Clinic Baloncesto - Deputación Ourense

Clinic Baloncesto - Deputación Ourense

Compartir

XXIV Clinic Baloncesto Deputación Ourense

09/07/2024

No Clinic Baloncesto - Deputación Ourense comezamos a traballar na XXV edición que viviremos en 2️⃣0️⃣2️⃣5️⃣!

➡️Como primeiro punto de partida para o futuro, non queremos deixar de recoñecer a colaboración de todas as entidades e empresas que puxeron, na súa medida, o apoio para que o Clínic recuperase o seu merecido escenario na formación de calidade para os adestradores nacionais e internacionais.

🙌Nesta liña, dende a Deputación de Ourense a FEGABA e a propia EGA queremos facer extensivo o noso agradecemento a Caldaria, INORDE, RODOSA, La Región, La Voz de Galicia, Viaxes Compostela, DO Ribeiro/Monterrei/ Ribeira Sacra/ Valdeorras, Residencia Florentino Cuevillas, Aixiña e Restaurante San Miguel.

🔜🔜Dende xa mesmo, camiñamos todos xuntos cara a vindeira convocatoria!

GRAZAS 🧡🏀 a todos!

Photos from Clinic Baloncesto - Deputación Ourense's post 29/06/2024

📝⛹️⛹🏻‍♀️ Mañá 🔛🔛 no Clínic Deputación de Ourense

🤩 Abrindo as sesións do sábado ⤵️
✔️Dani Miret.
✔️Cristina Cantero
✔️Hugo López.

🏟️ E o Pazo dos Deportes Paco Paz-Deputación de Ourense
como escenario 😍

💙🏀
🫡

28/06/2024

🤩 Venres de apertura para o Deputación de Ourense

🏟️ Co Pazo dos Deportes Paco Paz-Deputación de Ourense como escenario perfecto, comezaremos a programación co ✔️Observatorio Aplicado ao Baloncesto 🏀

👋Dende aquí dar a nosa Benvida xa a tod@s s inscrit@s e aos nosos poñentes, e xogador@s colaborador@s!

Vémonos esta tarde!


26/06/2024

🔜🔜Últimas horas para tramitar a INSCRICIÓN no Clínic Deputación de Ourense ‼️

🚨Este xoves 2️⃣7️⃣, ás 1️⃣3️⃣:0️⃣0️⃣ h, pechamos o prazo para tramitar a participación nesta cita, que nos reunirá no Pazo dos Deportes Paco Paz-Deputación de Ourense para desfrutar de 3️⃣ datas formativas do máis alto nivel!

🚨 En WW.FEGABA.COM permanece dispoñible a Programación, Horarios definitivos e info para a INSCRICIÓN!

🕢 A asistencia ao Clínic contará con Validación horaria dun total de 1️⃣0️⃣ horas para s alumn@s da Escola Galega de Adestrador@s 🔝

24/06/2024

🚨 Actualización no Cartel e Programa definitivo para o Clínic Deputación de Ourense 🔝

🆕Jota Cuspinera súmase ao Clínic!

A súa participación sustitúe a presenza de Jaume Ponsarnau, ausente finalmente por razóns de índole persoal.

📅 En WWW.FEGABA.COM dispoñible a Programación, Horarios definitivos e PROCESO DE INSCRICIÓN para tres días formativos de auténtico nivel ➡️ 2️⃣8️⃣ e 2️⃣9️⃣ e 3️⃣0️⃣ de xuño.

🕢 A asistencia ao Clínic contará con Validación horaria dun total de 1️⃣0️⃣ horas para s alumn@s da Escola Galega de Adestrador@s 🔝

🏀 🔝

21/06/2024

🤩🤩 Cartel completo e definitivo para o Clínic Deputación de Ourense🔝

📅 Programación e Horarios definitivos para tres días formativos de auténtico nivel ➡️ 2️⃣8️⃣ e 2️⃣9️⃣ e 3️⃣0️⃣ de xuño en web!

🕢 A asistencia ao Clínic contará con Validación horaria dun total de 1️⃣0️⃣ horas para s alumn@s da Escola Galega de Adestrador@s 🔝

🔛A cita co 🤩 é ineludible! E podedes tramitar a INSCRICIÓN vía web 👉 www.fegaba.com

🏀 🔝

20/06/2024

🆕🆕 Ramón Díaz confírmase como unha das principais presenzas no Clínic dentro do “Observatorio Aplicado ao Baloncesto”.

🖥️ Compartirá vía online a súa visión sobre o desenvolvemento do talento cara ao alto rendemento.

👤Ramón Díaz é un dos mellores expoñentes do desenvolvemento profesional dun adestrador lonxe do seu país.

🎖️Ocupa un espazo de privilexio dirixindo a franquía de Capitáns de Ciudad de México, na G-League, liga de desenvolvemento da NBA na que cumpre a súa sétima tempada.

🔛Afincado desde hai 10 anos naquel país, onde combinou o seu traballo neste club coa presenza en selección absoluta mexicana. Cun nivel de adaptación importante e potenciando o desenvolvemento de futuros talentos no paso previo á mellor liga do mundo, a capacidade de Ramón refórzase cada tempada incluíndo novos retos na súa folla de roteiro como é dirixir actualmente a selección masculina U18 de Canadá.

18/06/2024

🔄 Máis confirmacións🔝no 😍

👤Hugo López será parte importante no Clínic 🤩

Adestrador xefe nas últimas dúas tempadas de Liaoning Leopards na CBA, Liga profesional en China, desenvolveu un percorrido profesional extenso e exitoso.

▶️ É o maior exemplo de que o baloncesto non entende de fronteiras e o seu percorrido, partindo do seu Valladolid natal, levoulle a ocupar bancos de LEB Oro e Liga Endesa en España, e exercer a túa tarefa en países como Canadá, Angola, Suecia, Xapón ata o actual destino no xigante asiático.

🪄A adaptabilidade de Hugo e o reto de ofrecer a súa mellor versión en distintos estilos e propostas baloncestísticas reforza a valía profesional dun técnico que compartirá no Clinic de Ourense gran parte das súas experiencias!

ℹ️ e Inscrición ⤵️

https://www.fegaba.com/clinic-deputacion-de-ourense/

17/06/2024

Sumamos unha nova perspectiva de elite no coa participación do Doutor Manuel Leyes.

Manuel Leyes Vence é un prestixioso traumatólogo e cirurxián ortopédico con case 30 anos de experiencia.

É Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra e especializado en cirurxía ortopédica e traumatoloxía pola mesma universidade.

Posteriormente formouse en cirurxía de ombro en California e realizou estancias en dez hospitais do Reino Unido e USA, incluíndo a Mayo Clinic de Rochester e as universidades de Miami, Oxford e Cambridge.

Ao longo da súa carreira profesional, foi consultor médico en diferentes clínicas e centros, nos equipos profesionais Cleveland Cavaliers (NBA), Cleveland Browns (NFL) e Cleveland Indians (Baseball) e consultor de Traumatoloxía de varios equipos de fútbol, ​​como ou Atlético de Madrid, Xetafe CF, Real Zaragoza e dás Federacións Españolas de Ximnasia Deportiva, Judo e Karate.

Actualmente, é o Xefe de Servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica en Olympia Quironsalud.

Ademais, é ou director médico e ou responsable do equipo dá Consulta Leis, Flores & Asociados!

Un luxo formativo especial para o noso Clínic 🙌🏻

Clínic Deputación de Ourense: Rubén Vieira, nova confirmación - Federación Galega de Baloncesto 13/06/2024

Rubén Vieira achegará a súa experiencia no Clínic de Baloncesto Deputación de Ourense

📆 Os vindeiros 2️⃣8️⃣, 2️⃣9️⃣, 3️⃣0️⃣ de xuño o preparador físico, natural de Celanova, tomará parte do Clínic dentro da sección ¨Observatorio Aplicado ao Baloncesto¨, marcada para a tarde do venres.

✔️Rubén desenvolveu gran parte da súa etapa profesional en Obradoiro CAB en ACB e tras os seus inicios en Club Ourense Baloncesto S.A.D.

🔵 Licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte así como adestrador superior, polas súas mans pasaron un alto número de profesionais no club santiagués durante oito tempadas.

🚨O mantén a súa INSCRICIÓN ABERTA ℹ️⤵️

Clínic Deputación de Ourense: Rubén Vieira, nova confirmación - Federación Galega de Baloncesto Rubén Vieira achegará a súa experiencia no Clínic “Deputación de Ourense”. Os vindeiros 28, 29 e 30 de xuño o preparador físico, natural de Celanova, tomará parte do Clínic dentro da sección ¨Observatorio Aplicado ao Baloncesto¨, marcada para a tarde do venres. Rubén Vieira desenvol...

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Página web

Dirección


Finca Sevilla, 41 Pazo Dos Deportes Paco Paz
Orense
32005