15/06/2026
🥈 Subcampións da Liga! 🏒
Parabéns ao noso equipo infantil de hóckey liña polo segundo posto acadado na Liga. Aínda que non puidemos facelo esta vez, estivemos moi preto.
Parabéns a todos e seguimos estando moi orgullosos de todos vós.
Concello de Arteixo
15/06/2026
Os alevins son 1º de liga !🥇
Parabéns pola copa nen@s, despois de todo o esforzo da tempada este e a recompensa que levades.
14/06/2026
🏒🔥 Hoxe é día de PLAY OFF! 🔥🏒
Monte Alto convértese hoxe no escenario onde os nosos infantís sairán á pista con ilusión, compromiso e moitas ganas de competir.
Detrás deste día hai meses de esforzo, adestramentos, compañeirismo e superación. Agora toca g***r, dar o máximo en cada xogada e defender as nosas cores con orgullo.
07/06/2026
Todos eles levan miles de partidos, esforzo, entusiasmo, pero sobre todo, moita alegría como recordo desta tempada.
Seguide así nenos, sodes incribles!
Agardámosvos a próxima tempada ❤️🔥
29/05/2026
Hoxe jornada de portas abertas! 🤩
Recibimos un montón de nenas e nenos novos para probar con nos e xunto con eles poder visibilizar moitisimo mais o noso deporte.
Queres probar con nos? podes contactarnos por este mesma cuenta e daremosche toda a información que precises
28/05/2026
Esta é a alegría dos nosos xogadores ao chegar a Murcia para xogar coa selección Galega. 🔥
Estamos encantados de velos compartir momentos incribles e desenvolverse xunto a outros xogadores de toda Galicia a nivel nacional. 💪
Desexámoslles moita sorte nos seus partidos e agardamos darlles a benvida a casa cos brazos abertos. 💗
23/05/2026
Despois de moitos adestramentos, traballo duro e momentos incribles ao longo da tempada, chegou un dos días máis especiais para os mais pequenos do club. Un día para desfrutar, aprender, competir e seguir crecendo xuntos dentro e fóra da pista 🙌
Agora toca g***r do ambiente, loitar por cada xogada e demostrar todo no que traballamos esta tempada ❤️🔥
Moita sorte equipo! 💪
09/05/2026
Mañá en Lugo, os veteranos xogarán a semifinal para tentar chegar á final e gañar a copa por segunda vez.
Moitisima sorte e a por todas💪🔥
25/04/2026
Chega o momento máis intenso da tempada, hoxe todo se decide na pista.
Moita sorte e a loitar coma nunca nenas! 🔥💪
21/04/2026
Estamos moi preto do final da tempada; só quedan uns poucos partidos e, por último, pero non menos importante, a recta final: os playoffs.
Aínda que conseguimos o 4º posto na categoría xuvenil, aínda quedan moitas outras categorías por decidir e nas que competir.
Moita sorte a todos os xogadores e a dalo todo! 🔥💪