11/09/2026
En A Talangreira gústanos comer ben, tomar algo na terraza e quedar a gusto… iso xa o sabedes 😌
Pero ollo, que aquí tamén pasan cousas.
Concertos, encontros, actividades, propostas culturais e plans deses que empezan cun “imos un anaco” e rematan sendo unha tarde ben aproveitada.
Porque A Talangreira tamén é iso:
un lugar onde xuntarse, descubrir, escoitar, rir, participar e vivir a cultura de preto.
E se despois cae un petisco… pois tampouco imos dicir que non 😉
Moi pronto compartiremos a programación de inverno ✌🏻