SDC Residencia

SDC Residencia

Compartir

Club Fútbol Base Lucense SDC Residencia: club de fútbol dende 1967.

Categorías: Chupete, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Afeccionado e Veterán.

09/08/2026

⚔️ Este pasado Xoves o noso 1º equipo comezou a sua preparación de cara ao comezo da liga.

🏁 A competición dará comezo o día 6 de Setembro.

25/07/2026

Fillos do Miño e de Breogán.

D’aqueles que aman a matria galega.

25X 💙

Photos from SDC Residencia's post 24/07/2026

OFICIAL ✍️

Os puntos cardinais do noso equipo senior renovan unha tempada máis.

Renda, Borja e Rois guiarán de novo ao grupo neste vindeiro reto. Seguimos dando así continuidade á maior parte do plantel destes últimos anos, afianzando un proxecto baseado na xente da casa, no bo grupo e na paixón polo bo fútbol.

Moita sorte guerreiros! ⚔️



23/07/2026

OFICIAL ✍️

Yeray Arias “Yerry” regresa á Cheda. O mediocampista de 29 anos volverá a vestir a branquiazul despois de varias tempadas apartado dos terreos de xogo.

Yerry chega para aportar calidade, seguridade e contundencia á medular do noso 1º equipo.

Benvido de novo a casa guerreiro! ⚔️



18/07/2026

Ano tras ano presumimos do importante que é

Próximamente máis novas!



Photos from SDC Residencia's post 16/07/2026

OFICIAL ✍️

5 canteiráns e xogadores clave para a nosa liña defensiva continuarán defendendo as franxas branquiazuis unha tempada máis.

Damos así continuidade a un bloque fundamental do equipo para manter a nosa identidade e potencial na parcela ofensiva.

A vosa sorte é a nosa! ⚔️



Photos from SDC Residencia's post 01/07/2026

OFICIAL ✍️

Raúl Iravedra “Cubarsí” é novo xogador do 1º equipo da SDC Residencia.

Procede do CD Castro, onde nas 2 últimas tempadas xa formou parte do equipo senior estando aínda na idade xuvenil e finalizando así a sua etapa de fútbol formativo.

Benvido á tua casa Cuba!



Photos from SDC Residencia's post 26/06/2026

OFICIAL ✍️

Alonso regresa á Cheda. O noso canteirán volverá a vestir de branquiazul tras varias tempadas de experiencias en distintos equipos do fútbol lucense.

Benvido de novo e moita sorte Alo!



21/06/2026

✍️ CAMPUS SDCR 2026

De “Dani” vai a cousa.

Temos o inmenso pracer, orgullo e satisfacción de presentar a nosa 2ª visita nesta edición do Campus SDCR.

Hai un par de anos xa estivo con nós, cando todavía era adestrado do filial albivermello, colaborando cos adestradores do noso clube e ensinado aos máis peques a mellorar os pequenos detalles.

Nesta edición, contaremos con él para que nos fale dos seus primeiros días como parte dun corpo técnico profesional, a sua traxectoria dende que saiu do nosos clube ata hoxe.

Grazas inmensas “Zurdo”.



Photos from SDC Residencia's post 20/06/2026

OFICIAL ✍️

5 integrantes fundamentais da liña defensiva continuarán defendendo as nosas cores unha tempada máis.

Damos continuidade a un grupo fundamental do plantel do primeiro equipo.



¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Lugo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Dirección


Avenida Dos Deportes/Campo Municipal "A Cheda"
Lugo
27004