Copa Escuderías de RallyMix

Copa Escuderías de RallyMix

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Copa Escuderías de RallyMix, Deportes y ocio, Orense.

As escuderías Cantera Competición, Scratche Fene, Desguaces Tino Racing, Portas Motor, Cuntis Vila Termal e Barbadás organizan a 3ª Copa Escuderías de RallyMix 2026 que se levará a cabo en 6 das 7 probas do Campionato Galego de RallyMix.

Photos from Copa Escuderías de RallyMix's post 28/08/2026

🏁 Portas, terceira cita da III Copa Escuderías de RallyMix!

Esta fin de semana o Campionato de Galicia de RallyMix achégase a localidade pontevedresa de Portas para disputar a sexta edición do seu RallyMix, unha cita que será a terceira puntuable para a nosa Copa de Escuderías 🔥

Despois do paso por Guitiriz e Ribadumia, a clasificación chega a Portas máis apretada ca nunca, polo que esta nova proba promete volver deixarnos moita igualdade e emoción 💥

Estes serán os catro equipos que tomarán a saída nesta ocasión 👇

6️⃣8️⃣ Juan Manuel Cagiao – Iván Bergondo | Citroën Saxo
7️⃣2️⃣ José Pena – Lucía Regos | Peugeot 205
7️⃣3️⃣ Iria Iglesias – María Becerra | Citroën Saxo
7️⃣5️⃣ Aarón Fernández – Jesús Tobío | Peugeot 106

Moita sorte a tod@s e que gañe o mellor 👌

24/07/2026

🏁 Ribadumia, segunda parada da Copa de Escuderías de RallyMix!

Esta fin de semana a emoción do Campionato Xunta de Galicia de RallyMix trasládase á provincia de Pontevedra, máis concretamente á localidade de Ribadumia, onde se disputará a quinta edición do RallyMix de Ribadumia.

A cita será a segunda puntuable para a nosa Copa de Escuderías de RallyMix, na que estarán presentes un total de 6 equipos:

6️⃣7️⃣ Juan Manuel Cagiao – Francisco García | Citroën Saxo
7️⃣0️⃣ Iria Iglesias – María Becerra | Citroën Saxo
7️⃣2️⃣ Aarón Fernández – David Amenedo | Peugeot 106
7️⃣3️⃣ José Pena – Lucía Regos | Peugeot 205
7️⃣4️⃣ Francisco Abalo – Cristian García | Peugeot 206
8️⃣6️⃣ Adrián Torreiro – Cristina León | Citroën Saxo

🍀 Moita sorte a todos os participantes e, sobre todo, que nos fagan g***r dun gran espectáculo durante toda a fin de semana. 💪🏁

Photos from Copa Escuderías de RallyMix's post 25/06/2026

🤩 A III Copa Escuderías de RallyMix arrancou con emoción en Guitiriz!

🥇 Adrián Torreiro e Cristina León sorprenderon na súa primeira experiencia en RallyMix, logrando unha brillante vitoria co Citroën Saxo.

🥈Alex Cagiao e Sara Cagiao demostraron un gran ritmo co Peugeot 106. Un pinchazo e problemas mecánicos afastáronos da loita pola vitoria, pero deixaron claro que serán un equipo moi a ter en conta esta tempada.

🥉Martin Novo e Oscar Vigo, a base de consistencia e regularidade lograron un valioso terceiro posto.

❌ A mala fortuna tamén castigou a Marcos Lousa e Iván Ferreiro: lideraban a proba, pero a rotura da caixa de cambios na última pasada fíxoos caer ata a quinta posición.

Primeira cita, primeiras sorpresas e unha copa que promete moita guerra! 🔥👌

🏆 𝗖𝗹𝗮𝘀𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗳𝗶𝗻𝗮𝗹 𝗖𝗼𝗽𝗮 𝗘𝘀𝗰𝘂𝗱𝗲𝗿𝗶́𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗥𝗮𝗹𝗹𝘆𝗠𝗶𝘅 — 𝗜 𝗥𝗮𝗹𝗹𝘆𝗠𝗶𝘅 𝗱𝗲 𝗚𝘂𝗶𝘁𝗶𝗿𝗶𝘇

1️⃣ Adrián Torreiro - Cristina León | Citroën Saxo | 37:30.129
2️⃣ Alejandro Cagiao - Sara Cagiao | Peugeot 106 | +29.691
3️⃣ Martín Novo - Óscar Vigo | Citroën C2 | +1:07.179
4️⃣ Aarón Fernández - Jesús Tobío | Peugeot 106 | +1:23.440
5️⃣ Marcos Lousa - Iván Ferreiro | Citroën Saxo VTS | +1:36.140
6️⃣ J. Manuel Cagiao - Francisco García | Citroën Saxo | +1:39.250
7️⃣ Iria Iglesias - David Ameneiro | Citroën Saxo | +2:11.317
8️⃣ Julián Fuentes - Lorena Paz | Peugeot 106 | +3:54.654

📸

Photos from Copa Escuderías de RallyMix's post 19/06/2026

🚗 Guitiriz dará o pistoletazo de saída á III Copa Escuderías de RallyMix 2026!!

O que estaba previsto como inicio en Argallo terá finalmente o seu arranque este fin de semana no RallyMix de Guitiriz 🔥

Cada tempada son máis os equipos que se animan a participar nunha copa que segue medrando, consolidándose dentro do Campionato Galego de RallyMix e aumentando o atractivo cos premios finais en xogo 💥

Estes serán os equipos inscritos para esta primeira cita:

5️⃣3️⃣ Juan Manuel Cagiao – Francisco García | Citroën Saxo
5️⃣6️⃣ José Pena – Lucía Regos | Peugeot 205
5️⃣7️⃣ Francisco Abalo – Cristian García | Peugeot 206
5️⃣9️⃣ Martín Novo – Óscar Vigo | Citroën C2
6️⃣0️⃣ Iria Iglesias – María Becerra | Citroën Saxo
6️⃣1️⃣ Aarón Fernández – Jesús Tobío | Peugeot 106
6️⃣3️⃣ Alejandro Cagiao – Sara Cagiao | Peugeot 106
6️⃣9️⃣ Marcos Lousa – Iván Ferreiro | Citroën Saxo VTS
7️⃣0️⃣ Julián Fuentes – Lorena Paz | Peugeot 106
7️⃣7️⃣ Adrián Torreiro – Cristina León | Citroën Saxo

10 equipos na saída para abrir unha nova edición dunha copa que promete loita, igualdade e moita emoción dende a primeira cita

E a vós… verémosvos esta fin de semana en Guitiriz? 🔜☀️

📸 Grazas a BLK Foto-Video por todas estas fotazas 😍

06/05/2026

Arranca a 3ª Copa Escuderías de RallyMix 2026 🔥

Un ano máis, as escuderías Cantera Competición, Scratch Fene, Desguaces Tino Racing, Portas Motor, Cuntis Vila Termal e Barbadás, xunto coa Federación Galega de Automobilismo e coa colaboración de AMF Motorsport, poñen en marcha unha nova edición da copa.

Moita emoción,moita igualdade… e máis premios para os equipos que pelexen ata o final 💪

🏆 Premios finais para os 3 primeiros clasificados:

🥇 1º Clasificado
Cheque polo valor das inscricións das 6 probas da tempada 2027 + trofeo

🥈 2º Clasificado
Cheque polo valor das licenzas de piloto e copiloto para 2027

🥉 3º Clasificado
Dúas rodas de terra Pirelli, cedidas por AMF Motorsport

🚗Un premio pensado para apoiar os equipos máis modestos da agrupación 2.

6️⃣ A copa disputarase en 6 das 7 probas do Campionato Galego de RallyMix 2026: 3º RallyMix Serra de Argallo, 1º RallyMix de Guitiriz, 5º RallyMix de Ribadumia, 6º RallyMix de Por tas, 9º RallyMix Cuntis V.T., 12º RallyMix de Barbadás.

Vémonos en 3 semanas por Tomiño 🤩

Photos from Copa Escuderías de RallyMix's post 24/10/2025

🏁 𝐀 𝐂𝐨𝐩𝐚 𝐝𝐞 𝐄𝐬𝐜𝐮𝐝𝐞𝐫𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐑𝐚𝐥𝐥𝐲𝐌𝐢𝐱 𝟐𝟎𝟐𝟓 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚 𝐚𝐨 𝐬𝐞𝐮 𝐟𝐢𝐧 𝐧𝐨 𝟏𝟏º 𝐑𝐚𝐥𝐥𝐲𝐌𝐢𝐱 𝐝𝐞 𝐁𝐚𝐫𝐛𝐚𝐝𝐚́𝐬! 🏁

A segunda edición da Copa de Escuderías de RallyMix chega ao seu desenlace, e faino, como non podía ser doutro xeito, na provincia de Ourense.

Nesta derradeira cita contaremos con 5 equipos inscritos, e entre eles dous chegan con opcións reais de levar o título.

Os actuais campións, Juan Manuel Cagiao – Iván Bergondo, chegan liderando a clasificación con 110 puntos e 3 vitorias no seu haber 💥

Moi preto deles, en segunda posición, atópanse José Pena e Lucía Regos, que completaron unha gran tempada a bordo do seu Peugeot 205, amosando unha gran regularidade e mellorando carreira tras carreira. Cun total de 96 puntos, só 14 menos que os líderes, tentarán aproveitar calquera erro dos do Citroën Saxo para pelexar polo título ata o final 🔥

A emoción está servida e todo está aberto nesta loita pola 2ª Copa de Escuderías de RallyMix.

Estes son os cinco equipos que puntuarán dentro da nosa Copa no RallyMix Concello de Barbadás:

5️⃣6️⃣ 𝘑𝑢𝘢𝑛 𝑀𝘢𝑛𝘶𝑒𝘭 𝘊𝑎𝘨𝑖𝘢𝑜 – 𝐼𝘷𝑎́𝘯 𝘉𝑒𝘳𝑔𝘰𝑛𝘥𝑜 | 𝐶𝘪𝑡𝘳𝑜𝘦̈𝑛 𝑆𝘢𝑥𝘰
5️⃣7️⃣ 𝐶𝘢𝑟𝘭𝑜𝘴 𝘔𝑎𝘲𝑢𝘪𝑒𝘪𝑟𝘢 – 𝘑. 𝑀𝘢𝑛𝘶𝑒𝘭 𝘈𝑛𝘨𝑢𝘴𝑡𝘪𝑎 | 𝑃𝘦𝑢𝘨𝑒𝘰𝑡 106
5️⃣9️⃣ 𝘈𝑎𝘳𝑜́𝘯 𝘍𝑒𝘳𝑛𝘢́𝑛𝘥𝑒𝘻 – 𝘉𝑒𝘯𝑖𝘵𝑜 𝑃𝘶𝑐𝘦𝑖𝘳𝑜 | 𝑃𝘦𝑢𝘨𝑒𝘰𝑡 106
6️⃣2️⃣ 𝘐𝑟𝘪𝑎 𝐼𝘨𝑙𝘦𝑠𝘪𝑎𝘴 – 𝘊𝑟𝘪𝑠𝘵𝑖𝘢𝑛 𝐺𝘢𝑟𝘤𝑖́𝘢 | 𝘗𝑒𝘶𝑔𝘦𝑜𝘵 106
6️⃣7️⃣ 𝐽𝘰𝑠𝘦́ 𝘗𝑒𝘯𝑎 – 𝐿𝘶𝑐𝘪́𝑎 𝑅𝘦𝑔𝘰𝑠 | 𝑃𝘦𝑢𝘨𝑒𝘰𝑡 205

Dende aquí, desexámoslles moita sorte a tod@s nesta última cita do ano e que o espectáculo estea garantido unha vez máis en Barbadás 🫶 🤩

20/09/2025

Moita emoción para o VIII RallyMix de Cuntis dentro da Copa de Escuderías de RallyMix 👌

A penúltima cita do certame non podía chegar máis emocionante, cos catro primeiros clasificados separados por menos de 20 puntos 👏👏

🚗 J. Manuel Cagiao e Iván Bergondo lideran con 85 puntos. A só 9 puntos, José Pena e Lucía Regos ocupan a segunda praza, logo de conseguir a fiabilidade que anos atrás non lograran no seu Peugeot 205. Comparten esta segunda posición con Aarón Fernández e Jesús Tobio, que a base de regularidade están sendo unha das grandes novidades desta tempada.

🚙 Fran Abalo e Joel Souto mantéñense na loita con 68 puntos, despois de lograr a vitoria na última cita, a de Portas.

🔝 Pechando o top 5 están Carlos Maquieira e José M. Angustia, que xunto con Marcos Lousa - Raúl García e Iria Iglesias - Cristian García, completan os 7 equipos inscritos nesta Copa de Escuderías de RallyMix no RallyMix Cuntis V.T.

Moita sorte para tod@s 🍀 💪

Photos from Copa Escuderías de RallyMix's post 30/08/2025

A Copa de Escuderías de RallyMix chega a Portas por todo o alto 🤟🚀

Tras o abandono dos actuais campións en Ribadumia, ábrense moitas opcións para o resto de equipos.

🤔 Quen credes que se levará a vitoria en Portas?

📋 Equipos inscritos

55 · Juan Manuel Cagiao ~ Iván Bergondo
🚗 Citroën Saxo

56 · Carlos Maquieira ~ José Manuel Angustia
🚗 Peugeot 106

58 · Aarón Fernández ~ Jesús Tobio
🚗 Peugeot 106

59 · Marcos Lousa ~ Raúl García
🚗 Citroën Saxo

61 · Iria Iglesias ~ Cristian García
🚗 Peugeot 106

64 · José Pena ~ Lucía Regos
🚗 Peugeot 205

65 · Fran Abalo ~ Joel Souto
🚗 Peugeot 206

Photos from Copa Escuderías de RallyMix's post 25/07/2025

Chega a Copa de Escuderías de RallyMix a 4ª edición do RallyMix de Ribadumia 🤟

Faino con un total de 6 equipos, e algunha novidade entre os membros como é a primeira participación nun rallymix de Iria Iglesias a pequena da familia Desguaces Tino Racing 👧🏻🚗

Juan Manuel Cagiao - Iván Bergondo, actuais campións, volverán a ser o equipo a bater, xa que chegan como líderes despois de lograr duas victorias e un segundo posto. E vós quen creedes que van ser os gañadores en Ribadumia? 🤔

Estes serán os participantes da II Copa de Escuderías de RallyMix no RallyMix Concello de Ribadumia 👇

6️⃣8️⃣ Juan Manuel Cagiao - Iván Bergondo | Citroën Saxo
7️⃣0️⃣ Marcos Lousa - Raúl García | Citroën Saxo
7️⃣3️⃣ Aaron Fernández - Jesús Tobio | Peugeot 106
7️⃣7️⃣ Iria Iglesias - Cristian García | Peugeot 106
7️⃣9️⃣ Francisco Abalo - Joel Souto | Peugeot 206
8️⃣1️⃣ José Pena - Lucía Regos | Peugeot 205

Photos from Copa Escuderías de RallyMix's post 20/06/2025

Chega a terceira proba da Copa de Escuderías de RallyMix, e faino de volta na provincia de Pontevedra, máis concretamente no Concello da Estrada 🍏🍎

O RallyMix da Sidra da Estrada será o encargado de acoller esta fin de semana todo o espectáculo do Campionato Galego de RallyMix, e no que respecta á nosa copa, contaremos cun total de 6️⃣ equipos inscritos.

Juan Manuel Cagiao – Iván Bergondo chegan como líderes, pero cunha gran competencia, como é o caso de Marcos Lousa e Raúl García, que xa en Touro quedaron moi preto dos actuais campións. Veremos que batalla nos teñen preparada para esta ocasión 🔥

📝 Os inscritos para a cuarta edición do RallyMix da Sidra da Estrada son os seguintes 👇

5️⃣6️⃣ Juan Manuel Cagiao – Iván Bergondo | Citroën Saxo

5️⃣7️⃣ Marcos Lousa – Raúl García | Citroën Saxo

6️⃣2️⃣ Aarón Fernández – Jesús Tobío | Peugeot 106

6️⃣3️⃣ Carlos Maquieira – J. Manuel Angustia | Peugeot 106

6️⃣7️⃣ José Pena – Lucía Regos | Peugeot 205

8️⃣7️⃣ Brais Ramallo – Anxo Ramallo | Citroën AX

Moita sorte para tod@s e a pasalo en grande 💪💪

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Página web

Dirección


Orense