Club do Mar Noia

Cómo llegar Página web

Club do Mar Noia Grupo de membros, remeiros e seguidores en xeral do C.M. NOIA. Dónde publicaremos todas as novas relacionadas co Club e o remo que nos afecta

Grupo de membros e remeiros do C.M. NOIA e seguidores en xeral do C.M. Dónde publicaremos todas as novas relacionadas co Clube e o remo que nos afecten e intentaremos trasladar e fomentar a devoción por este deporte á maior cantidade de persoas posibles.

26/10/2026

💛🖤 AEROBIC MONSTERS 2026! 🏆🚣‍♂️

O Club do Mar Noia estivo hoxe en Gondomar, na regata internacional Aerobic Monsters, nunha xornada de remo esixente sobre 6,5 quilómetros no río Douro. Os nosos deportistas volveron demostrar o seu esforzo, compromiso e nivel competitivo. 💪

🌟 Un resultado espectacular para o noso club!

🥇 Caetano Horta, un ano mais, na categoría Elite masculina e tamén vencedor da clasificación xeral masculina

🥉 Julia Muñiz, en J16 feminina.

🥉 Jimena Horta, J18 feminina.

🥇 Abel Veiras, en Para-Rowing masculino.

👏 Destacamos tamén o traballo e a participación de todos os nosos representantes, que defenderon as cores do Club do Mar Noia
J16 Women: Claudia Batalla 9ª y María Muñiz 11ª
J16 Men: Javier Horta 14º y Javier Prado 27º
Máster C/D Men: Beni Horta 6º
Máster E+: Rafa del Castaño 6º
Élite Men: José Antonio Martinez 9º y Gabriel Bello 11º

Cada remada conta. Cada esforzo suma. E cada regata fainos medrar como equipo. 💛🖤

Parabéns a todos e a seguir remando xuntos! 🌊

FORZA NOIA! 💛🖤

Cantera DeporteGalego ForzaNoia

🌍🏆 DE CAMPIOA DE EUROPA A CAMPIOA DO MUNDO: ROCÍO FRAGUELA MOAS, ORGULLO DO MAR DE NOIA 💛🌊Tempada extraordinaria para a ...
20/10/2026

🌍🏆 DE CAMPIOA DE EUROPA A CAMPIOA DO MUNDO: ROCÍO FRAGUELA MOAS, ORGULLO DO MAR DE NOIA 💛🌊

Tempada extraordinaria para a nosa remeira!

🥈 Segunda clasificada no Campionato de Europa Sub23 de skiff paralímpico.

🏆 Campioa de Europa de beach sprint en dobre mixto inclusivo.

🌍 Campioa do mundo de beach sprint en dobre mixto inclusivo, en China, xunto o seu compañeiro Marcos Delgado (Marcos Delgado Márquez) do RCMediterraneo (Real Club Mediterráneo )

Tres resultados de enorme valor que falan do seu talento, esforzo e determinación. Unha tempada para lembrar, levando o nome do Club do Mar de Noia ata o máis alto e enchendo de orgullo toda a nosa familia do remo.

Detrás de cada resultado hai horas de adestramento, sacrificio e ilusión. Hoxe toca celebrar a , recoñecer o seu traballo e acompañala na alegría dun logro que merece ser vivido por todo o club.

Rocío, gañáchelo palada a palada. Todo o club rema contigo! 💛🖤

O mar é o noso camiño. O orgullo, compartido.

CampioaDeEuropa OrgulloDoMar RemoGalego

03/10/2026

V REGATA NOSTRA IN MARE FORTUNA- BEACH SPRINT

Hoxe disfrutamos de outro día mais de praia, e de paso, fixemos o que mais nos gusta… REMAR, esta vez Beach Sprint, conseguido moi bos resultados:

3 🥇 🥇🥇
C1X AF Ruth
C1X ABSM Gabri
C2X ABSMix Jimena e Gabri
3 🥈🥈🥈
C1X IM Javi
C1X CF Claudia
C2X VM Beni e Rafa

4ºs postos: C1X AF Moraima e C1X AM Biel Yu
5º postos: C2X CF Adriana e Claudia e C1X XM Alex
6º postos C1X CF María
7º posto C1X ABSM Beni
9º posto C1X IM Abel

Pensando xa na próxima cita, volvemos ó remo olímpico. Vindeiro sábado…Tui (Pontevedra)

🥇🇪🇸 Campións de Europa!Hoxe estamos de celebración! 🎉A nosa compañeira Rocío Fraguela , xunto con Marcos Delgado Marcos ...
17/09/2026

🥇🇪🇸 Campións de Europa!

Hoxe estamos de celebración! 🎉

A nosa compañeira Rocío Fraguela , xunto con Marcos Delgado Marcos Delgado Márquez, do Real Club Mediterráneo, proclamáronse hoxe campións de Europa no Cto. de Europa de Beach Sprint 2026, representando á selección española na categoría de Dobre Mixto Inclusivo.

Moitas horas de traballo, esforzo e ilusión que hoxe teñen a súa recompensa. 💪🌊

Parabéns, Rocío e Marcos! Que orgullo! 🥇🇪🇸❤️

🌊 Gran xornada para o CM Noia na Regata de Remo de Mar das Gaviotas 💛🖤Este sábado 5 os nosos remeiros e remeiras volvero...
09/09/2026

🌊 Gran xornada para o CM Noia na Regata de Remo de Mar das Gaviotas 💛🖤

Este sábado 5 os nosos remeiros e remeiras volveron dalo todo na auga, conseguindo 4 vitorias e 3 podios, ademais de moi bos resultados nas diferentes categorías.

🏆 Os nosos podios:

🥇 Ruth Campos — 1ª C1X Alevín F
🥉 Biel Yu — 3º C1X Alevín M, no seu debut! 👏
🥇 Javi Horta — 1º C1X Infantil M
🥉 María Núñez — 3ª C1X Infantil F
🥈 Adriana Álvarez e Claudia Batalla — 2ª C2X Cadete F
🥇 Gabriel Bello e Jimena Horta — 1º C2X Absoluto Mixto

Ademais, completaron a participación do club:

▫️ Javi Horta — 6º C1X Cadete M
▫️ María Núñez — 6ª C1X Cadete F
▫️ Alex Parada — 4º C1X Xuvenil M
▫️ Pablo Veiras — 8º C1X Absoluto M
▫️ Raúl Mariño — 9º C1X Absoluto M
▫️ Abel Moledo — 17º C1X Infantil M

📊 Na clasificación da Liga, o CM Noia remata na 8ª posición con 76 puntos.

Parabéns a todos e todas polo esforzo, a ilusión e o traballo. 💪🌊

E, por suposto, grazas ás familias, adestradores, organización e a todas as persoas que nos acompañades e apoiades en cada regata.

Seguimos remando! 🚣‍♀️🚣‍♂️💙
Next stop… CTO GALEGO DE REMO MAR 12/09/2026 (Boiro)

07/09/2026
07/09/2026

ℹ Crónica de la segunda regata de la Liga Nacional Iberdrola de Remo de Mar, celebrada ayer en Noia.

https://federemo.org/es/posts/news/lnrmnoia02

Consejo Superior de Deportes Comité Olímpico Español (COE) Comité Paralímpico Español Club do Mar Noia Concello de Noia Federación Galega de Remo Concello de Porto do Son Real Club Náutico Portosín

05/09/2026

Dirección

Noya
15200

Horario de apertura

Martes 18:00 - 20:00
Miércoles 18:00 - 20:00
Jueves 18:00 - 20:00
Viernes 18:00 - 20:00
Sábado 16:00 - 19:00
Domingo 10:00 - 13:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Club do Mar Noia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Gimnasios cercanos