Federación de Caza de Ourense

Federación de Caza de Ourense

Compartir

Entidade sen ánimo de lucro dedicada á xestión, eventos e promoción dunha caza responsable en Ourense

01/09/2026

🎯 GRAN TIRADA COMBINADA COMPAK & RRCC — 100 PLATOS
🎗️ En memoria de Raquel García
📍 Polígono de Tiro A Goberna (10º Aniversario 2016–2026)

📅 Domingo, 27 de Septiembre de 2026
💥 Modalidad: 100 platos combinada (Compak Sporting + RRCC)

💰 Inscripciones:
• General: 60 €
• Damas y Junior: 30 €

Agradecemos el respaldo del Concello de Beariz, FGC Ourense, Corsivia, Armería Prieto, Armería O Taller Do Antonio, Armería Carril García, Manso Pintura y Decoración, Bracos Valle de Fuentes y el Campeonato de Caza Contra el Cáncer Infantil.

👉 ¡Guardad la fecha en el calendario! Iremos ampliando información sobre horarios y reservas.
INSCRIPCIÓN: https://sites.google.com/view/agobernatiro/contacto-y-encuestas/tirada-septiembre?authuser=0

25/08/2026

🖤 EN MEMORIA DE RAQUEL GARCÍA

Desde a Federación Galega de Caza en Ourense queremos expresar o noso máis profundo pesar polo falecemento de Raquel García, cazadora e tiradora á que tivemos a oportunidade de coñecer e recibir como participante nos nosos campionatos.

Hoxe a familia da caza e do tiro deportivo está de loito.

Queremos trasladar todo o noso cariño e as nosas máis sinceras condolencias á súa familia, amigos e, de maneira especial, á súa parella e compañeiro Jesús, que tamén compartiu con nós xornadas de competición.

Desexámoslles moita forza para afrontar estes momentos tan difíciles. Descansa en Paz, Raquel.🕊️🖤

19/08/2026

🌾🐦 COMEZA A MEDIA VEDA!

Este sábado dá comezo a media veda, unha nova cita no calendario cinexético que nos leva de volta ao campo.

Desde a Federación Galega de Caza en Ourense queremos desexarvos a todos unha moi boa apertura e moita sorte nas vosas xornadas de caza. 🍀

Lembrade levar toda a documentación en vigor e, sobre todo, actuar sempre con responsabilidade, respecto e máxima seguridade.

💚 Desfrutade do campo, dos cans e dos compañeiros.

Boa media veda e boa caza a todos! 🌾🐦

18/08/2026

🚨🐾 AXUDÁDENOS A ATOPAR A TORO

Hoxe achegáronse ata a Federación para pedirnos colaboración na difusión da desaparición de Toro, visto por última vez no Concello de Cartelle, pola zona da Seara.

Pedímosvos especialmente aos cazadores, TECORES e persoas que estes días esteades polo monte ou pola zona que esteades atentos. Calquera avistamento ou información, por pequena que pareza, pode ser de gran axuda.

⚠️ Se o vedes, non o chamedes nin intentedes collelo, xa que podería fuxir. Avisade inmediatamente ao teléfono que figura no cartel:

📞 602 028 768 – Simeón

💰 Ofrécense 1.000 € de recompensa.

🙏 Agradecemos moito que compartades esta publicación para que chegue ao maior número de persoas posible.

Entre todos podemos axudar a que Toro volva á casa. ❤️🐾

15/08/2026

🐗Bos días!

Hoxe damos comezo a unha nova tempada de caza maior e, desde a Federación Galega de Caza en Ourense, queremos desexarvos a todos os TECORES e aos seus cazadores moita sorte e unha moi boa tempada. 🍀

Lembrade revisar antes de saír que toda a documentación, seguros, permisos e precintos correspondentes estean en regra, e trasladar tamén esta mensaxe aos vosos socios.

E, sobre todo, máxima precaución e seguridade no monte. Ningunha peza vale máis ca volver todos para casa.

💚 Boa caza, desfrutade dos compañeiros e do monte, e aquí nos tedes para o que precisedes durante a tempada.

13/08/2026

🦺🎁 CONTRATA O TEU SEGURO E LEVA O TEU CHALECO DE AGASALLO!

Desde a Federación Galega de Caza en Ourense queremos que, ademais de estar ben asegurado, vaias ao monte ben equipado. 💚

Coa contratación do teu seguro, agasallámosche cun chaleco de alta visibilidade da Federación Galega de Caza.

⚠️ Pero ollo! As unidades son limitadas e estarán dispoñibles ata fin de existencias. Non quedes sen o teu!

E temos máis! 👇
🧢 Gorras da Federación
📗 Carteiriñas para levar toda a documentación de caza organizada e protexida

📍 Pasa pola Federación Galega de Caza en Ourense ou por calquera das armerias colaboradoras e infórmate sobre os nosos seguros e recolle o teu material.

Porque estar ben asegurado é o primeiro. E se ademais levas un agasallo… mellor aínda! 😉🦌

💚 Federación Galega de Caza en Ourense

Photos from Federación de Caza de Ourense's post 10/08/2026

🐦 Xornada sobre o aproveitamento cinexético do paspallás en Xinzo de Limia

Compartimos algunhas imaxes da xornada celebrada no Salón de Actos do Concello de Xinzo de Limia, na que se abordou a situación actual do paspallás, o seu aproveitamento cinexético e a importancia de contar con datos reais para coñecer a evolución da especie.

Durante o encontro falouse tamén do Proxecto Coturnix e do papel fundamental que teñen os cazadores e os TECORES, colaborando coa recollida das ás dos exemplares capturados durante a media veda para o seu posterior estudo.

👏 Queremos agradecer especialmente a participación de Carlos, da Fundación Artemisan; Luis Eusebio, presidente da Federación Galega de Caza; e David, presidente do TECOR de Xinzo de Limia, así como a todos os cazadores e representantes dos TECORES que nos acompañaron.

💚 Desde a Federación Galega de Caza en Ourense seguiremos apostando pola colaboración, a información e o coñecemento como ferramentas fundamentais para defender unha xestión cinexética responsable.

🐦 Agora, coa chegada da media veda, contamos coa colaboración de todos no Proxecto Coturnix!

05/08/2026

Antes de saír ao monte, dedica uns minutos a comprobar que toda a túa documentación está en vigor.

✔️ Licenza de caza.
✔️ Permiso de armas.
✔️ Licenza da emisora (cando sexa obrigatoria).
✔️ Seguro de caza.
✔️ Seguro dos cans.

Levar toda a documentación ao día non é só unha obriga legal, tamén é unha garantía para practicar a caza con responsabilidade, seguridade e tranquilidade.

📲 Se necesitas renovar algún trámite ou resolver calquera dúbida, a Federación Galega de Caza en Ourense está á túa disposición para axudarche.

💚 Boa tempada a todos e moita sorte no monte. Sempre con prudencia, respecto e responsabilidade.

03/08/2026

Queremos convidarvos a asistir á xornada sobre o aproveitamento cinexético do paspallás, que terá lugar o vindeiro:

📅 8 de agosto de 2026
🕣 20:30 horas
📍 Salón de Actos do Concello de Xinzo de Limia

Durante a xornada abordarase a situación actual da especie, as consideracións legais a nivel europeo e presentarase o seguimento do Proxecto Coturnix, coa participación de expertos da Fundación Artemisan e da Federación Galega de Caza.

É unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man a situación do paspallás, resolver dúbidas e intercambiar impresións con profesionais e representantes do sector.

👉 Animámosvos a asistir

Photos from Federación de Caza de Ourense's post 01/08/2026

Hoxe celebrouse con éxito o Campionato Provincial de San Huberto no Tecor de Xinzo de Limia, unha xornada marcada polo gran ambiente, o compañeirismo e o excelente nivel demostrado por todos os participantes.

👏 Desde a Federación Galega de Caza en Ourense queremos felicitar a todos os competidores polo seu esforzo e deportividade, así como agradecer ao Tecor de Xinzo de Limia a súa colaboración e implicación na organización da proba e os sembradores das perdices que tamén fixeron unha labor moi importante no campionato.

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Dirección


Estadio De O Couto
Orense
32002