S.C.D. Roxal

S.C.D. Roxal Local Social no Polideportivo de O Roxal

13/09/2026

🙋‍♂️Lembramos que seguen abertas as inscricións tanto nas escolas deportivas municipais como nas actividades de benestar do Concello 🤸‍♂🧘‍♀️🏋. A oferta de “Nedactívate” para o curso 2026-2027 volverá ter como escenario principal o centro cívico📍, e incluirá sesións para adultos de ximnasia de mantemento, ximnasia terapéutica, ximnasia funcional, adestramento funcional, zumba, ioga, pilates, ximnasio con monitor. Ademais, haberá ximnasia saudable na Casilla do Puntal e patinaxe para a rapazada no Roxal.

No que atinxe ás propostas de estimulación cognitiva, programaranse talleres de memoria 🧠 e os obradoiros de mentes activas, previstos na Casa da Cultura e na Casilla do Puntal.

👉Agora, unha vez finalizado o prazo reservado exclusivamente para persoas empadroadas, calquera que o desexe, sexa ou non veciño, pode apuntarse, achegándose ao centro cívico de 9:30 a 12:00 horas.

10/09/2026

📣📅Neda acolle este venres o proxecto “Barriga verde no Camiño”, unha proposta multidisciplinaria de Títeres Alakrán para recuperar o títere popular galego por excelencia. A iniciativa, que forma parte do programa “O teu Xacobeo”, incluirá tres propostas complementarias.

🕔 Así, ás 17 h, arrancará na biblioteca municipal un taller infantil gratuíto de construción de monicreques con material reciclado ♻ 👨‍👩‍👧‍👦. Para participar, haberá que inscribirse a partir do mércores na Casa da Cultura (☎ 981390233).

🕡Despois, a partir das 18:30 h, haberá un percorrido co xigante Barriga Verde pola rúa Real ata os Subarreiros e volta, acompañado de música popular. E finalmente, ás 19 horas 🕖, espectáculo de títere de cachiporra tradicional galego ao pé da torre do reloxo. Non volo perdades!! 😉

10/09/2026
15/08/2026

⛵✨O festival itinerante Jazz de Ría despedirá o súa edición 10 aniversario en . Como xa e tradicional a ribeira de San Nicolás acollerá o domingo, a partir das 13 horas, o evento que, desta volta, terá como protagonista ao artista arxentino Manu Sija 🎶. Multiinstrumentista, cantante e compositor é unha das figuras máis singulares do jazz contemporáneo en Sudamérica, grazas a unha proposta que, coa improvisación como eixe central, combina o jazz co folclore arxentino e a experimentación electrónica. Cita obrigada😉.

⚓ Concello de Neda
🤝 Turismo da Deputación da Coruña
💡 Luneda Producións

05/08/2026

📆Este mércores, nova cita co programa Miúdo verán. Cultura en familia 👨‍👩‍👦‍👦, Teatro Ghazafelhos presenta no parque do Principiño o “Sherezade, Aladino e os tres beduínos” 🎭. Un espectáculo, inspirado libremente na recompilación de contos tradicionais de Oriente Medio “As mil e unha noites”, e cheo de humor, que non podedes perdervos😉. A cita será a partir das 20:30 h.

O ciclo municipal de lecer está cofinanciado nun 45% pola Xunta, a través de Agadic🤝.

05/08/2026

🙋‍♂️Velaquí o cartel da ###VI Festa do Pan de , que terá lugar o vindeiro 6 de setembro. Responsables das panaderías que participarán nesta cita gastronómica- Panificadora German S.L., La Gallega e Paca Castro- xunto co alcalde, Ángel Alvariño, e a concelleira de Turismo, Marián Bello, veñen de presentar a creación do deseñador gráfico ferrolán Juanlu Nacha 👏. A obra pon en valor á figura dos auténticos responsables da sona do noso pan, as panadeiras e os panadeiros nedenses que, en moitos casos seguindo a tradición familiar, sosteñen co seu esforzo este sector emblemático da economía local. Esperamos que vos guste...😍
-

28/07/2026

⚫️Dende o Concello de Neda queremos trasladar o noso pesar polo pasamento, onte á noite, no transcurso dun dos partidos do campionato de fútbol sala que se estaba a disputar na pista polideportiva do Roxal de Francisco Javier Pérez Leira, xogador de El rincón de Adri. O mozo, de 34 anos de idade, perdía a vida a consecuencia dunha parada cardiorrespiratoria, resultando infrutuosos os esforzos realizados para tentar reanimalo. Enviamos todo o noso cariño á súa familia e amizades e tamén aos compañeiros de equipo e competición.

Dirección

Aldea O Roxal S/n
Neda
15510

Teléfono

981 348 668

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando S.C.D. Roxal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir