Sánchez — 6ª en F-45

Ademais, durante a xornada realizouse a entrega de premios da Liga Galega de Sprint 2025, na que varios membros do club foron recoñecidos polos seus resultados da tempada 🏅

🥇 Francisco Varela — Ouro en M55
🥇 Sonia Gómez — Ouro en F45
🥈 Conchi González — Prata en F45
🥈 Estrella Lamela — Prata en F18
🥈 André García — Prata en F-16

Parabéns a todas as persoas do club polos resultados e por seguir representando ao equipo con tanto esforzo e ilusión 💪🧭

Grazas tamén á organización de Liceo, Ártabros e Gallaecia Raid polo traballo realizado durante toda a xornada 🙌

Photos from Club Orientación Compás's post 04/05/2026

Nuestro club ha estado presente en el Campeonato Ibérico Femenino celebrado en Alcácer do Sal, en un entorno espectacular y con un gran nivel competitivo, donde nuestras deportistas volvieron a demostrar su compromiso y pasión por este deporte

🏆 1ª Sonia Gómez Naya en categoría F-50
🥈 2ª Concepción González Bello en categoría F-55

Más allá de los resultados, nos quedamos con el esfuerzo y la superación. Cada competición es una oportunidad para crecer, aprender y seguir disfrutando del camino.

Queremos también agradecer a la organización: Club Coala, por el gran trabajo realizado y por hacer posible un evento de este nivel

Orgullosos de representar a nuestro club y de ver cómo el trabajo diario da sus frutos

¡Enhorabuena a nuestras campeonas! 👏
Seguimos sumando experiencias y éxitos.

Photos from Federación Galega de Orientación's post 29/04/2026

👟 Santiago de Compostela acolleu o pasado sábado 21 dúas probas da Liga Galega de Sprint organizadas polo Club de Orientación Compás

📸Deixámosvos algunhas fotos da xornada realizadas por Rodrigo Rodríguez

🔗Resultados e máis info en https://fegado.es/events/

Photos from Club Orientación Compás's post 27/04/2026

Esta fin de semana disputouse a proba de MTBO da Liga en Valdelatas (Madrid), nun entorno espectacular que puxo a proba tanto a técnica como a resistencia de todas e todos os participantes.

Queremos dar as grazas ao Club Imperdible pola excelente organización do evento, coidando cada detalle e ofrecendo unha competición de gran nivel.

En canto aos resultados, destacamos a brillante actuación dos nosos deportistas: Sonia Gómez Naya, que acadou un merecidísimo 1º posto; Francisco Varela Lorenzo, que subiu ao podio cunha fantástica 2ª posición; e Rodríguez, tamén cunha gran 2ª posición.

Parabéns a todas e todos os participantes e a seguir sumando quilómetros e bos resultados!

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Lugo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Lugo
27002