29/04/2026
Liga Galega de Xadrez
🏁♟️ O Concelleiro de Deportes Jorge Busto e o adestrador Pablo Castro fixeron o saque de honra na última partida da liga! 🙌
Ademais, o concelleiro estivo seguindo de preto as partidas, vendo os diferentes equipos que competían e falando co noso compañeiro Aleksa Strikovich.
🥉 E que alegría! O equipo da Escola Luguesa de Xadrez rematou 3º na máxima categoría e foi o equipo revelación desta edición. 💪🔥
Parabéns a todo o equipo! 🎉 Grazas por acompañarnos e apoiar o deporte na cidade. 💚💚
♟️ ❤️
29/04/2026
⛹️♀️🎨♟🏀🏸🛝CAMPAS DE XADREZ E MOITO MÁIS ¡💚💚💚💚
1ª: do 22 ao 26 de xuño (prazo final: 21 de xuño)
2ª: do 29 de xuño ao 3 de xullo (prazo final: 28 de xuño)
3ª: do 6 ao 10 de xullo (prazo final: 5 de xullo)
4ª: do 13 ao 17 de xullo (prazo final: 12 de xullo)
5ª: do 20 ao 24 de xullo (prazo final: 19 de xullo)
6ª: do 27 ao 31 de agosto (prazo final: 26 de xullo)
7ª: do 3 ao 7 de setembro (prazo final: 28 de agosto)
Un campamento urbano de xadrez e moitas máis, con actividades dirixidas a cada grupo de idade, con actividades lúdicas, manualidades e tempo libre e festa da auga para os máis pequenos e actividades deportivos, xadrez, manualidades, festa da auga e xogos cooperativas para os grupos de maiores. Todas as actividades levan a cabo no CEIP ILLA VERDE.
Lugar:*CEIP ILLA VERDE.Roi Xordo, 2 - 27002 - Lugo (Lugo)
📅 Datas: Cada campamento leva a cabo durante unha semana de luns a venres. E empezarase a última semana de Xuño, durante todo o mes de xullo e a primeira semana de setembro.
⏰⏰⏰Horario: O horario básico do campa será de 9 a 14 horas. Tendo servizo de madrugones de 8 a 9 e tardones de 14 a 15 horas.
CAMPAS
Xadrez divertido: de 4 a 6 anos
Xadrez e Deporte: de 7 a 12 anos
Campus de xadrez: 13 a 17 anos
💰💰💰Custo: O custo básico é de 65 euros semana. Habendo descontos para os alumnos da Escola Luguesa de Xadrez, CEIP ROSALÍA de CASTRO e do CEIP ILLA Verde. Ao mesmo tempo, fanse descontos para os participantes en varios campas ou para 2º e 3º irmáns.Máis
ℹ️ ℹ️ ℹ️ ℹ️ Info: 657 974 937
📧📧📧Formularios de inscripción.
Formulario On line: https://forms.gle/7B5v4opijfakV5LZ8
02/06/2025
TORNEO FESTA FINAL DE CURSO
Celebrarase ou domingo 8 de xuño de 16:00 ata as 19:30 horas. O torneo será na praza Maior de Lugo e e se o tempo non o permite, levaríase a cabo nos baixos da praza de Abastos de Lugo.
O tempo de rexistro de asistencia será de 16.00 h a 16:30. Se algún xogador ou algunha xogadora non pasou polo control asistencia durante ese horario, entrará unha rolda máis tarde. Os nenos e nenas interesados en participar non torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario no correo electrónico [email protected] ou cubrindo o formulario https://forms.gle/PM6fs4xgMeWF1HTM8
O torneo será totalmente gratuíto. A inscrición poderase realizar ata o 6 de xuño ás 20 horas. O ritmo de xogo será de 10 + 3segundos.
As categorías serán:
1.Xogadores con clasificación internacional
2.Open sen clasificación internacional.
Categorías: Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e absoluto sen selo FIDE.
As tres mellores participacións non open recibirán un trofeo e as demais participacións medallas.
Todas as persoas que participen deben estar federadas. Se alguén non o estivese, a Escola Luguesa de Xadrez pode federar de forma gratuíta, marcando a opción de que desexan federarse.
02/06/2025
♟️| 𝗧𝗢𝗥𝗡𝗘𝗢 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗔 𝗙𝗜𝗡𝗔𝗟
👏 Rubén Arroxo e Iria Buide presentan o torneo de xadrez Festa Final, que se celebrará o vindeiro 8 de xuño
✅ A Concellería de Educación continúa a promocionar a práctica de xadrez nas rúas e nos centros de ensino
ℹ️ Como actividade paralela ao torneo, haberá actividades de promoción do xadrez ao longo de todo o mes de xuño na praza Maior
13/05/2025
10 campamentos de verano en Lugo para vivir una aventura inolvidable
Descubre aquí nuestra selección de campamentos de verano en Lugo para que los niños disfruten como nunca
06/04/2025
PAblo Lopez Varela Campión de España
Tras unha moi igualada última rolda Pablo Lopez Varela proclamouse Campión de España Universitario na modalidade Relámpago.