02/09/2026
Xa chegan, xa chegan... ⏲️
Os cursos de boulder!
🔛 Iniciación: se nunca escalaches, este é o teu sitio! 4 sesións para comezar a aficionarte a este deporte.
🔝 Adestramentos: se xa tes nocións de escalada e queres mellorar, motivarte, e escalar con ambiente!
Comezamos a abrir grupos, non o deixes escapar 🔥
[email protected]
628138734
24/08/2026
✍🏽 Crónica de Tino Tain Guzmán
Campamento de AkSai en el glaciar Innylcheck, cordillera del Thien San, Kirguistan.
Después de aterrizar el 22 de julio, en siete días llegaba a 6800 metros de altitud, delante de la cumbre del Khan Tengri de 7010 metros de altitud. 13h30, llevo 13 horas subiendo y una contemplando a dos rusos atascados en el muro final. Me doy la vuelta sabiendo que estoy forzando demasiado la maquinaria. No se me ocurre meterme en la tienda común a 6500. Hubiese sido una solución para no reventar aunque siga hasta la cumbre, pero mi objetivo es bajar e ir al Pobeda, el 7439 que tenemos enfrente, hacia China. Pasaría el resto del tiempo hasta 15 días más viendo nevar y pensando que debería haber hecho el Khan Tengri cuando tuve oportunidad.
Cinco días después caerían 60 centímetros de nieve en una noche y los más de treinta aspirantes a escalar el Pobeda se subirían al helicóptero y se irían en uno de los escasos días de sol.
Mala temporada durante agosto en el Thien San. Verano lluvioso por debajo de los cuatro mil metros en Kirguistan.
(Dende o club dicimos: segue sendo unha hazaña incríble 💙 noraboa Tino!!)
21/08/2026
Co inicio do curso, retomamos as clases de ioga e movemento da man de Mónica .move 💙
Un espazo para traballar mobilidade, forza, equilibrio, respiración e conciencia corporal, perfecto para complementar a escalada ou simplemente para movernos, cuidarnos e desconectar un pouco da rutina 🪷
⌚ Mércores de 14 a 15h
⌚
10/08/2026
Tres dos nosos Asesous participaron esta fin de semana no ClimbingLab de One⚡Move, unha experiencia pensada para achegar aos deportistas ás condicións reais dunha competición de nivelón 🔥
Simulacros de competición, lectura de bloques, toma de decisións, xestión de presión e moito traballo técnico 💪🏼 Por suposto, tamén houbo tempo para aprender e desfrutar con talleres de movemento, slab e coordinación da man dos equipadores, coa sorte de que andaba por alí FNP | Xokas Pereira | AEGM Climbing & Mountain Guide TD3 para dar uns máxicos tips aos nosos escaladores ✨
Unha experiencia moi positiva para seguir aprendiendo, sumando recursos e collendo experiencia cara as próximas competicións!
Grazas a One⚡Move e a todo o equipo de ClimbingLab pola iniciativa e polo traballo destes días!
07/08/2026
🌿 Marcha Nórdica en Asesou!
Gústache caminar? Pois isto é aínda mellor!
A marcha nórdica usa os bastóns para acompañar o movemento natural do corpo. É unha actividade completa, dinámica e adecuada para todas as idades, coa que traballamos a musculatura mentres gozamos do aire libre e da natureza 🥾
🍃 Rutas ao aire libre
💪🏼 Adestramentos de Nórdic Fit
✨ Para todos os niveis e idades
Tanto se nunca probaches como se xa eres habitual dos bastóns, ven descubrir todo o que a marcha nórdica pode ofrecerche!
📞 628138734
📧 [email protected]
Únete ao equipo de Marcha Nórdica Asesou 💙
31/07/2026
🔵Campamento de verán 2026🔵
Hoxe pechamos as 6 semanas do campamento infantil. Foron días de escalada, xogos, risas, aventuras, novas amizades e moitísimas lembranzas que levaremos con nós.
Grazas ás familias por confiar en ASESOU un verán máis e, sobre todo, aos peques por encher cada día de ilusión e enerxía. 💪🧗
Agora toca descansar... e contar os días para o próximo!
23/07/2026
O pasado martes Iván Pacios puxo o nome de ASESOU, de Ourense e de España entre os mellores do mundo no Campionato do Mundo Xuvenil de Escalada de Velocidade celebrado en Arco (Italia).
Alí, nunha xornada onde se constantou o altísimo nivel que están acadando os competidores da categoría sub 17 (onde os tempos rozan os de absoluta), logrou un espectacular TOP 20 mundial, que se suma ao 6º posto conseguido no campionato europeo de velocidade en Zakopane, o pasado mes de xuño.
Estamos moi orgullosos de ti, Iván. Grazas por facernos vibrar e por demostrar que o traballo sempre paga a pena.
Isto é só o principio! 🚀💙
20/07/2026
Hai soños que comezan cun primeiro adestramento... e outros que levan ata un Campionato do Mundo. 🌍💙
Iván Pacios ivan_pi1308 competirá mañá martes 21, na modalidade de velocidade no Mundial Xuvenil de Escalada en Arco (Italia).
Ben sabemos de que detrás de cada segundo no cronómetro hai milleiros de horas de esforzo, ilusión e constancia.
Todo ASESOU estará empurrando dende Ourense! 💙
A por todas, Iván! 🔥
29/06/2026
CESA ESCALADA 2026
Esta fin de semana celebrouse en Cáceres o Campionato de España de Escalada en Idade Escolar por Seleccións Autonómicas (CESA), a gran cita nacional da escalada base, que reuniu aos mellores deportistas sub15 e sub17 do pais nas modalidades de velocidade, bloque e dificultade.
ASESOU estivo representado por dous dos seus deportistas: Iván Pacios e Santi González, formando parte da selección galega.
A actuación máis destacada chegou da man de Iván Pacios, que se proclamou campión de España de velocidade, confirmando o gran momento de forma que leva demostrando durante toda a tempada e sumando un novo éxito ao seu palmarés⚡
Pola súa banda, Santi González volveu competir ao máis alto nivel nacional, acumulando experiencia e demostrando a progresión que o está a converter nun dos referentes da escalada galega na súa categoría 💪🏼
Este campionato tamén tivo un significado especial ao ser a despedida de Paio como seleccionador autonómico, tras esta tempada de dedicación ao desenvolvemento da escalada base en Galicia. Dende ASESOU queremos agradecerlle o seu traballo, compromiso e a pegada que deixa nos escaladores e escaladoras galegos. Grazas por todo, Paio!
Parabéns aos nosos deportistas e a toda a selección galega polo traballo realizado durante toda a fin de semana. Seguimos medrando! 🧗♂️💙