05/09/2026
⚽️ VITORIA / Debut soñado na do , gañando na casa dun recén descendido de División de Honra. Sen encaixar e cun gol de Denis e outro moi especial de Pressl, que leva moitos anos nesta familia.
Na primeira metade, saímos mellor e moi concentrados. Xoel faría o primeiro disparo, estando moi ben o gardamallas do Arosa. No 13’ adiantaríamos cun golazo de cabeza de Denis, a centro de Javi Míguez. Puido Hernán anotar o 0-2 nun contragolpe, pero de novo o gardamallas local estivo moi acertado. Nos derradeiros minutos da primeira metade, o Arosa volcouse sobre a nosa meta, pero a solvencia defensiva e un moi atento Iago, evitaron o tanto arosista.
Na segunda metade saíron mellor os locais, pero inda así buscamos a meta rival cun golpeo de Javi, ou Sestelo máis adiante. O rival apretou pero de novo a defensa e Iago, mantiveron ao equipo. Co carrusel de trocos e a soficante calor, os nosos tiraron de orgullo para manter o resultado e nun contragolpe, Javi Miguez serviu a Pressl para anotar o definitivo 0-2.
A vindeira semana, os nosos reciben ao RC Deportivo de A Coruña, nun encontro que erá histórico para a nosa entidade. Parabéns, rapaces!
🚂💙
05/09/2026
📝 CONVOCATORIA / Estes son os convocados por Dani Prado para o debut na liga do , ante o Cultural Areas.
O encontro será mañán domingo na casa, no Municipal de Oora, a partires das 18:00h. Imos con todo!!
🚂 💙🤍
05/09/2026
📝 CONVOCATORIA / Estes son os convocados por David Vázquez “Garbo” para o partido de liga do ante o Arosa SC
O encontro será hoxe sábado a domicilio, no campo Municipal Manuel Jiménez de Vilagarcía de Arousa, a partires das 12:00h. Imos con todo!!
🚂 💙🤍
04/09/2026
LIGA | O arrinca esta fin de semana ante o Cultural Areas, a que será a terceira tempada consecutiva do Clube na Preferente.
Moitas caras novas nunha estrea que será en Oira, nun ano que preséntase apaixoante. Trocos tamén nun rival que quere dar un paso máis no seu proxecto, e que tentará competir arriba polo play off. Será a partires das 18:00 do domingo, no Municipal de Oira.
🚂 💙🤍
04/09/2026
⚽️ LIGA | O arrinca esta fin de semana ante o Arosa SC, a súa andadura na Liga Nacional.
Garbo regresa ao banco en encontro oficial, e tentará unha estrea positiva ante un recén chegado, pero dende a División de Honra, e que quere competir arriba. Será a partires das 12:00 do sábado 5, no Manuel Jiménez de Vilagarcía de Arousa.
🚂 💙🤍
03/09/2026
📯 COMUNICADO / Baixa Cándido Casal
Dende o Clube poñemos en coñecemento, a resolución do contrato do xogador da plantilla de Preferente, Cándido Casal.
Logo de recibir facilidades por parte da directiva do Juvenil de Ponteareas e acordar a incorporación co xogador, Cándido incorporouse con normalidade á disciplina do noso Clube.
No inicio de tempada, o xogador trasládanos que non se atopa no seu mellor momento mentalmente, e que precisa estar nun entorno de cercanía, onde se poida centrar nos seus obxectivos persoais e vitais. Nese intre, a nosa entidade acorda resolver calquer compromiso asinado co noso Clube, en pro da saúde e benestar individual de Cándido.
Valorando o que realmente debe ser importante, o xogador voltará ao Clube da súa Vila, preto do seu fogar e dos seus, favorecendo a súa recuperación e benestar.
Dende o Auriense, agradecer as facilidades iniciais do Juvenil de Ponteareas e de Cándido, e desexarlles aos compoñentes do Clube e particularmente ao xogador, os mellores éxitos persoais e profesionais.
01/09/2026
🏆 COPA DEPUTACIÓN | O xa coñece o rival para a segunda rolda da Copa. Da primeira, estivenos exentos. Visitaremos aos nosos amigos do Nogueira de Ramuin, no kos primeiro encontro da Copa Deputación.
Tocará defender o posto de vixentes campións, no campo de A Tella (Nogueira de Ramuin). O encontro, previsiblemente sexa o 8 de decembro. A por todas, queremos máis!!
🚂 💙🤍