Cidade de Ribeira C.F.

Cidade de Ribeira C.F. ⚽🔥 Nace O Cidade de Ribeira C.F.! 💥
🛡️ Fusión de historia e paixón:
📅 Riveira (1968) + Sálvora (2005) = 💙 Un só escudo, unha ilusión.

DIEGO ⚽️ Temos o pracer de anunciar a chegada de Diego, un xogador con experiencia, calidade e moito fútbol nas botas.Un...
28/08/2026

DIEGO ⚽️

Temos o pracer de anunciar a chegada de Diego, un xogador con experiencia, calidade e moito fútbol nas botas.

Un extremo de puro talento, con desborde, creatividade e capacidade para marcar diferenzas no último terzo. ⚡

Chega con ganas de sumar, competir e facer g***r á nosa afección.

Benvido, Diego! 💙🔥
Experiencia. Talento. Desborde. Fútbol.

💙💪 ESPI 💪💙Xogador veterano, curtido en mil batallas e con experiencia de sobra. Un deses futbolistas que non precisan pr...
27/08/2026

💙💪 ESPI 💪💙

Xogador veterano, curtido en mil batallas e con experiencia de sobra. Un deses futbolistas que non precisan presentación:

🐂 Un toro bravo para a banda, intensidade, carácter, forza e ese punto de picardía que tanto nos gusta.

Un vello coñecido que regresa con máis ganas ca nunca para dar guerra, deixar pegada e axudar ao equipo no que faga falta.

Benvido de novo á casa, Espi! 🔥💙

⚽️ Seguimos medrando!Temos o pracer de anunciar a renovación de Dani Otero, que continuará defendendo as nosas cores unh...
26/08/2026

⚽️ Seguimos medrando!

Temos o pracer de anunciar a renovación de Dani Otero, que continuará defendendo as nosas cores unha tempada máis. 💪💙

Ademais, damos a benvida ao equipo sénior a Isma e Anxo, que afrontan o seu primeiro ano nesta categoría. Dous xogadores da casa que dan o salto ao sénior con moita ilusión, traballo e ganas de seguir medrando.

👏 Parabéns aos tres e moita sorte nesta nova tempada!

Xuntos, máis fortes! 💙⚽️

25/07/2026

O compromiso continúa. Álvaro Calo e Eloy Fungueiriño, renovados.

Xuntos por unha nova tempada

Antho e Molinos seguirán con nós!Temos o pracer de anunciar a renovación de Antho e Molinos, que continuarán defendendo ...
09/07/2026

Antho e Molinos seguirán con nós!

Temos o pracer de anunciar a renovación de Antho e Molinos, que continuarán defendendo as nosas cores unha tempada mais.

Compromiso, traballo e ilusión para seguir medrando xuntos.

A tempada 2026–2027 xa está en marcha!  O Cidade de Ribeira C.F. abre inscricións para todas as categorías de base. Se t...
09/07/2026

A tempada 2026–2027 xa está en marcha!
O Cidade de Ribeira C.F. abre inscricións para todas as categorías de base. Se tes ganas de medrar, aprender e desfrutar do fútbol nun ambiente formativo e comprometido, este é o teu momento.

📌 Categorías dispoñibles:
· Prebenxamín
· Benxamín
· Alevín
· Infantil
· Cadete
· Xuvenil

📞 744 615 816
📧 [email protected]

Non o deixes pasar: comezamos a pretempada!

💙🤍

🔴 *CAMBIO DE HORARIO – ASEMBLEA DE SOCIOS*Con motivo do partido do Mundial da selección española e para favorecer o máxi...
07/07/2026

🔴 *CAMBIO DE HORARIO – ASEMBLEA DE SOCIOS*
Con motivo do partido do Mundial da selección española e para favorecer o máximo aforo posible, actualízanse os horarios da Asemblea:

-Primeira convocatoria: 19:00 h
-Segunda convocatoria: 19:30 h

📅 Venres, 10 de xullo
📍 A Fieiteira (Cantina)

26/06/2026

Dirección

A Fieiteira
Santa Eugenia De Riveira
15967

Horario de Apertura

Lunes 18:00 - 23:00
Martes 18:00 - 23:00
Miércoles 18:00 - 23:00
Jueves 18:00 - 23:00
Viernes 16:30 - 23:00
Sábado 09:01 - 21:45
Domingo 09:43 - 20:45

Teléfono

+34744615816

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cidade de Ribeira C.F. publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Cidade de Ribeira C.F.:

Atajos

Compartir

Categoría