07/09/2026
RAPARI-BOX 🥊
Unha forma diferente de moverse, aprender e pasalo ben.
En Rapari-BOX os máis pequenos achéganse ao boxeo a través de exercicios adaptados á súa idade, traballando coordinación, axilidade, forza e confianza nun ambiente divertido.
👧🧒 Para nenos e nenas a partir de 5 anos
📅 Luns e mércores
🕔 De 17:00 a 18:00 h
E para saber se lles gusta, o mellor é probalo: a primeira clase é gratuíta.
Escríbenos e reserva a súa praza!
26/07/2026
Seguro que algunha vez che pasou.
Estás facendo o mesmo adestramento ca outra persoa e, aínda así, parece que os resultados non chegan á mesma velocidade.
Pero progresar non depende só do que fas durante esa hora no ximnasio.
O descanso, a alimentación, o estrés, a experiencia previa ou incluso a forma de executar os exercicios tamén inflúen. Por iso dúas persoas poden seguir a mesma rutina e obter resultados diferentes.
Compararse cos demais adoita ser enganoso. O realmente importante é comprobar se ti estás mellor ca hai unhas semanas ou uns meses.
Ese é o progreso que merece a pena medir. 💪
23/07/2026
Pódese adestrar durante o embarazo? Na maioría dos casos, si.
Nun embarazo sen complicacións e coa aprobación do equipo sanitario, manterse activa adoita ser seguro e beneficioso. O exercicio pode axudar a manter a forza, reducir algunhas molestias, mellorar o benestar e chegar en mellores condicións ao parto e á recuperación posterior.
Obviamente, non se trata de seguir adestrando exactamente igual. Co paso das semanas é normal ter que adaptar exercicios, cargas, intensidade ou descansos.
Tamén inflúe moito de onde partes. Non precisa as mesmas adaptacións unha muller que leva anos adestrando ca outra que comeza durante o embarazo.
En resumo, seguir adestrando (ou incluso comezar) é o mellor que podes facer nesta etapa. Iso si, a supervisión e a adaptación vólvense totalmente imprescindibles.