07/09/2026
Abrimos as portas da nosa Escola de Remo durante todo o mes de setembro! Unha oportunidade perfecta para que nenos e nenas coñezan o remo, desfruten do deporte e formen parte do Club do Mar Mugardos.
Para nenos e nenas nacidos no 2018 e anteriores.
📅 HORARIOS
Durante o mes de setembro, os adestramentos terán diferentes días e horarios segundo a categoría.
👉 Todos os horarios detallados de setembro están na táboa desta publicación.
A partir de outubro retomaremos o horario habitual da Escola de Remo, con adestramentos os luns, mércores e venres de 16:00 a 18:30 h.
Este horario é orientativo e poderá sufrir modificacións para adaptalo ás diferentes categorías e resto de actividades, ao número de deportistas inscritos/as e á organización dos grupos
📣 REUNIÓN DE PRESENTACIÓN
Durante o mes de outubro realizaremos unha reunión de presentación coa familias, na que trataremos todos estes aspectos e concretaremos a organización definitiva da Escola de Remo para a nova tempada: categorías, grupos, horarios e funcionamento dos adestramentos.
📅 5 de outubro
🕗 20:00 h
Será tamén un momento para resolver todas as dúbidas e poñer en común a organización da tempada 2026/2027. ❤️
💶 COTAS
❤️ Socios/as: 15 €/mes
🤍 Non socios/as: 20 €/mes
📝 INSCRICIÓNS
As inscricións poden realizarse online a través do formulario publicado en:
🌐 www.clubdomarmugardos.com
📩 Máis información:
[email protected]
📞 626 35 41 03 / 625 63 21 11