26/10/2026
🏉🤍🖤 FIN DE SEMANA MAREANTE🖤🤍🏉
Dobre xornada de rugby para o Mareantes Rugby Club, coa nosa Escola estreándose nas concentracións da tempada e o noso M18 defendendo o liderado da Liga Galega. 💪
1ª Concentración de Escolas | Lalín
Os máis pequenos tamén foron protagonistas da fin de semana.
💪 47 xogadores e xogadoras do Mareantes participaron na primeira concentración de Escolas da tempada, sendo nesta ocasión a escola con maior participación de Galicia.
Queremos agradecer aos nosos amigos abellóns de CR Lalín a magnífica organización dunha mañá de rugby inesquecible para os nosos nenos e nenas.
Xogos, aprendizaxe, compañeirismo e moitas risas para seguir facendo crecer o rugby desde a base. 🏉🤍🖤
🏉 M18 | Os Ingleses RC 17 - 21 Mareantes RCP
Partido moi intenso e tremendamente igualado nas magníficas instalacións de Fontecarmoa.
O Mareantes presentaba varias baixas importantes no seu equipo titular, nun encontro marcado polas defensas, os erros non forzados e varias tarxetas por placaxes altos, aspectos nos que debemos seguir traballando e mellorando.
Máis alá do resultado, este equipo está demostrando unha enorme personalidade e capacidade de sacrificio. Agárrase aos partidos cun carácter admirable e segue competindo ata o último minuto. Agora toca seguir medrando na toma de decisións e no xogo colectivo.
🔥 Seguimos líderes invictos da Liga Galega xunto ao Vigo RC, nun liderado que se decidirá na última xornada da primeira volta o vindeiro sábado en Monteporreiro.
Queda moita Liga por diante e moita marxe de mellora. Seguimos traballando. 🤍🖤
📣 E TI, ANÍMASTE A PROBAR?
O Mareantes Rugby Club segue coas portas abertas para todas aquelas persoas que queiran descubrir este deporte.
🏉 De 4 a 70 anos. 🏉 Para nenos, nenas e adultos. 🏉 Sen experiencia previa.
📲 609 347 446
📧 [email protected]
Estamos convencidos de que che vai gustar.
Porque o importante non é só competir. É facer amizades, valores, club. é ser un Mareante. 🤍🖤
🖤🤍 QUEN CHEGA ANTES?
MAREANTES! 🏉
🌐 www.mareantesrugbypontevedra.com
CanteiraMareantes QuenChegaAntesMareantes