04/09/2026
🚨 FICHAXE | IAGO PADÍN 🚨
Temos nova incorporación! 💥 Iago Padín é deses xogadores que sempre suman ao equipo. A súa altura, presenza e experiencia convérteno nun auténtico especialista defensivo, achegando solidez, traballo e intensidade nunha faceta fundamental do xogo. 💪
Pero se hai algo que realmente o define é a súa actitude. Aplicado, traballador e moi bo compañeiro, afronta cada adestramento con ganas de mellorar e sempre disposto a dar o 100% polo equipo. 🔥
Porque un equipo tamén se constrúe dende a defensa, o esforzo e o compromiso.
Benvido, Iago! 💪🔵🟡
Estamos encantados de contar contigo nesta nova etapa!
01/09/2026
🤾♂️🤾♀️ O balonmán é paixón, é esforzo, é comunidade... e este domingo imos vivilo como nunca! 💙
Este domingo 6 de setembro, o Pabellón de Vilalonga convértese no corazón do balonmán galego. Acollera o I Torneo Cidade de Sanxenxo, unha cita histórica e cun nivel altísimo na que contaremos con tres semifinalistas da Copa Federación: BM Arousa, BM Abegondo e SAR Balonmano, xunto a nós, o Sanxenxo Balonmán.
Vai ser un domingo cheo de intensidade, emoción e, sobre todo, moito balonmán do bo. Queremos sentir o voso apoio na bancada, que Vilalonga retumbe e que xuntos fagamos deste primeiro torneo algo inesquecible! 🙌🔥
Non nos falledes, agardámosvos a todos no pavillón para soar xuntos!
Un agradecemento de corazón ao Concello de Sanxenxo por toda a súa axuda e ao Hotel Carlos I Silgar polo seu apoio incondicional para facer este dream posíbel. 🤝✨
28/08/2026
🚨 FICHAXE | SERGIO NIMO 🚨
🛡️ Envergadura para a nosa defensa. Pólvora para o noso ataque.
Temos nova incorporación! 💥 Sergio Nimo chega ao noso club procedente do Rasoeiro, disposto a recuperar a súa mellor versión despois dunha tempada afastado das pistas por mor dunha lesión no xeonllo.
Un auténtico artilleiro, cun gran poderío físico e capacidade para facer dano desde o lanzamento exterior. Un xogador que vén sumar centímetros, intensidade e gol ao noso equipo. 🎯🔥
Agora comeza un novo reto. E nós estamos encantados de que sexa con nós.
Benvido, Sergio! 💪🔵🟡
Estamos desexando verte de novo nas pistas e g***r da túa mellor versión!
27/08/2026
Unha fichaxe daquelas que fan latexar a bancada e poñen os pelos de punta. Contar na casa con Pablo Escudero é moito máis que sumar un xogador á plantilla: é ter esa luz que acende o xogo, a xenerosidade de quen fai mellores aos seus compañeiros e esa alma goleadora dos que non se encollen cando a pelota máis pesa.
Vén de demostralo no máis alto co Moaña, campión con todas as letras, e coa nobreza e o carácter fundidos na gran canteira do Teucro. Coa súa entrega, a nosa ilusión medra e a nosa pista prepárase para vivir noites inesquecibles.
Que orgullo, que emoción e que sorte a nosa de camiñar xuntos esta tempada.
¡Benvido á túa nova casa, Pablo!
27/08/2026
¡Menudo fin de semana de balonmán se nos vén en Vilalonga! De eses que fan afección, dos que quedan na memoria e fan latexar o corazón ben forte.
Pola mañá, as nosas cadetes teñen unha cita coa historia e coa ilusión: enfrontámonos ao Guardés, todo un referente, un dos grandes clubs do balonmán feminino galego e actual campión europeo. É un autentiquísimo honor medirnos contra elas na nosa casa, ver ás nosas rapazas loitar cada balón contra as mellores e demostrar de que estamos feitiños.
E para rematar un día grande, pola tarde chega ese partido que a todos nos toca o peito: derbi de Copa contra os nosos veciños do Rasoeiro. Coraxe, paixón e ese bo ambiente que só se vive nas bancadas cando xogamos entre amigos e rivais de toda a vida.
Invitámosvos a todos a vir ao pavillón, a encher a bancada, a deixarvos a voz e a vivir xuntos o mellor balonmán. Este equipo precisa do voso alento, ¡agardámosvos para facer tremer Vilalonga! 🤾♂️🤾♀️💙
26/08/2026
Hoxe temos o orgullo de anunciar a incorporación de Adrián a nosa familia! 💙🤾♂️
Lateral cun físico privilexiado, un lanzamento exterior que vai ser toda unha pesadilla para os porteiros rivais e unha dureza defensiva digna de ver. Chega procedente do Rasoeiro para deixarse a alma na pista e facernos vibrar en cada partido.
Un luxo terte connosco esta campaña. A por todas! 🔥💪
26/08/2026
🤾♂️ HOXE É O DÍA! Sentir, loitar, soñar... xuntos de novo en Baltar! 💙
Non hai mellor plan para este mércores. Hoxe volve a ilusión do reencontro, o son das zapatillas contra a pista e o latexo dun pobo que vibra co seu equipo.
Esta noite recibimos na nosa casa a todo un histórico do balonmán galego, a S.D. Teucro, nun amigábel de 1ª Nacional que promete emoción desde o primeiro segundo. Queremos sentir o voso alento, esa forza única que só a afección de Baltar sabe dar.
📅 Cando: HOXE (Mércores 26)
⏰ Hora: 20:30 h
📍 Onde: Polideportivo de Baltar
Viste a túa camiseta, trae a túa voz e ven xunto a nós a comezar a empurrar desde xa. Porque o Sanxenxo non xoga só: xogamos todos! 🔥
Que non cholo conten. ¡Agardámoste esta noite! 💪
25/08/2026
Hoxe presentamos a nosa primeira fichaxe, aínda que no fondo sentimos que é case unha renovación.
Caio Silva, un xogador de primeira liña, zurdo e con esa calidade pura que vén para facer historia e axudar ao máximo á equipa nesta nova temporada. Caio chega con toda a súa experiencia tras o seu paso por Portugal, a S.D. Teucro e o Meaño, traendo consigo un talento e unha entrega indiscutibles.
Moitísimas grazas, Caio, por dicir que si, por crer e por querer formar parte co corazón deste proxecto tan noso. É un verdadeiro orgullo e un enorme praceres contar contigo este ano.
¡Que sorte a nosa de te ter connosco esta temporada! A por todas! 💙🤾♂️🔥
24/08/2026
A nona renovación xa está aquí e leva o nome de David Castro, que sumará a súa terceira tempada connosco. A súa achega na última campaña foi absolutamente clave: un deses pilares fundamentais que sosteñen o equipo e marcan a diferenza en cada partido.
Moita sorte para este novo ano e grazas de corazón por seguir confiando en nós e continuar unha tempada máis. Xuntos a por todas! 💙
24/08/2026
Hoxe temos o orgullo de anunciar a nosa oitava renovación. Trátase de Antonio Barco, o noso pívot e un dos piares deste proxecto, que leva deixándose a pel pola camisola desde o primeirísimo día.
Un ano máis de loita, de entrega e de pura paixón en cada xogada das nosas pistas. Para nós é un luxo e un pracer enorme seguir collidos da túa man nesta viaxe.
A túa casa, a túa familia. Grazas por seguir sumando, Antonio!