03/06/2026
! Derradeiros resultados da tempada. Os veteráns caen eliminados en oitavos de final do campionato galego nun partido no que mereceron máis, aínda así moito mérito estar entre os mellores 16 equipos de Galicia. O feminino remata a competición na zona media da táboa sendo un equipo recén ascendido e con desprazamentos moi compricados, todo un orgullo. Nos seguintes días, resumo da tempada de todas as categorías.
29/05/2026
! Último partido de liga para as rapazas de Rubén, que despídense na casa das líderes xogándose o título. Partidazo para acabar con bo sabor de boca unha tempada fantástica para ser a primeira na categoría. Imos rapazas a dar a sorpresa! 🩵⚽️
28/05/2026
! Final da champions? Que é iso comparado cuns oitavos de final do galego de Vereráns? Nós o temos moi claro! Imos a Pontevedra a animar a esta tropa a ver se hai sorte e invitan a unha ronda máis. Vamos velliños ata o final!
#🩵
28/05/2026
! E para rematar a tempada, festa! Ven a disfrutar dunha fantástica cea no noso patrocinador Hostal San Lázaro xunto con todas as seccións do club o venres 12 de xuño a partir das 22:00 da noite. Unha noite para disfrutar e botar o peche a unha fantástica tempada no que volvemos a demostrar que o San Lázaro é máis que un club. A entrada á cea será de 25 euros e inclúe cartón de bingo para participar no sorteo de diversos premios como camisetas vintage. Consigue a túa entrada falando por insta ou ponte en contacto cun membro da directiva. Non faltes, imos acabar a tempada como se merece!
25/05/2026
! Resultados desta finde. Os veteráns pasan a oitavos do campionato galego e o feminino futsal remata a tempada cun subcampionato de copa. Noraboa.
22/05/2026
! E chegou o día, tras unha gran tempada o feminino futsal clasificou para a final da copa de 1a Futgal. Mañá a partir das 16:00 enfrontarémonos ó no Municipal de Vista Alegre para intentar saír campioas. Non dubidamos que o podedes conseguir rapazas, estamos tod@s con vós. A por elas! Toda a sorte do mundo e grazas por representarnos tan ben…IMOS🩵🩵
#🩵
21/05/2026
! O sábado os veteráns comezan a súa andadura no campionato galego contra o . Partido para disfrutar do conseguido e para intentar conseguir pasar unha rolda máis…senón todo ten solución no terceiro tempo. Imos velliños! Si se pode!
#🩵
18/05/2026
Hoxe é un día triste, dende o noso club queremos mostrar as nosas condolencias e expresar o noso máis sincero pésame á familia Rozas Campos. Así como mandar unha forte aperta e todos os ánimos posibles nestes momentos tan duros á familia. Xa sabedes que este club é a vosa casa e sempre estará o voso carón. Forza. D.E.P.
18/05/2026
! Resultados desta finde. Con estos partidos o senior masculino e o xuvenil dan por finalizada a tempada, mentras que os veteráns xogarán o campionato galego, o futsal feminino a final de copa e o senior feminino quédanlle aínda dúas xornadas. Seguimos con todo!
16/05/2026
E mañá penúltimo desprazamento para o feminino de Rubén contra o para intentar conseguir outros tres puntos e seguir nesta boa xeira de resultados. Imos rapazas a acabar a tempada de gran maneira!