20/09/2026
Que día de carreiras!
No día de onte o Club Ciclista Viveiro vén de organizar o Gran Premio Concello de Muras, que coroou os campións e campioas galegas do 2026 en diversas categorías.
Un día onde nos acompañou a climatoloxía e que transcorreu sen incidentes grazas tamén á total colaboración do Concello de Muras e á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, así como á Federación Galega de Ciclismo e á Xunta e ao Deporte Galego.
Non nos queremos esquecer da axuda prestada por Protección Civil das Pontes, e como non, de todos os voluntarios e voluntarias que nos axudaron a manter o percorrido seguro para que todo transcorrese de maneira perfecta.
Os nosos ciclistas tiveron unha actuación destacada nas súas respectivas categorías, na que resalta o primeiro posto de Xoel Díaz Portas na categoría infantil masculina, co que se proclama campión galego de 2026.
Queremos felicitar tamén ao resto de gañadores e gañadoras e darlle as grazas a todos os equipos e participantes por asistir e contribuír a facer deste día unha festa do ciclismo galego.
E para rematar, coma sempre, agradecer aos nosos colaboradores, que nos levaron toda esta tempada en volandas, culminando, a falta dunha carreira por participar, na organización dunha proba do máis alto nivel onde puidemos representar os seus logos con orgullo. Un millón de grazas a todos!
clinica
Herramientas Ferpa
castropeluqueria